600 likes | 721 Views
A evolución biolóxica. Clase interactiva. A orixe da vida. Teoría da xeración espontánea. Durante moitos séculos creuse que os seres vivos nacían de forma espontánea. Estas crenzas proviñan da observación da vida cotiá: vermes que nacen da lama, ratos de esterqueiras….
E N D
A evolución biolóxica Clase interactiva
A orixe da vida • Teoría da xeración espontánea Durante moitos séculos creuse que os seres vivos nacían de forma espontánea. Estas crenzas proviñan da observación da vida cotiá: vermes que nacen da lama, ratos de esterqueiras… Por que é falsa esta teoría?
Falsidade da xeración espontánea • O experimento de Redi Redi quería demostrar que as larvas de moscas que aparecían na carne en descomposición proviñan doutras moscas. Para comprobalo puxo en varios frascos de control carne en descomposición, e logo tapounos con diferentes materiais. Que ocorreu?
Ao cabo duns días puido comprobar que aparecían larvas e moscas… Pero só nos frascos destapados! Redi concluíu que as larvas non procedían da carne.
PREGUNTA!!! Que fonte de contaminación, descoñecida por Redi, chegaría a afectar á carne sen larvas? CORRECTO INCORRECTO
MOI BEN, TES UN POSITIVÍN!! Sigamos co tema…
TARUGO Pensa mellor a resposta
O experimento de Pasteur Pasteur comprobou que os microorganismos presentes no aire son so que descompoñen os medios de cultivo No caso de utilizar recipientes esterilizados e de impedirmos a entrada de aire, os medios de cultivo mantíñanse intactos indefinidamente. Pasteur concluíu que todo ser vivo provén de outro ser vivo.
A formación das primeiras células En 1922, o bioquímico ruso Alexandre Oparin propuxo unha teoría sobre a orixe da vida: as primeiras moléculas orgánicas formáronse a partir dos gases da atmosfera primitiva pola acción de descargas eléctricas das tormentas e da luz ultravioleta do Sol. Varios investigadores trataron de comprobar a hipótese de Oparin. O primeiro foi Stanley Miller, en 1953
Descargas eléctricas Vapor de auga Atmosfera primitiva Zona de arrefriamento Auga fría Océano primitivo Produtos resultantes
Modificando a composición da atmosfera primitiva lograron producirse distintas biomoléculas. Crese que estas outras biomoléculas se foron acumulando no que Oparin denominou a sopa primitiva. Nalgún momento, unha das biomoléculas producidas foi capaz de reproducirse, utilizando outras moléculas da sopa. Estas biomoléculas lograron unirse a outras e encerrarse no que Oparin chamou coacervados.
PREGUNTA!!! Que teoría propuxo Oparin sobre a orixe da vida? CORRECTO INCORRECTO
MOI BEN, TES UN POSITIVÍN!! Outra pregunta…
TARUGO Pensa mellor a resposta
PREGUNTA!!! De onde proveñen as primeiras células segundo Oparin? CORRECTO INCORRECTO
MOI BEN, TES UN POSITIVÍN!! Outra pregunta…
TARUGO Pensa mellor a resposta
PREGUNTA!!! Que era a sopa primitiva? CORRECTO INCORRECTO
MOI BEN, TES UN POSITIVÍN!! Sigamos co tema…
TARUGO Pensa mellor a resposta
Que é a evolución biolóxica? A evolución biolóxica é a transformación gradual e progresiva de formas de vida primitivas noutras máis diferenciadas e complexas. Ao longo do tempo propuxéronse diversas teorías: Fixismo Catastrofismo Neodarwinismo Saltacionismo Lamarckismo Darwinismo Mecanismo da evolución…
O fixismo Consideraba que todas as especies eran invariables (fixas) e foron creadas ao principio dos tempo Os fósiles eran caprichos da natureza ou especies que desapareceron por catástrofes diversas, sen relación cos seres actuais. Os mecanismos da evolución Outras teorías Pregunta
PREGUNTA!!! Que é o fixismo? CORRECTO INCORRECTO
MOI BEN, TES UN POSITIVÍN!! Outras teorías…
TARUGO Pensa mellor a resposta
O catastrofismo Segundo esta teoría, a Terra estivo poboada por unha sucesión de floras e faunas independestes de seu. Estes seres vivos eran produto de actos creadores seguidos de aniquilacións catastróficas, a última das cales foi o diluvio universal. Esta teoría tratou de facer compatible o fixismo coa existencia de fósiles. Catastrofismo = Fixismo + fósiles Os mecanismos da evolución Outras teorías Pregunta
PREGUNTA!!! Cita diversos motivos polo que esta teoría é falsa CORRECTO INCORRECTO
MOI BEN, TES UN POSITIVÍN!! Outras teorías…
TARUGO Pensa mellor a resposta
