1 / 68

C.P.R. “Nosa Señora Do Carme” ( Atocha )BETANZOS (A CORUÑA)

C.P.R. “Nosa Señora Do Carme” ( Atocha )BETANZOS (A CORUÑA). Guía do estudiante 2006-07 ENSINO SUPERIOR EN GALICIA Departamento de Orientación. INTRODUCCIÓN.

verda
Download Presentation

C.P.R. “Nosa Señora Do Carme” ( Atocha )BETANZOS (A CORUÑA)

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. C.P.R. “Nosa Señora Do Carme” ( Atocha )BETANZOS (A CORUÑA)

  2. Guía do estudiante 2006-07 ENSINO SUPERIOR EN GALICIA Departamento de Orientación

  3. INTRODUCCIÓN • Compráceme darvos a benvida á Guía do Estudante 2006-07: Ensino Superior en Galicia, que é froito dun laborioso traballo de coordinación ca e a Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia e a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais. O resultado desta cooperación é a inclusión, como novidade, da información sobre as ensinanzas superiores non universitarias. A existencia doutros ámbitos e ofertas educativas non universitarias como as artes, o deseño ou a formación profesional, que nestes últimos anos están a ter un importante pulo e demanda social, fai necesaria a súa divulgación.Esta obra constitúe un útil instrumento de consulta destinado aos alumnos e alumnas que aspiran a cursar estudos superiores, pero tamén pretende proporcionarlles aos pais e profesores, como educadores e axentes principias da súa formación integral, a información apropiada para lles asesoraren no camiño. Como complemento a esta Guía, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pon tamén á disposición de toda a comunidade educativa máis información, que pode ser consultada a través do portal educativo: http://www.edu.xunta.es Agardamos que nesta guía atopedes todo aquilo que precisedes e confiamos en que á elección do estudo lle siga o éxito.

  4. PAU UNIVERSIDADE (08/09) BACH. (2 Cursos) 2ºBach. aprobado C.F.G.S. (2 cursos) *Grado (antes Diplomado) = 4 anos (240 creditos + proxecto fin de grado) Prueba acceso 4ºESO aprobado: C.F.G.M. (2 cursos) E.S.O: 4 cursos Graduado ESO * Máster = Especialidade+ proxecto fin de grado (entre 60-120créditos) Programas de Iniciación Profesional (SIN Graduado) * 16 anos * 1 curso * Proba de acceso a C.F.G.M. * Mundo Laboral E.P 3 ciclos, 6 cursos Doctorado (2 cursos) E.I. ESTRUTURA DO SISTEMA EDUCATIVO Cátedra Experiencia laboral recoñecida: investigacións, publicacións, ponencias en congresos,…

  5. Ensinanzas Superiores universitarias • PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU) A proba de acceso á universidade para os alumnos que sigan as ensinanzas de bacharelato valorará con carácter obxectivo, xunto coas cualificacións obtidas no bacharelato, a madurez académica dos alumnos e os coñecementos adquiridos nas ensinanzas desta etapa. A proba de acceso á universidade, que se realizará en chamamento único por convocatoria, calquera que sexa a modalidade cursada, versará sobre os contidos das materias do segundo curso do bacharelato. Poderán participar na proba de acceso á universidade os alumnos que estean en posesión do título de bacharelato, establecido na Lei orgánica 1/1990 de ordenación xeral do Sistema Educativo e mais os alumnos que superaran en anos académicos anteriores o curso de orientación universitaria. A PAU consta de dúas partes:

  6. Primeira parte da proba • A primeira parte da proba, de carácter xeral, versa sobre as materias comúns do segundo curso do bacharelato. O seu obxectivo é apreciar a formación xeral do alumno e estará concibida para avaliar destrezas académicas básicas, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe e as capacidades para analizar, relacionar e sintetizar, a expresión de ideas e mais o coñecemento dunha lingua estranxeira. • Esta primeira parte da proba constará de catro exercicios de unha hora e media de duración:

  7. a)Composición dun texto de carácter histórico ou filosófico: • Composición dun texto sobre un tema ou cuestión de carácter histórico ou filosófico a partir de diversas fontes documentais incluídas na proposta de exame. A composición deberá integrar os coñecementos do alumno e a información facilitada. Nesta proposta ofertaránselle ao alumnado dúas probas, de entre as que elixirá unha.

