1 / 16

Faia (Fagus sylvatica) beech hêtre faia

Faia (Fagus sylvatica) beech hêtre faia. CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Fagáceas. Pode acadar os 40 m de altura. É unha árbore típica de climas fríos, orixinaria de Europa Central. En Galiza é escasa. Só se atopa en zonas montañosas da provincia de Lugo.

roden
Download Presentation

Faia (Fagus sylvatica) beech hêtre faia

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Faia (Fagus sylvatica) beech hêtre faia

  2. CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Fagáceas

  3. Pode acadar os 40 m de altura. É unha árbore típica de climas fríos, orixinaria de Europa Central. En Galiza é escasa. Só se atopa en zonas montañosas da provincia de Lugo. Os mellores exemplares consérvanse en parques e xardíns. COPA redondeada e mesta. Medra lentamente e acada a madurez aos 100 anos. Precisa humidade e temperaturas frescas todo o ano.

  4. TORO Recto coa tona lisa de cor verde-gris e ramificación ergueita.

  5. FOLLAS Simples, alternas, ovais-apuntadas coa beira lixeiramente ondeada e con peliños, cos nervos e o envés peludos. O peciolo é curto.

  6. FLORES Son unisexuais, en inflorescencias separadas sobre o mesmo pé. Saen na primavera cando brotan as follas novas. As flores masculinas son amentos globosos de cálice tubular, as femininas están en grupos de ata tres rodeadas por un involucro. Florece en abril e maio.

  7. FROITOS(faiuchos) Son secos (aquenios) e están encerrados nunha cúpula cuberta de pelos grosos e duros que se abre ao madurar. Madura entre setembro e outubro. As sementes son comestibles.

  8. Os faiais galegos son pequenas masas forestais asociados moitas veces aos terreos calcários ou situados en zonas de transición con carballeiras, en terreos montañosos orientados ao norte. Son bosques umbríos e con pouco mato. Os máis importantes atópanse nos Ancares (Pintinidoira), O Courel (Devesa de Rogueira, Romeor), O Cebreiro (Liñares, Zanfoga, Riocereixa, Fonteformosa) e A Marronda.

  9. Faial de Fonteformosa. Pedrafita do Cebreiro (Lugo). O faial máis puro de Galicia.

  10. Faias na Marronda. Baleira (Lugo). Nesta fraga atópase o límite occidental de distribución da faia. Forman manchas nas zonas máis húmidas dentro dun bosque mixto de carballos, bidueiros, carbas, capudres, avelairas, acivros...

  11. Faias na Devesa de Rogueira. O Courel (Lugo). As faias atópanse mesturadas con carballos, carbas, acivros, teixos, pradairos, capudres...

  12. Faia no Monte Aloia (Tui-Pontevedra). Ten máis de 3 m de perímetro troncal, uns 20 m de altura e case 30 m de diámetro de copa.

  13. USOS: A madeira de faia é de boa calidade e úsase para facer móbeis e parquet. Noutros tempos usouse para facer carbón. É unha árbore presente em parques e xardíns.

  14. FAIA PÚRPURA. É unha variedade de Fagus sylvatica (Atropurpúrea) coas follas vermellas. As máis grandes atópanse nos pazos de A Mercede (As Neves), Torrecedeira (Redondela) e parque de Castrelos. Faia púrpura do parque de Castrelos. Vigo

  15. ESCOLMA LITERARIA SOUTO sin folla! Faias cerdeiras roxas e bidueiras marelas! ..................................... Ollo do Río! Barbas de mofo e lidrio! Alta faia con redroma! Non miro máis que a sombra. Uxío Novoneira “Os Eidos 1” MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Internet

More Related