A teoría de Lamarck No século XVIII, o francés Jean Baptiste Lamarck foi o primeiro naturalista que desenvolveu unha teoría da evolución, na que explicaba os seus mecanismos. Propón os seguintes postulados: Tendencia ao perfeccionamento Lei do uso e desuso dos órganos A función crea o órgano Herdanza de caracteres adquiridos Os mecanismos da evolución Outras teorías Pregunta
Tendencia ao perfeccionamento Os seres vivos teñen unha tendencia innata ao seu perfeccionamento, que lles permite adaptarse aos ambientes máis diversos. Volta ao lamarckismo
Lei de uso e desuso dos órganos Os cambios do ambiente crean necesidades nos organismos, para adaptarse ás novas condición de vida. Isto orixina un aumento ou diminución no uso dalgúns órganos, o que implica o seu maior ou menor desenvolvemento e a conseguinte modificación do organismo. Volta ao lamarckismo
A función crea o órgano Cando os cambios ambientais orixinen necesidades completamente novas, poden xurdir, como resposta, órganos totalmente novos. Volta ao lamarckismo
Herdanza de caracteres adquiridos Para que novos caracteres se perpetúen e acrecenten nas posteriores xeracións, teñen que ser hereditarios. Por exemplo, as xirafas teñen un colo alto porque de tanto estiralo fíxoselles máis longo. Este caracter adquirido herdaríano os fillos das xirafas. Volta ao lamarckismo
PREGUNTA!!! Por que afirmamos que a teoría evolutiva de Lamarck é falsa? CORRECTO INCORRECTO
MOI BEN, TES UN POSITIVÍN!! Outras teorías…
TARUGO Pensa mellor a resposta
O darwinismo A mediados do século XIX, Charles Darwin deu a coñecer unha teoría que intentaba explicar a evolución biolóxica: a teoría da selección natural. Antes de publicar as súas teorías, Darwin recibiu un artigo escrito por Wallace, un naturalista que estudaba a distrubución das plantas e animais na Polinesia. Wallace expoñía o concepto de selección natural ao que chegara de forma independente, pero con resultados parecidos aos de Darwin. A súa teoría resúmese nos seguintes puntos…
A teoría da selección natural ¤ Os seres vivos producen unha descendencia moi numerosa. Se todos sobrevivisen, a Terra estaría sobrepoboada en moi pouco tempo. ¤ Só unha minoría dos nacidos prospera. O número de individuos dunha poboación permanece practicamente constante ao longo do tempo, polo que a maioría da descendencia perece. ¤ Calquera poboación está formada por individuos con pequenas diferenzas herditarias. ¤ Sobreviven os máis aptos. Os superviventes son os que trunfan na chamada loita pola existencia (na competencia de alimento…) ¤ A natureza selecciona aos individuos con peculiaridades na súa constitución e comportamento. ¤ Os supervivintes transmiten á súa descendencia os caracteres adaptativos favorables. Os mecanismos da evolución Outras teorías Pregunta
PREGUNTA!!! Pon un exemplo da selección natural. CORRECTO INCORRECTO
MOI BEN, TES UN POSITIVÍN!! Outras teorías…
TARUGO Pensa mellor a resposta
O neodarwinismo Esta teoría sintética da evolución nace cara 1930, resultado da unión da teoría darwinista cos coñecementos achegados pola Xenética e outras ciendicas biolóxicas. Neodarwinismo = Darwinismo + Xenética + outras ciencias biolóxicas Esta é a teoría máis aceptada pola maioría dos científicos. O neodarwinismo afirma que as mutacións e a selección natural se complementan entre si, e ningún destes procesos, por si só, pode dar lugar a un cambio evolutivo. Os mecanismos da evolución Outras teorías Pregunta
PREGUNTA!!! Que diferenza hai entre a teoría da selección natural e a teoría sintética da evolución? CORRECTO INCORRECTO
MOI BEN, TES UN POSITIVÍN!! Outras teorías…
TARUGO Pensa mellor a resposta
O saltacionismo Os paleontólogos americanos Eldredge e Gould, en 1970, desenvolveron a interpretación coñecida como equilibrio puntuado ou saltacionismo. Propoñen que as especies viven grandes periodos de estabilidade (millóns de anos) que se ven acortados por fases de breves cambios (miles de anos), nas que xorden gran número de novidades evolutivas. Neste sentido, a formación de novas especies non se limita a unha simple adaptación local das poboación baixo os efectos da selección natural. Os mecanismos da evolución Outras teorías Pregunta
PREGUNTA!!! Que diferencia existe entre macromutacións e micromutacións? CORRECTO INCORRECTO
MOI BEN, TES UN POSITIVÍN!! Outras teorías…
TARUGO Pensa mellor a resposta