  8. b)Análise dun texto en idioma estranxeiro, da linguaxe común, non especializada: • A partir do texto proposto, o estudante realizará un comentario persoal e responderá a cuestións relacionadas co texto, que se lle farán e deberá responder por escrito no mesmo idioma, sen axuda do dicionario nin de ningún outro material didáctico. Nesta proposta ofertaránselle ao alumnado dúas probas, de entre as que elixirá unha.

  9. c)Análise e comprensión dun texto de lingua castelá e literatura: • A proposta, que consistirá en dúas probas, das que o alumno elixirá unha, constará de tres partes, nas que se medirán a capacidade de análise e síntese do contido do texto, mediante a elaboración dun resumo e/ou esquema, o comentario crítico sobre o contido do texto e mais as despostas a un cuestionario de lingua castelá e literatura relacionado co texto.

  10. d)Análise e comprensión dun texto de lingua galega e literatura: • A proposta, que consistirá en dúas probas, das que o alumno elixirá unha, constará de tres partes, nas que se valorará a capacidade de análise e de síntese do contido do texto, mediante a elaboración dun resumo e/ou esquema, dun comentario crítico sobre o contido do texto e mais polas respostas a un cuestionario de lingua galega e literatura relacionado co texto. Os alumnos que teñan exención en lingua galega nalgún dos dous cursos do bacharelato non terán que facer este exercicio.

  11. Segunda parte da proba • A segunda parte da proba, de carácter específico, versa sobre tres materias propias de modalidade do segundo curso. Entre elas incluiranse necesariamente as dúas materias vinculadas a cada vía de acceso, e a terceira elixiraa libremente o estudante entre as propias de modalidade cursadas. • Esta segunda parte da proba apreciará a formación especializada do alumno e estará concibida para avaliar destrezas básicas da especialidade, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe específica e as capacidades de analizar, relacionar e sintetizar. • Con respecto a estas materias, o alumno deberase examinar das seguintes disciplinas, vinculadas ás vías de acceso que se sinalan:

  12. - Vía científico-tecnolóxica: Matemáticas e física - Vía ciencias da saúde: Bioloxía e química - Vía humanidades: Latín e historia da arte - Vía ciencias sociais: Matemáticas aplicadas ás CC. sociais e xeografía - Vía artes: Debuxo artístico e historia da arte

  13. En cada unha destas materias ofertaránselle ao alumno dúas opcións, de entre as que elixirá unha, ou ben un único exame con diversas posibilidades de resposta. Estes exames poderán incluír comentarios, cuestións ou repertorios de problemas ou preguntas. A duración das probas destas materias será de hora e media para cada unha delas. Para a superación da proba, os estudantes poderanse presentar por unha ou dúas das vías de acceso previstas:

  14. Acceso por unha vía: • Constará de tres exercicios, de unha hora e media de duración cada un deles, sobre unha proposta que se escollerá de entre dúas que se lle entregarán ao alumnado. Os exercicios versarán sobre tres materias propias de modalidade do segundo curso, entre as que deben figurar as dúas vinculadas á vía pola que se accede.

  15. Acceso por dúas vías: • Constará de catro exercicios, de unha hora e media de duración cada un deles, sobre unha proposta que se escollerá de entre dúas que se lle entregarán ao alumnado. Neste caso, os alumnos deberanse examinar das catro materias vinculadas ás vías de acceso elixidas. • Para o alumnado que se presente ás PAU polas vías de Humanidades e Artes, a segunda parte da proba constará de tres materias, xa que a materia de Historia da arte é obrigatoria nas dúas devanditas vías de acceso (materias: Latín, Historia da arte Debuxo artístico).

