230 likes | 316 Views
Tarefa acadu00e9mica para acompau00f1er unha exposiciu00f3nna aula
E N D
FOLLAS NOVAS Esaltado fruto do amor “Recíbana ,non pó-lo que val, sinon pó- lo que significa.” Manuel Losada Figueira. 2º BACH Lingua e Literatura Galega.
Índice 1.-Cantares Gallegos e Follas Novas • 2.-Follas Novas. • 3.-O Rexurdimento. • 4.-Rosalía fala do seu libro • 5.- A mensaxe discursiva de Rosalía. • 6.-Rosalía escribe fóra do país. • 7.-Rosalía amosa os seus problemas existenciais. • 8.- Rosalía e o Romanticismo. • 9.- Rosalía e a desolación de Galicia. • 10.- Rosalía amosa a falta de progreso. • 11.- A poesía social como instrumento de denuncia. • 12.- Rosalía escribe a súa biografía espiritual. • 13.- Rosalía reflexiona sobre a súa existencia e a resignación ante o destino. • 14.- Carácter moralizante da poesía de Rosalía. • 15.- Rosalía solidaria coas mulleres. • 16.- Rosalía e o futuro incerto da muller galega. • 17.- Rosalía comprometida co progreso, coa lingua e coas mullleres. • 18.-Rosalía musa de autores portugueses. • 19.-Rosalía di de Follas Novas •
CANTARES GALLEGOS E FOLLAS NOVAS, DOUS MOMENTOS DIFERENTES NA VIDA DE ROSALÍA “...qu'este meu libro n'é en certa maneira, fillo d'a mesma inspiracion que dou de si os Cantares gallegos...” • “Cousa este último d'os meus dias d'esperanza e xuventude, ben se ve que ten algo d'a frescura propia d'a vida que comenza…” • En canto a Follas Novas“...o meu libro d'hoxe, escrito coma quen dí, en medio de todo-l-os desterros, non pode ter anque quixera o encanto que soye emprestarlles á inocencia d'as primeiras impresiós: que ô sol d'a vida, ó mesmo que o que aluma ó mundo que habitamos, non loce n'os seus albores d'a mesma sorte que cando vay poñerse tristemente, envolto antr'as nubes d'o postreiro outono.” • •
FOLLAS NOVAS Os seus poemas foron compostos entre 1860 e 1870. Foi publicado no ano 1880. Esta obra sitúase nunha etapa de transformación da sociedade galega e de afirmación das súas particularidades, concretamente na vertente cultural.
O REXURDIMENTO Tras o longo silencio dos Séculos Escuros a poesía ocúpase dos dramas do país cunha pegada de certo Romanticismo.
ROSALÍA FALA DO SEU LIBRO “… trata d'as cousas d'a terra, e vay escrita n'a nosa lengoa. Recíbana, non pó-lo que val, sinon pó-lo que significa.” • “…á mayor parte d'estos versos foron escritos, sin que as contrariedades d'a miña vida desasosegada, e un-ha saude decote endebre, me permitise apousar n'eles os meus cansados ollos y o meu fatigado esprito.” • “...Mais as cousas teñen de ser com'as fan as circunstancias, e s'eu non puden nunca fu ir âs miñas tristezas, os meus versos menos. Escritos n'o deserto de Castilla, pensados e sentidos n'as soidades d'a natureza e d'o meu corazon, fillos cativos d'as horas de enfermedade e d'ausencias, refre an quisais con demasiada sinceridade, o estado d'o meu esprito un-has veces, outras á miña natural disposicion (que n' en valde son muller) á sentir como propias as penas alleas. •
A MENSAXE DISCURSIVA DE ROSALÍA Mensaxe Lírica en Vaguedás e Do Íntimo, mensaxe filosófica- Metafísica en Do Íntimo e unha mensaxe Mítica-Máxica en Varia, Da Terra, e As Viuvas dos vivos e As Viuvas dos mortos
ROSALÍA ESCRIBE FÓRA DO PAÍS A través dos seus poemas Rosalía evadíase de Simancas para estar na súa añorada Galicia. Nunca se adaptou a este lugar. Sarna con gusto, non pica; O conto é sarna sin él, Y o verdadeiro castigo N'o mais fondo ha de doer. Non é sufrir chorar sangre, Ôs pès de quen un quer ben , D'él vivir lonxe , e olvidado... ¡Este si, que penar è!
ROSALÍA AMOSA OS SEUS PROBLEMAS EXISTENCIAIS. A dor, a morte , a saudade ontolóxica… Rosalía sofre pola soidade, pola dor existencial, e nin o amor, nin a terra nin a amizade a poden curar. Acepta o seu destino que será a morte.
ROSALÍA E O ROMANTICISMO Necesita evadirse deste mundo como solución aos problemas que a rodean Cain tan baixo, tan baixo, Qu'a luz onda min non vay; Perdin de vista as estrelas E vivo n'a escuridá.
ROSALÍA E A DESOLACIÓN DE GALICIA Os galegos abandonan a terra. Deixan en Galicia ás “viuvas dos vivos”. Este vaise y aquel vaise E todos, todos se van, Galicia, sin homes quedas Que te poidan traballar. Tes en cambio orfos e orfas E campos de soledad, E nais que non teñen fillos E fillos que non tên pais. E tês corazons que sufren Longas ausencias mortás, Viudas de vivos e mortos Que ninguen consolará.
