1 / 30

S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA

Merchy. características do réxime. S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA. Merchy. anos 40. anos 50. Réxime político totalitario de España trala guerra civil. 1939. 1939 1975. Franquismo. caracterízase polo poder centralizado, personalizado na figura do xefe do Estado

Download Presentation

S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Merchy características do réxime S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy anos 40 anos 50 Réxime político totalitario de España trala guerra civil 1939 1939 1975 Franquismo caracterízase polo poder centralizado, personalizado na figura do xefe do Estado Francisco Franco Imaxes e táboas tomadas de Internet anos 60 anos 70 Traducción, deseño da presentación e selección dos contidos: Mª de las Mercedes Rodríguez Fernández

  2. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy Características do réxime franquista estamos ante un réxime político totalitario • O Caudillo, Francisco Franco, concentra o poder, é: • Xefe do Estado e xefe de Goberno. • Xefe Nacional do Movemento. • Xeneralísimo dos Exércitos. • Un Estado fortemente centralizado, apoiado nunhas institucións base. • Forte control estatal conseguido co exército ao que engadiremos… • Partido único, Falanxe Española. • Sindicato verticalque supervisa as relacións patronos-traballadores. • Total ausencia de liberdades. • Non existen constitución, nin consultas electorais. • Sí hai represión (no caso de disidencias ou folgas) e censura previa. familia concello sindicato

  3. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy estamos ante unha evidente concentración de poderes Franco, Xefe Nacional do Movemento Franco, Xefe do Estado Franco, Xefe de "Goberno"

  4. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA sindicato vertical Merchy son piares do franquismo… Falanxe Española Tradicionalista das “Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista” FET e das JONS

  5. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy centralización empregando unhas institucións base concello sindicato familia

  6. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy Evolución do franquismo: anos 40 autarquía económica • Séntase a base legal do réxime: • Fuero do Traballo, 1938. • Lei Constitutiva das Cortes, 1942. • Fuero dos Españois, 1945. • Lei de Referendo, 1945. • Lei de Sucesión á Xefatura do Estado, 1947. • Represión política (contexto de actividade da guerrilla) e censura previa: • Paseos. • Lei de Responsabilidades Políticas, 1939. • O Estado controla os sectores económicos clave.Vívese a escasede da posguerra (fame) e o illamento internacional. • Cartilla de racionamento. • Mercado negro ou estraperlo. • Finalidade chegar ao sistema político denominado “democracia orgánica”, que consiste na posta en marcha dun sistema “democrático” de partido único, cunha “participación” nas Cortes canalizada polas institucións sociais básicas (familia-concello-sindicato) pero que en realidade non teñen poder. anos 40 anos 50 anos 60 anos 70

  7. Merchy Avance da lexislación social posterior, regula a vida laboral e económica (fixa a xornada laboral, salario mínino,…) Fuero do Traballo, 1938 Establece as Cortes como organismo colaborador compostas por 3/3: sindical, profesional e de designación polo Consello Nacional. Lei Constitutiva das Cortes, 1942 S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Intenta ser unha declaración de dereitos e deberes. Fuero dos Españois, 1945 Regula o uso do referendo para asuntos importantes. Lei de Referendo Nacional, 1945 España configúrase como reino. Franco será xefe de Estado vitalicio. Lei de Sucesión á Xefatura do Estado, 1947 Merchy as Leis Fundamentais do Estado durante a Dictadura de Franco Marca os principios que articulan o ordenamento xurídico franquista. Lei de Principios do Movemento Nacional, 1958 Separa os cargos de Xefe do Estado e Xefe de Goberno. Votada en “referendo”. Lei Orgánica do Estado, 1967