  16. Cualificación dos exercicios • Cada un dosexerciciosque compoñen a proba de accesocualificarase entre cero e dez puntos. A cualificación da primeira parte da proba será a media aritmética dos catro exercicios que a compoñen. A cualificación da segunda parte da proba farase do seguinte xeito:

  17. Alumnos que se presenten por UNHA VÍA de acceso (tres exercicios): obterase sumando o 40% das cualificacións obtidas en cada unha das materias vinculadas á vía e o 20% da cualificación obtida na materia de libre elección: • Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia de libre elección * 0,2 • Alumnos que se presenten por DÚAS VÍAS de acceso (catro exercicios): os alumnos terán dúas cualificacións, unha por cada vía de acceso, que se obterá sumando o 40% das cualificacións obtidas en cada unha das materias vinculadas á vía e o 20% da cualificación máis alta das obtidas nas materias correspondentes á outra vía: • Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia da outra vía con mellor nota * 0,2 No caso dos alumnos que se presenten polas vías de Humanidades e Artes, que se examinarán de tres materias (Latín, Historia da Arte e Debuxo Artístico), a cualificación da 2ª parte da proba obterase sumando o 40% das cualificacións obtidas en cada unha das materias vinculadas á vía e o 20% da cualificación obtida na materia correspondente á outra vía: • Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia da outra vía * 0,2

  18. Cualificación global da PAU A cualificación global da probaserá amedia aritmética das cualificaciónsobtidas nas dúas partes. Para ser declarado apto por UNHA VÍA de accesocumprirá obter, cando menos,catro puntos na cualificación globaldesa vía. Cando se acceda por DÚAS VÍAS, para a segunda parte da proba haberá dúas cualificacións, unha para cada unha das vías, calculadas polo mesmo procedemento establecido no apartado anterior.

  19. Cualificación definitiva • A cualificación definitivapara o acceso á universidade calcularase ponderando un 40% a cualificación da proba e un 60% a nota media do expediente académico do alumno no bacharelato. • Para considerarsuperada a proba de acceso á universidade por UNHA VÍA, cumprirá acadar unha puntuación de cinco ou superiorna cualificación definitiva.

  20. Criterios específicos de avaliación • Os criterios específicos de avaliación establecidos polos directores dos grupos de traballo de cada materia do bacharelato faranse públicos unha vez realizados os exames e servirán de base para a corrección dos exercicios e para a resolución das revisións dos exames que soliciten os alumnos.Nos modelos que se lles entreguen aos alumnos farase constar a puntuación máxima que se lle outorgará a cada pregunta.

  21. Revisión das cualificacións • Unha vez publicadas as cualificacións das probas, os alumnos desconformes coas cualificacións outorgadas terándous procedementos diferenciadospara solicitaren a revisióndos exercicios:

  22. a) Dobre corrección: os alumnos poderán solicitar ante o presidente do tribunal único,no prazo de tres días hábilescontados a partir do seguinte á publicación das cualificacións, unha segunda corrección dos exercicios nos que consideren que se produciu unha aplicación incorrecta dos criterios xerais de avaliación e específicos de corrección. • A cualificaciónresultará damedia aritmética de ambas as dúas correccións, agás nos casos de erros de suma, nos que a cualificación será a que resulte correcta e non a media aritmética. No suposto de que exista unha diferenza de tres ou máis puntos entre ambas as cualificacións, un tribunal distinto efectuará unha terceira corrección, outorgando a cualificación que resolverá a revisión solicitada. • Sobre a cualificación outorgadatras o proceso de dobre corrección, os alumnos que solicitasen previamente a dobre corrección poderán presentar reclamación mediante escrito razoado ante a comisión organizadora no prazo de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación da resolución do tribunal á que se refire o apartado anterior.

  23. b) Reclamación: os alumnos poderán presentar directamente ante a comisión organizadora,no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte á publicación das cualificacións, unha reclamaciónsobre a cualificación outorgada tras a primeira corrección. Un profesor especialista distinto ao que realizou a primeira corrección revisará os ejercicios sobre os que se solicite reclamación. • A cualificación será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior á outorgada tras a primeira corrección, agás nos casos de erros de suma, en que a cualificación será a que resulte correcta. • **Os alumnos deberán utilizar para a solicitude de dobre corrección e de reclamación exclusivamente o impreso específico contido nos sobres de matrícula.