ROSALÍA AMOSA A FALTA DE PROGRESO Galicia está olvidada, quen vai levantar Galicia se todos marchan? As mulleres , coa súa fortaleza ,sacarán adiante á familia, os terreos… Teño un niño de tolos pensamentos , Ond'o lar escondidos, E dés que ven á noite Y ó lume esta alcendido E arrimo ó pote y á fiar me sento, N 'aquel meu corrunchiño , Mentras que quence ó caldo, estonces dígolles —¡Vinde, meus queridiños! E corren e rebuldan Tan contentos d'estar soyos conmigo , C'a sua nay, sua dona, Seu unico agarimo. E ¡canto alí falamos en secreto, E sempre d'él Dios mio! D'él que por irse alá... soya deixoume C'o corazon ferido. ¡Cantas tristezas! cantos Queixumbrosos sospiros, M'atormentaron, cantos D'o meu peito sairon!
A POESÍA SOCIAL COMO INSTRUMENTO DE DENUNCIA Rosalía foi coñecedora da situación inxusta na que vivían os galegos e as galegas ( fame, miseria, emigración, falta de progreso…) e fai crítica . ¡Si,si! Dios fixo esta encantada terra Para vivir e gozar; Pequeño paraíso, este é un remedo Do que perdeu Adán. Este prácido sol que nos aluma; Estes aires do mar; Este tempo soave, estas campías Que non teñen igual; Esta fala mimosa que nós temos, De tan dóce solás, Que non sabe decir si non cariños Que hastra os corazóns van; Esta terra n`hai duda…,Dios a fixo Pra ser amada e amar ¡Ei!, Galicia, a que dorme soños de ánxel, E chora ó despertar Bágoas que, si consolan as súas penas, ¡Non curan os seus mals!
ROSALÍA ESCRIBE A SÚA BIOGRAFÍA ESPIRITUAL A negra sombra veñen sendo os seus pensamentos e emocións, tamén é a morte, tamén é a sensación de desasosiego, tamén é a tristeza, a angustia e a saudade.
ROSALÍA REFLEXIONA SOBRE A SÚA EXISTENCIA E A RESIGNACIÓN ANTE O DESTINO Utiliza a Natureza para darnos a coñecer o estado da súa alma. Grilos e ralos, rans albariñas, Sapos e bichos de todas crás, Mentras ô lonxe cantan os carros , ¡Que serenatas tan amorosas, N'os nosos campos sempre nos dan! Tan sô acordarme d'elas, Non sey o que me fai, Nin sey s'é ben Nin sey s'é mal
CARÁCTER MORALIZANTE DA POESÍA DE ROSALÍA Desde a ironía a autora fai crítica ao matrimonio. Lanza unha mensaxe antropolóxica-cultural.
ROSALÍA SOLIDARIA COAS MULLERES Considera que as mulleres ( a maioría) viven atormentadas e fai denuncia . De bágoas se enchen os ollos, de Xan ó ver tales feitos; mas non temás, que antre mil, n' hai máis que un anxo antre os demos; n' hai máis que un atormentado antre mil que dan tormentos. “Xan”. Follas Novas
ROSALÍA FALA DA SITUACIÓN DAS MULLERES GALEGAS “…as innumerables coitas d'as nosas mulleres: criaturas amantes para os seus y os estraños, cheas de sentimento, tan esforzadas de corpo, como brandas de corazon e tamen tan desdichadas que se di eran nadas solasmentes para rexer cantas fatigas poidan afrixir, á parte mais froxa e inxel d'a humanidade”. •
ROSALÍA E O FUTURO INCERTO DA MULLER GALEGA O enfoque feminista de Rosalía é testemuña da denuncia , represión e marxinación á que estivo sometido o pobo galego. Tecin soya á miña tea, • Cala rula, os teus arrulos • Sembrey soya o meu nabal, • Ganas de morrer me dan, • Soya vou por leña ô monte, Soya á ve o arder n'o lar • Cala, grilo, que si cantas • Sinto negras soïdás. • . Nin n'a fonte nin n'o prado • O meu homiño perdeuse, • Asi morra c'o á carráx • Ninguen sabe en onde vay... • El non ha de virm' á erguer, • Anduriña que pasache • El a non me pousará. • Con él as ondas d'o mar, • ¡Que tristeza! • Anduriña, voa, voa, • ó vento soa, • Ven e dime en ond'está. • A muller queda con tódolos trafegos, desamparada, con angustia e sufrimento. Non sabe si a súa parella voltará. Canta ó grilo ô seu compás... • Ferbe o pote... mais, meu caldo, • Soiña t'hey de cear. •
ROSALÍA COMPROMETIDA CO PROGRESO, COA LINGUA E COAS MULLERES. EU SON LIBRE, NADA PODE CONTER A MARCHA DOS MEUS PENSAMENTOS E ELES SON A LEI QUE REXE O MEU DESTINO.
ROSALÍA , MUSA DE AUTORES PORTUGUESES Rosalía é homenaxeada en Portugal xa no ano 1923 Divina Rosalía. Senhora da Saudade e da Melancolia ... Alma de Deus despida,exposta a chuva e ao vento Alma, só alma, num deslumbramento Alma, só alma, a errar na solidão Alma, só alma, eterna aparição. Aparição da dor, aparição do amor Alma, só alma, apenas alma em flor. (Teixeira de Pascoaes, in 7 Ensayos sobre Rosalía, Vigo, 1952, p. 15)
ROSALÍA DI DE FOLLAS NOVAS… “...—Que ó deixen pasar, como un romor mais, como un perfume agreste que nos trai consigo algo daquela poesia, que nacendo n'as vastas soidades, n'as campias sempre verdes d'a nosa terra, e n'as prayas sempre hermosas d'os nosos mares, ven direitamente á buscar ó natural agarimo n'os corazós que sufren e aman esta querida terra de Galicia”
“...Ala van pois, as Follas novas, que mellor se dirian vellas por que ó son, e ultimas, por que pagada a á deuda en que me parecia estar c'o á miña terra, ...”