60 likes | 224 Views
O pombo. Teresa Cepeda Vidal. Paula Fernández Ochoa. Clara Castro-Gil López. Había unha vez un guerreiro valente, nunha das súas cacerías chegou a un lago No que atopou unha bela muller que navegaba nunha canoa, e namoruose dela. Nos días seguintes volveu ao lugar
E N D
O pombo Teresa Cepeda Vidal. Paula Fernández Ochoa. Clara Castro-Gil López
Había unha vez un guerreiro valente, nunha das súas cacerías chegou a un lago No que atopou unha bela muller que navegaba nunha canoa, e namoruose dela. Nos días seguintes volveu ao lugar pero nunca volveu a ver a súa fermosa amada.
Os días pasaban e el seguía acudindo ao lago para ver se estaba a súa fermosa amada, mais foi inútil. Un día acudiu a unha feiticeira para pedirlle consello. E ela díxolle: -Non a volverás a ver nunca, a non ser que te convertas en pombo. Pero non poderás recuperar a túa forma humana. -Vale, farei o que sexa para vela outra vez. -Fágase a túa vontade.
A feiticeira cravoulle unha espiña no pescozo, e o home converteuse en pombo, este levantou o voo e foi ao lago, onde atopou a súa fermosa amada, alí achegouse aos seus pés e agarimouna.
A moza arrancoulle a espiña do pescozo, e o pombo caeu morto, a muller, desesperada cravouse a espiña, e dende aquel día só sabe chorar.