  24. NÚMERO DE CONVOCATORIAS • Cada alumno disporá decatro convocatorias, como máximo, para a superación da proba. Non se considera consumida a convocatoria na que o alumno non se presente a ningún exercicio. • Repetición das PAUpara mellorar a cualificación Coa finalidade de mellorar a súa cualificación, os alumnos que teñan superada a proba de acceso á universidade poderana volver realizar tantas veces como desexen en calquera outra convocatoria. • No caso de tersuperada a probade acceso á universidadePOR DÚAS VÍAS, cando se faga uso desta posibilidade, aproba realizarase por unha soa das distintas víasde acceso previstas. No caso de que o alumno se presentara á proba de acceso á universidade por dúas vías e superara a proba soamente por unha delas, poderase presentar de novo polas dúas vías, coa finalidade de superar a proba pola vía de acceso suspensa e para mellorar a súa nota pola vía de acceso aprobada. As novas probas deberanse realizar na mesma universidade, agás que se xustifique debidamente un cambio de residencia. Neste suposto,. No caso de nonos alumnos poderán formalizar a súa matrícula na universidade no ano encursomellorar a cualificación, manterase a cualificación superior acadada con anterioridade.

  25. Proceso de admisión e matrícula no Sistema Universitario de Galicia • Titulacións sen límite de prazas (de matrícula inmediata ) Para o acceso a titulacións sen límite de prazas ( de matrícula inmediata ) non é necesario facer ningunha solicitude de admisión (preinscrición). Os alumnos que cumpran os requisitos legalmente esixibles e que o xustifiquen debidamente, poderanse matricular no prazo establecido para tal efecto polas universidades, que abranguerá para o curso 2006-2007 dende principios de xullo ata finais do mes de outubro (agás o mes de agosto).

  26. Titulacións con LÍMITE DE PRAZAS Procedemento de ingreso Para os efectos do procedemento de ingreso en estudos universitarios no SUG, cada alumno poderá presentar un único impreso de solicitude, NO QUE INDICARÁ POR ORDE DE PREFERENCIA AS TITULACIÓNS CON LÍMITE DE PRAZAS NAS QUE DESEXA MATRICULARSE. Na solicitude de admisión poderanse solicitar ata cinco titulacións diferentes, que poderán chegar ata un máximo de dez se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros. É fundamental a orde de preferencia, xa que o alumno será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que acade a nota do último alumno admitido. As titulacións solicitadas en menor preferencia ca aquela na que resulte admitido eliminaranse automáticamente das listas de espera. Na convocatoria de setembro non se ofertarán as titulacións que cubriran todas as prazas na matrícula de xuño nin aquelas nas que a Comisión Interuniversitaria estime que existen datos obxectivos que aconsellan esta acción. Os alumnos de fóra de Galicia que desexen solicitar praza por distrito aberto nas universidades do SUG deberanse ater aos procedementos fixados pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG).

  27. Distribución de prazas por colectivos Do número de prazas ofertadas en cada titulación, reservaranse as porcentaxes que se indican deseguido para os seguintes colectivos: • A. Titulados universitarios ou equivalentes: 2% para titulados universitarios ou equivalentes aos que a súa titulación non lles permita o acceso ao segundo ciclo dos estudos que pretendan cursar. • B. Alumnos estranxeiros de países non membros da UE: 2% para alumnos estranxeiros procedentes de países non membros da UE que superaran as PAU no ano en curso ou no inmediatamente anterior, e sempre que os seus respectivos estados apliquen o principio de reciprocidade nesta materia. • C. Titulados de formación profesional: Para os estudantes que superaran os estudos de formación profesional que facultan para o acceso directo ás ensinanzas universitarias que en cada caso se determinen, tendo en conta a súa relación cos estudos de formación profesional que cursasen, as porcentaxes de prazas para reservar serán as seguintes: 15% das prazas de cada titulación cando se trate de estudos universitarios conducentes á obtención de títulos oficiais de só primeiro ciclo. 7% das prazas totais de cada titulación cando se trate de estudos universitarios conducentes á obtención de títulos oficiais de primeiro e segundo ciclo. • D. Alumnos conminusvalías: 3% para alumnos que teñan recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 33%, ou con menoscabo total da fala ou perda total da audición. • E. Alumnos deportistas de alto nivel: 3% para deportistas de alto nivel, agás no título de Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, no que se incrementará ata o 5%. • F. Maiores de 25 anos: 2% para estudantes maiores de 25 anos que superasen as probas específicas para eles.