  8. Merchy As Leis Fundamentais do Estado durante a Dictadura de Franco Fuero do Traballo 1938 Avance da lexislación social posterior: xornal dos traballadores, maxistratura como xurisdicción especial para os litixios laborais, organización da empresa e da propiedade, seguridade social, organización sindical, etc. Composición das Cortes en tres tercios: sindical, profesional e de designación polo Consello Nacional (cun elevado nº de designados polo executivo) Lei de Cortes 1942 Carta de principios, dereitos e obrigas. Contén: configuración xeral do réxime como Estado Católico, social e “de dereito” así como as obrigas e dereitos dos españois. Fuero dos Españois 17/07/1945 O Xefe do Estado pode someter a referendo os proxectos de lei elaborados polas Cortes cando o “demandase o interese público”. O Xefe do Estado continúa a ter plena liberdade dictar leis fundamentais sen necesidade de referendo. Lei Referendo Nacional 22/10/1945 S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA O Estado configúrase oficialmente como monarquía. Franco continuará á cabeza do Estado con carácter vitalicio. O Xefe do Estado resérvase o dereito a elixir sucesor, pero tamén pode revocar a designación de sucesor. Lei SucesiónXefatura Estado 1947 Lei de Principios do Movemento Nacional, 1958 Contén postulados falanxistas cun resumo no ideario de FET e das JONS. Queda claro o monopartidismo Votada en “referendo” Separa os cargos de Xefe do Estado (réxime cuasi-presidencialista) e presidente do Goberno. As Forzas Armadas garanten a integridade territorial, a seguridade nacional e a defensa da orde institucional. Posibilita a creación de asociacións de acción política. Establece o “recurso de contrafuero” contra todo acto lexislativo ou disposición que vulnere os principios do movemento ou outras leis fundamentais Lei Orgánica do Estado 10/01/1967 Merchy

  9. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy Traducido de laopinióncoruña.es Artigo “Los otros mártires”. 04/11/2007 represión franquista … ao aparecer a sublevación militar, en xullo de 1936, suspendéronse as festas dos Remedios [en Monfero], celebradas sempre no primeiro domingo de setembro. Os cartos reunidos para os festexos gardábaos o crego e ao negarse este a entregallos ás forzas sublevadas contra a República, detéñeno e acúsano de colaborar co “Socorro Rojo”. De Monfero trasládano a Pontedeume, onde se atopaba a irmá de Francisco Franco, Pilar Franco, e de aí a Barallobre. Sanfiz explica que, segundo se poido saber polos veciños, o crego de Barallobre, Antonio Casas, era sospeitoso de colaborar cos republicanos e o obxectivo de levar a Andrés Ares ata el para que se confesase, non era outro que o de amedrentalo. Ares confesouse e entregou ao crego de Barallobre 200 pesetas e un reloxo. Ao baixar da casa rectoral, o fusilan fronte ao cemiterio. Era o 3 de outubro de 1936. O xulgado de Pontedeume abriu un sumario sobre o caso un mes despois da morte de Andrés Ares. Nas dilixencias recóllese: "En ocasión en que pola forza pública conducíase a don Andrés Ares Díaz [...] para a práctica dunha dilixencia, pretendeu fugarse o Andrés, en cuxo momento disparou contra el a forza, causándolle a morte". Esta versión dista moito da que contan os veciños e recolle Sanfiz. Sanfiz chegou ata a historia deste crego fusilado polos falanxistas ao traveso de Xosé Manuel Suárez e o seu libro “Guerra Civil e represión en Ferrol e comarca”. Foi Suárez quen atopou, pescudando nos rexistros, o caso de Ares. A historia contáronlla os irmáns do entón crego de Barallobre. Segundo estos, o crego de Val Xestoso chegou a esta pequena localidade custodiado por un pelotón mixto de falanxistas e gardas civís. Trala súa confesión, fusilárono ao grito de ¡mándao Suances!, segundo veciños. O entón delegado de Orden Público en Ferrol era Victoriano Suances. Henrique Sanfiz, director de Radio Fene, visitou Val Xestoso para tentar averiguar algo máis sobre a historia de Andrés Ares. Segundo explica, no pobo atopou versións diferentes. “É algo moi normal nestos casos. Hai quen contaba que o crego estivo a punto de salvarse por unha disposición da autoridade que chegou cinco minutos despois da súa morte,(…). Son rumores, tradicións, non sei moi ben como calificalo, que rodean a moitas mortes", indica. A existencia dunha lista na que aparecían os nomes de 40 veciños que supostamente eran ou apoiaban aos “rojos” é outra das historias que contan en Val Xestoso. Esa relación sería redactada polo crego, polo que o motivo do seu fusilamento sería o de evitar que matasen a todas estas persoas. Segundo Sanfiz, esta historia “relátase en centos de asasinatos” e respondería á "presión e necesidade de xustificar a eliminación física dunha persoa discrepante co réximen". "Este caso exemplifica o desatino deste tipo de fusilamentos, asasinatos e paseos. Ao crego non o podían acusar de asasino, de queimar igrexas... Matárono sen xuízo, sen posibilidade de defenderse. É algo que exemplifica moi ben o tipo de represión que se cometeu neses años", explica o director de Radio Fene.