  28. Prioridade temporal na adxudicación A asignación de prazas na titulación farase atendendo aos seguintes criterios de preferencia: Alumnos que teñan aprobadas as PAU e alumnos con COU: 1º) PAU aprobadas en xuño do ano en curso ou en anos anteriores e opción preferente. 2º) PAU aprobadas en xuño do ano en curso ou en anos anteriores e opción non preferente (setembro). 3º) PAU aprobadas en setembro do ano en curso e opción preferente. 4º) PAU aprobadas en setembro do ano en curso e opción non preferente. 5º) COU aprobado en anos anteriores e opción preferente. 6º) COU aprobado en anos anteriores e opción non preferente.

  29. Dentro de cada unha destas preferencias, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso. Para o acceso ás titulacións de 1º e 2º ciclo (ciclo longo), os solicitantes deberán estar comprendidos nos colectivos 1º a 4º. Para o acceso ás titulacións de 1º ciclo, os solicitantes poderán estar comprendidos en calquera dos seis colectivos devanditos. Para o acceso ás titulacións con límite de prazas non existe unha nota determinada previamente, senón que esta depende do número de prazas existentes para a titulación, do número de solicitantes e das cualificacións que estes acaden. Esta nota de acceso ou nota de corte correspóndese coa nota do último alumno admitido en cada titulación.

  30. Alumnos que teñan aprobado o 2º curso de bacharelato LOXSE, sen PAAU: De acordo co disposto no artigo 11º.1.c), parágrafo 2º, do RD 69/2000, de 21 de Xaneiro (BOE do 22), os alumnos que teñan superado o 2º curso do bacharelato, previsto na Lei orgánica 1/1990 (LOXSE) non poderán ser admitidos nos estudos universitarios sen a previa superación das PAU. Titulados de formación profesional: 1º) Titulados da convocatoria de xuño do ano en curso ou de anos anteriores. 2º) Titulados da convocatoria de setembro do ano en curso. Dentro de cada preferencia, a asignación das prazas dispoñibles para estes colectivos farase atendendo á cualificación académica definitiva. Titulados universitarios ou equivalentes: A asignación das prazas dispoñibles farase atendendo á cualificación académica definitiva. Nos casos dos titulados universitarios haberá un único prazo de solicitude correspondente á convocatoria de xuño. Estranxeiros de países non membros da UE con estudos validados por COU ou 2º de bacharelato LOXSE e con PAU aprobadas: 1º) PAAU aprobadas en xuño do ano en curso ou en anos anteriores e opción preferente. 2º) PAAU aprobadas en xuño do ano en curso ou en anos anteriores e opción non preferente. Estranxeiros de países non membros da UE con estudos validados por COU, sen PAU: Os alumnos que teñan validados por COU os seus estudos cursados no estranxeiro poderán solicitar o acceso a titulacións de 1° ciclo na convocatoria de setembro. NOTA: Todos os alumnos que presenten a solicitude na convocatoria de setembro terán prioridade de setembro, aínda que aprobaran as PAU na convocatoria de xuño deste ano ou en anos anteriores.

  31. Observacións Existen algúns estudos ou carreiras que polas súas especiais características requiren unhas probas específicas de acceso. Tal é o caso de Licenciado en Ciencias da actividade física e do deporte, nas universidades da Coruña e de Vigo. A información sobre estas probas de avaliación é facilitada polas secretarías dos centros correspondentes das universidades da Coruña e de Vigo.

  32. Procedemento que se segue para a admisión nas titulacións con límite de prazas • Primeira convocatoria de matrícula A primeira convocatoria de matrícula en titulacións con límite de prazas do Sistema Universitario de Galicia desenvolverase no mes de xullo. • Se o solicitante aparece convocado na titulación da súa primeira preferencia, deberase matricular no prazo establecido, se non perderá todos os seus dereitos. • Se o solicitante aparece convocado nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia poderá agardar a matricularse nela mentres que non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia. Así que se matricule nela ou en calquera outra titulación sen límite de prazas, perderá os seus dereitos a continuar no proceso de ingreso en titulacións con límite de prazas.

  33. Sucesivas convocatorias de matrícula Tras a primeira convocatoria de matrícula poden quedar prazas vacantes como consecuencia de que algún dos alumnos convocados non formalice a matrícula. Neste caso, realizarase unha reasignación automática destas prazas seguindo os mesmos criterios que se utilizaron na primeira convocatoria, e os alumnos serán convocados para formalizar a matrícula nos prazos sinalados anteriormente a partir do segundo prazo de matrícula (na última semana do mes de xullo). As sucesivas convocatorias de matrícula anunciaranse nos LERD, na CiUG e vía Internet. Nestas convocatorias sucesivas os alumnos pódense atopar nos seguintes supostos: • Se é convocado a matricularse na titulación da súa primeira preferencia, o alumno deberase matricular, pois, de non facelo, perderá os seus dereitos. Enténdese por primeira preferencia aquela titulación que o alumno solicitou no primeiro lugar ou en lugares sucesivos a medida que se vaian esgotando as prazas (“peche”) das titulacións solicitadas nas primeiras preferencias. • Se é convocado a matricularse nunha titulación de menor preferencia, o alumno poderase matricular ou non. – De facelo, a matrícula considerarase firme e non terá a oportunidade de se cambiar a outra titulación. – De non facelo, poderá agardar a matricularse nunha titulación de maior preferencia ata o peche da matrícula nela, o que se anunciará coa publicación das sucesivas listaxes de admitidos e de espera. O peche de matrícula dunha determinada titulación implica a desaparición automática das listas de espera, de xeito que non se volverá abrir de novo a matrícula desa titulación

  34. Lugares de matrícula UNIVERSIDADE DA CORUÑA: Os centros onde se imparten as correspondentes titulacións. UNIVERSIDADE DE VIGO: Os centros onde se imparten as correspondentes titulacións. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO: Campus de Santiago : As Unidades de Xestión situada nos Campus Norte e Sur. Campus de Lugo : A Unidade de Xestión Académica situada no Campus. No caso da Universidade de Santiago de Compostela, a matrícula poderase facer tamén a través de Internet (http://matricula.usc.es)

  35. Lugares de entrega e recollida de documentación Universidade de Santiago de Compostela * LERD N° 1 - CAMPUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Servizo de Xestión Académica - OIU Pavillón Estudantil, 2º andar-Zona Sur 15706 Santiago de Compostela Teléfono: 981 54 71 11 Teléfono de información: 902 10 10 22 Fax: 981 59 51 17 * LERD N° 2 - CAMPUS DE LUGO Edificio Biblioteca-Intercentros, baixo Campus Universitario 27002 Lugo Teléfono: 982 28 59 00 Fax: 982 28 59 07 Universidade da Coruña * LERD N° 3 - ELVIÑA - A CORUÑA Pavillón de estudantes Elviña 15192 A Coruña Teléfono: 981 16 71 96 Fax: 981 16 71 98 * LERD N° 4 - CAMPUS DE FERROL Rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n 15405 Ferrol Teléfono: 981 16 71 96 Fax: 981 33 74 56

  36. Universidade de Vigo * LERD N° 5 - CAMPUS DE VIGO Reitorado - Negociado de alumnos Lagoas - Marcosende, s/n 36200 Vigo Teléfono: 986 81 37 71/72 Fax: 986 81 36 33 * LERD N° 6 - CAMPUS DE OURENSE Unidade Administrativa - Primeiro andar Área de Servizos á Comunidade As Lagoas 32004 Ourense Teléfono: 988 38 71 02/38 71 71 Fax: 988 38 71 65 * LERD N° 7 - CAMPUS DE PONTEVEDRA Facultade de Ciencias Sociais Unidade de Servizos á Comunidade A Xunqueira 36002 Pontevedra Teléfono: 986 80 19 49 Fax: 986 80 19 97

  37. Ensinanzas superiores non universitarias • Ciclos formativos de grao superior de FP Específica • Estrutura A formación profesional no ámbito educativo ten como finalidade a preparación para a actividade nun campo profesional, proporcionándolle ao alumnado unha formación polivalente que lle permita adaptarse ás modificacións laborais que poidan producirse ao longo da súa vida. Comprende un conxunto de ciclos formativos que poden ser de grao medio e de grao superior. Os ciclos formativos están estruturados en módulos profesionais. Os módulos de formación e orientación laboral (FOL) e de formación en centros de traballo (FCT) teñen carácter obligatorio e cúrsanse en todos os ciclos, tanto de grao medio como de grao superior. Na actualidade, a formación profesional está organizada en 22 familias profesionais e integrada por un catálogo de 142 títulos oficiais (64 ciclos formativos de grao medio e 78 de grao superior). A duración de cada ciclo é variable e oscila entre 1300 e 2000 horas. Ata un 25% destas horas realízanse na empresa, é dicir, nun centro onde os procesos de produción e de prestación de servizos se desenvolven en tempo real. É o que se denomina módulo de formación en centros de traballo (FCT).