  10. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy economía no franquismo estraperlo

  11. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy estraperlo É o comercio ilegal de bens. Emprégase como sinónimo de mercado negro. A orixe do acrónimo relaciónase co escándalo político acontecido durante a II República española coa introducción dun xogo de ruleta eléctrica de marca "Straperlo", nome derivado de Strauss, Perel y Lowann, apelidos holandeses dos promotores do negocio. Os 3 empresarios sobornan, en 1934, a altos cargos do goberno para que autoricen a instalación dunha ruleta no casino de San Sebastián. O xogo foi prohibido pola policía por fraudulento (a roda controlábase cun botón). O escándalo salta cando Strauss denuncia ante o presidente da República, Alcalá Zamora, a negativa de Lerroux de indemnizalo trala prohibición do xogo. A consecuencia foi o derrumbe do Partido Radical. Tralo escándalo o termo estraperlo pasa a ser sinónimo de chanchullo, intriga ou negocio fraudulento. Por extensión, emprégase, na posguerra, para designar ao comercio ilegal dos artigos intervidos polo Estado ou suxeitos a racionamento (decretado polo régimen franquista entre 1936-1952). O estraperlo trouxo novas fortunas obtidas coa venta ilegal de productos.

  12. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy Evolución do franquismo: anos 50 industrialización de España Política interior • Continúa a tarefa lexislativa do réxime iniciada na etapa anterior: • Lei de Principios Fundamentais do Movemento, 1958. • A economía española segue a ser de base agraria, pero asoma a industrialización. • As “cartillas de racionamento” continúan funcionando ata 1952. • Créase o INI para canalizar os investimentos en industria. • Nun contexto de “Guerra Fría”, a coincidencia da suavización do réxime franquista coa necesidade dos EEUU de buscar aliados contra o comunismo, fai que se anule o veto 1950 e España entra na ONU en 1955. • Tratado de amizade entre España e os EEUU, 1953. EEUU instala en España bases militares a cambio de axuda económica. • Asínase un Concordato 1953 coa Santa Sede. anos 40 anos 50 Política exterior anos 60 anos 70

  13. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy Instituto Nacional de Industria= INI

  14. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA  OTAN Outros aliados dos Estados Unidos Pacto de Varsovia  Países socialistas alineados coa URSS  Outros aliados da URSS  China Popular e aliados  Non alineados Merchy contexto de Guerra Fría

  15. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy Tratado de Amizade España-EEUU, 1953 Acordo militar entre os Estados Unidos e España. O Pacto de Madrid, en 1953, establece bases conxuntas hispano-estadounidenses as aéreas Torrejón (cerca de Madrid), Zaragoza e Morón de la Frontera (Sevilla) e a base naval de Rota (Cádiz). Eisenhower foi o primeiro presidente estadounidense en visitar España, en 1959

  16. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Torrejón de Ardoz Merchy bases militares estadounidenses en España Morón de la Frontera Base Aérea Base naval de Rota

  17. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy relacións Igrexa-Estado Concordato 1953, asinado coa Santa Sede