  38. Acceso e admisión Pódese acceder directamente cando se cumpran determinadas condicións académicas, ou mediante unha proba para a que se reserva o 20% das prazas. Para acceder directamente aos ciclos formativos de grao superior requírese cumplir algún dos seguintes requisitos: • Posuír o título de bacharelato establecido na Lei orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE). • Ter superado o segundo ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias. • Ter superado o curso de orientación universitaria ou preuniversitario. • Posuír o título de técnico especialista, técnico superior ou equivalente para efectos académicos. • Estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente.

  39. Poden acceder mediante unha proba as persoas que non reúnan os requisitos académicos e teñan cumpridos 19 anos ou os cumpran no ano en que se realice a proba.No caso de posuír o título de técnico, para acceder mediante proba a un ciclo de grao superior da mesma familia profesional, o requisito de idade é de 18 anos. A proba de acceso consta de dúas partes: • Parte xeral, que acredita a madurez en relación cos obxectivos do bacharelato, fundamentalmente nos contidos procedementais de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, lingua estranxeira (opción de inglés ou de francés) e matemáticas. As persoas que acrediten ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para mayores de 25 anos poderán quedar total ou parcialmente exentas de realizar esta proba, en función do grao de afinidade da proba de acceso á universidade e o ciclo formativo ao que queiran acceder. • Parte específica, que avalía as capacidades respecto ao campo profesional correspondente.Desta parte poderán quedar exentas as persoas que acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral en campos profesionais que se correspondan cos estudos que pretenden cursar.

  40. Solicitude de praza Cada solicitante presentará unha única instancia, xunto con toda a documentación necesaria, no centro do ciclo formativo que solicite en primeiro lugar. Na instancia fará constar, por orde de preferencia, os ciclos que desexa cursar e os centros onde se imparten. Tamén é posible facer a solicitude na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, onde se obterá unha folla impresa que se deberá presentar na secretaría do centro formativo que se solicita en primeiro lugar. Sen este último requisito a solicitude enténdese como non válida. O alumnado que poida acadar os requisitos académicos requiridos para o acceso directo na convocatoria extraordinaria de setembro deberá presentar a solicitude de admisión no prazo que se detalle nese mes de setembro, e adxuntará a certificación acreditativa dos requisitos académicos. O alumnado que reúna os requisitos de acceso directo non poderá presentar a solicitude de acceso mediante proba. O alumnado que presente dúas solicitudes quedará excluído do proceso de admisión

  41. Distribución de prazas nos centros Do número de prazas ofertadas en cada titulación reservaranse as porcentaxes que a continuación se indican para os seguintes colectivos: • 20% para os solicitantes que accedan mediante proba. • 3% para persoas con algún grao de discapacidade física, motora ou sensorial acreditada, que obtivesen ditame favorable da comisión autonómica de escolarización. • Unha praza adicional reservada para o alumnado que reúna os requisitos de deportista galego de alto nivel

  42. Prioridade temporal na adxudicación Prioridade para o acceso directo: a) Ter superada algunha das modalidades de bacharelato que se determinen para cada ciclo ou das opcións de COU que se consideran equivalentes ou algunha das modalidades equivalentes do segundo ciclo do bacharelato experimental. b) Ter superada algunha das modalidades de bacharelato, opcións de COU ou do segundo ciclo do bacharelato experimental, distintas das establecidas no punto anterior. c) Estar en posesión do título de técnico especialista, técnico superior ou equivalente. d) Estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente. Dentro de cada un dos colectivos indicados nos puntos anteriores, a orde de admisión nos ciclos formativos de grao superior establecerase de acordo cos seguintes criterios por orde de prioridade: a) Maior nota media no expediente académico. b) Ter superadas determinadas materias do bacharelato. c) Maior nota ou maior nota media na materia ou materias indicadas no punto anterior. d) Sorteo que será efectuado ante a comisión autonómica de escolarización. Os solicitantes que cumpran os requisitos en setembro serán baremados en base os mesmos criterios pero dentro da nova listaxe de setembro. Prioridade para o acceso mediante proba: a) Maior puntuación na cualificación da proba de acceso. b) En caso de empate, sorteo ante a comisión autonómica de escolarización.

  43. Matriculación As persoas admitidas nas distintas fases do proceso teñen a obriga de formalizar a matrícula nos prazos que se indiquen. Os que non fosen admitidos na praza solicitada en primeiro lugar poderán renunciar á praza outorgada; esta renuncia implica tamén a renuncia a todas as demais prazas solicitadas en opcións posteriores a esta, permanecendo nas listas de espera das opcións anteriores. Os solicitantes admitidos que non se matriculen ou que non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e procederase á súa escolarización ao final do proceso de haber algunha vacante.

  44. Titulación Os alumnos que superen as ensinanzas de formación profesional específica de grao superior obterán o título de técnico superior. Con esta titulación poden acceder directamente a determinadas titulacións universitarias sen necesidade de realizar ningunha proba (ver Acceso aos estudos universitarios desde ciclos formativos de grao superior).

  45. Bolsas e axudas para estudos superiores Axudas a asociacións de estudantes das universidades galegas Obxecto Estimular o asociacionismo universitario e as actividades de carácter informativo e científico dos estudantes deste nivel de ensino, como un modo de potenciar o dinamismo da universidade. Destinatarios Asociacións de estudantes do SUG. Requisitos • Ser unha asociación de estudantes de 1º e 2º ciclo, legalmente constituída, dalgunha das tres universidades do SUG. • Estar dada de alta no rexistro xeral de asociacións e no de cada universidade. • Realizar as diferentes accións que se fixan nas bases da convocatoria. Como solicitalas – Convócanse no Diario Oficial de Galicia. – Cubrir a solicitude, acompañada da documentación que se esixe, e presentala no Rexistro Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais. Contía Ata un máximo de 2.614 euros. Publicación da convocatoria Primeiro trimestre de cada ano. Información Servizo de Apoio e Orientación aos Estudantes Universitarios. Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

  46. Axudas de desprazamento para a realización de prácticas de campo Obxecto Facilitarlles aos estudantes universitarios, a través dos seus centros de estudo, axudas de desprazamento para a realización de prácticas de campo. Destinatarios Centros universitarios do SUG.

  47. Bolsas de residencia destinadas aos galegos e aos seus descendentes que teñan a súa residencia familiar en territorio nacional fóra da Comunidade Autónoma de Galicia Obxecto Impulsar e mellorar as oportunidades de estudar nas universidades do Sistema Universitario de Galicia dos galegos e dos seus descendentes que teñan a súa residencia familiar en territorio nacional fóra da Comunidade Autónoma de Galicia. Destinatarios Alumnos universitarios.

  48. Requisitos • Ser galego ou descendente de galego en liña directa (pais-fillos-netos) e ter a súa residencia familiar en territorio nacional fóra da Comunidade Autónoma de Galicia. • Realizar, no curso académico 2006-2007, estudos universitarios presenciais de 1º ciclo, 1º e 2º ciclo ou 3º ciclo (etapa de formación). • Estar matriculado dun número mínimo de créditos. Como solicitalas – Convócanse no Diario Oficial de Galicia. – Cubrir a solicitude, acompañada da documentación que se esixe, e presentala no Rexistro Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais. Contía Ata un máximo de 3.005 euros. Publicación da convocatoria Segundo trimestre de cada ano. Información Servizo de Apoio e Orientación aos Estudantes Universitarios. Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

  49. Financiamento de viaxes para estadías nalgún estado membro da Unión Europea co obxecto de coñecer a lingua dese país Obxecto Favorecer a aprendizaxe e o perfeccionamento doutro idioma nun país da Unión Europea. Destinatarios Alumnos universitarios do Sistema universitario de Galicia e dos centros asociados da UNED en Galicia.

  50. Axudas complementarias do programa de acción da Unión Europea de mobilidade de estudantes Sócrates-Erasmus e Suíza Bolsas e axudas para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou similares e cursos de verán Bolsas de colaboración nos departamentos das universidades do Sistema Universitario de Galicia Bolsas de nova adxudicación para a realización de estudos de terceiro ciclo nasuniversidades do Sistema Universitario de Galicia

More Related