  18. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy Evolución do franquismo: anos 60 o milagre económico cos tecnócratas • Os ministros de economía decántanse pola planificación económica: • Plan de Estabilización, 1959 intenta impulsar a economía, pero desemboca nunha conxelación salarial que fai baixar o poder adquisitivo co que se incrementa o paro favorecendo a emigración. • Sucesivos Plans de Desenvolvemento potencian o crecemento industrial, facendo aparecer os polos de desenvolvemento e os polígonos industriais. O resultado será un desequilibrio rexional. Despunte do sector turístico e remesas de divisas da emigración. • Rexístrase un cambio de mentalidade que alimenta a oposición ao réxime Franquista, é entón cando empezamos a ver cambios: • Lei de Prensa, 1966, que suprime a censura previa. • Lei Orgánica do Estado, 1967. • Lei de Liberdade Relixiosa, 1967. • Lei Xeral de Educación, 1970. anos 40 anos 50 anos 60 anos 70

  19. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy reacción das principais variables económicas no proceso de apertura español                                                                                  

  20. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy Evolución do franquismo: anos 70 crise económica e fin do réxime franquista • Clara bicefalia política: • Xefatura do Estado Francisco Franco. • Xefatura do Goberno Carrero Blanco. • Asoma a conflictividade social(folgas, manifestacións) seguida de represión (cargas policiais).A isto temos que engadir as reivindicacións dos nacionalismos periféricos. • Tralo asasinato do xefe do goberno Carrero Blanco por ETA, ocupa o Cargo Arias Navarro, que dirixe o país nun contexto de crise económica mundial, aderezado polo implacable avance do terrorismo (ETA,FRAP,GRAPO) mentres Franco agoniza ( 1975). anos 40 anos 50 anos 60 anos 70

  21. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA 1º plano 2º plano Merchy a planificación económica cos tecnócratas nos anos 60 os polos de desenvolvemento

  22. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy o referendo para a “Lei Orgánica do Estado”, 1967

  23. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy “Lei Orgánica de Liberdade Relixiosa”, 1967 “A profesión e práctica da relixión católica, que é a do Estado español, gozará da protección oficial. O Estado asumirá a protección da liberdade relixiosa, garantida pola eficaz tutela xurídica, que, ao tempo, salvagarde a moral e a orde pública”.

  24. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy “Lei de Prensa”, 1966

  25. Merchy os 4 niveis do sistema educativo español segundo a Lei Xeral de Educación (LXE) de 1970 anos Terceiro ciclo anos Segundo ciclo Preescolar 4 e 5 anos Universidade Primeiro ciclo Educación Xeral Básica Ciclo inicial: 2 cursos Ciclo medio: 3 cursos 2ª Etapa : 3 cursos Formación Profesional II S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA COU Ensino Medio exposición en sentido ascendente exposición en sentido descendente Bacharelato Formación Profesional I Ciclo Superior Educación Xeral Básica Bacharelato Unificado e Polivalente (3 cursos) F.R. I Grado 2 cursos Ciclo medio obrigatoria Ciclo inicial F.P. II Grado 3 cursos C.O.U Centros de Párvulos Educación preescolar Xardín de infancia Merchy

  26. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy bicefalia política víctima dun atentado de ETA Madrid, 1973 xefatura do Goberno xefatura do Estado

  27. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Obreiros de Bazán en manifestación, Praza de España (10-Marzo-1972) morte dos obreiros Amador Rey e Daniel Niebla Merchy conflictividade social e represión franquista en Ferrol

  28. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy agonía e morte do réxime Tralo asasinato do presidente do Goberno, almirante Carrero Blanco, por ETA Arias Navarro (ata entón Ministro da Gobernación) é nomeado por Franco para ocupar a presidencia do goberno. Ocupa o cargo durante dous gobernos sendo, en 1976 sustituído por Adolfo Suárez. No derradeiro goberno de Franco intentou certa apertura do réxime (“espírito do 12 de febreiro”) pero o denominado “búnker” (o sector máis conservador do réxime) aborta o seu labor. Personaxe vacilante, incapaz de reconducir o sistema, vese sobrepasado polos novos acontecementos dos que destacaremos: “Marcha Verde” sobre o Sáhara invasión do Sáhara Occidental organizada por Hassan II e morte de Franco en 1975.

  29. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro Frente Revolucionario Antifascista e Patriota Merchy escalada do terrorismo

  30. Merchy S. XX - ESPAÑA DO FRANQUISMO Á DEMOCRACIA Merchy Familia extensa censura falanxe SEU Amador Rey e Daniel Niebla

More Related