310 likes | 728 Views
PRECURSORES E REXURDIMENTO PLENO. REXURDIMENTO. PERIODIZACIÓN DA LITERATURA GALEGA. ÉPOCA MEDIEVAL -Etapa pre-afonsina (1196-1245) -Etapa afonsina (1245-1284) -Etapa dionisíaca (1284-1325) -Etapa posdionisíaca (1325-1354) *Etapa da Escola galego-castelá(1354-1445)
E N D
PRECURSORES E REXURDIMENTO PLENO REXURDIMENTO
PERIODIZACIÓN DA LITERATURA GALEGA • ÉPOCA MEDIEVAL -Etapa pre-afonsina (1196-1245) -Etapa afonsina (1245-1284) -Etapa dionisíaca (1284-1325) -Etapa posdionisíaca (1325-1354) *Etapa da Escola galego-castelá(1354-1445) *Etapa da Escola castelá portuguesa (fs.XV-ps.XVI) • SÉCULOS ESCUROS (XVI-XVII) • ILUSTRACIÓN (XVIII) • REXURDIMENTO (XIX) -Precursores (1808-1862) -Rexurdimento Pleno (1863-1888) -Decadencia Finisecular (1888-1914) • S.XX-HOXE -Segundo Rexurdimento (1914-1939) -Silencio (1939-1950) -Lenta Eclosión (1951-1981) -Actualidade (1981-Hoxe)
REXURDIMENTO • Características: • s. XIX. • Movemento Político (Provincialismo; Federalismo; Rexionalismo; [Nacionalismo]). • Recuperación escrita en galego: • moita calidade + non subordinación. • Clase media. • Iniciativa. • Opóñense: Organismos oficiais do Estado + intelectuais (internos e externos). • Contradicións entre teoría (dignificación galego) e práctica (uso do castelán). • A castelanización de Galicia aumenta. • Progresiva recuperación do prestixio do galego. Vs. aumento de atrancos.
REXURDIMENTO • Períodos: • Precursor (1808-1862): • Dende a ocupación francesa – ata publicación de Cantares Gallegos. • Autores relacionados co Provincialismo. • 1808-1836: convivencia: etapa final dos Séculos Escuros e primeiros precursores. • Rexurdimento Pleno (1863-1888): • Desde CantaresGallegos – ata publicación da última obra dun dos tres grandes (O Divino Sainete de Curros). • Maior esplendor. • Poesía (teatro e narrativa, algo). • Concursos + gramáticas e dicionarios + Editorial + Prensa. • Depresión Finisecular (1889-1914): • Dende O Divino Sainete – ata o inicio da I Guerra Mundial. • Forte declive. • Cuantitativamente: alto; cualitativamente: baixo. • Asentamento: narrativa e teatro. • Modernismo hispanoamericano + ideoloxía da Xeración do 98 => forte ideoloxía castelanista.
REXURDIMENTO • Obxectivos: • Troco na consideración negativa do galego. • Argumentos: Prestixio + Utilidade + Identidade. • Ampliación os eidos de uso do galego. • Literatura, prensa, recoñecemento oficial, ensino, vida oficial e eclesiástica. • Estudo, perfeccionamento e depuración do galego. • Dicionarios e gramáticas, xérmolo do galego estándar. • Iniciativas e eidos de uso. • Historiografía. • Defensa do pasado celta => “Pobo con Historia”. • Filoloxía. • Dicionarios e gramáticas. • Tendencia foneticista vs. Tendencia etimoloxista. • Prensa. • Galego: total ou parte. • Trampolín da cultura e os intereses de Galicia. • Folclore. • Compilacións de literatura oral popular + reivindicación da beleza da etnografía galega. • Música. • Creación de coros e orfeóns. • Divulgación de todo tipo de materiais. • Literatura. • Recuperación xéneros literarios + certames + primeiras editoriais.
REXURDIMENTO:PRECURSORES • 1833: Isabel II : de novo enmudece. • Album de la Caridad (1862): • Textos dos Xogos Florais da Coruña (1861). • Contido: • Composicións premiadas. • “Mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos”. • Autores: • Antonio Benito Fandiño: • A Casamenteira (1849): • Escrito 1812 no cárcere. • Obra de teatro de 16 escenas en 3 cadros. • Tema: casamentos amañados (papel das casamenteiras). • Nicomedes Pastor Díaz: • A Alborada (1828): • Poema amoroso. • Égloga de Belmiro e Benigno: • 2 pastores dialogan sobre as tristuras do amor.
REXURDIMENTO:PRECURSORES • Alberto Camino: • Compón: • Vilancicos para o Hospicio compostelán. • Poemas variados. • Francisco Añón Paz: • Poema “A Galicia”: • Gaña os Xogos Florais da Coruña de 1861. • Xoán Manuel Pintos: • A Gaita Gallega: • 7 foliadas. • Prosa e verso. • Castelá, galego e latín. • Intención: Exaltación e aprendizaxe do galego. • Un gaiteiro galego e un tamborileiro discuten sobre a lingua.
REXURDIMENTO: PLENO:ROSALÍA DE CASTRO • Mito: chorona + santiña + romántica rezagada + inconsciente da súa relevancia. • Realidade: culta + contestataria (pioneira e fortes concepcións) + rexa +consciente da súa relevancia. • Problemas para publicar <= poucos lectores. • Recibe constantes ataques + abandono. • Romántica? • Nunca actitude escapista; sempre coa realidade. • Non actitude individualista; actitude solidaria e crítica. • Non cursilería e finximento; ton de sinceridade. • Temas graves tratados dun xeito máis serio e fondo.
REXURDIMENTO: PLENO:ROSALÍA DE CASTRO • Alta sensibilidade social: • Defensa da cultura, lingua e idiosincrasia galegas. • Defensa dos valores sociais e morais galegos. • Identificación cos problemas do pobo (mulleres). • Denuncia das inxustizas cos galegos. • Reivindicación dos dereitos da muller. • Feminismo: contra os patróns establecidos: • 93% mulleres analfabetas. • Escritoras: castelán + temas “de mulleres”.
REXURDIMENTO: PLENO:ROSALÍA DE CASTRO • Obra en galego: • Cantares Gallegos (1863): • 1º libro totalmente en galego. • Dedicada a Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber). • Cadro de Galicia: Dignificación + folclore. • Estrutura: • Dedicatoria. • Prólogo. • 36 poemas. • Prólogo: introdución. -1 tópico da captatio benvolentiae: desculparse. - Razóns da escrita en galego: ·Validez e capacidade do noso idioma. ·Maltrato do país e os habitantes. ·Combater a falsa negativa imaxe de Galicia e os habitantes. • Corpo:34 poemas. - Tema: folclórico-etnográfico: ·os máis numerosos. ·costumistas + amorosos. - Tema: social e/ou patriótica: ·galeguismo + denuncia de situacións. - Tema: intimista: ·vivencias e sentimentos persoais. • Epílogo: despedida.
REXURDIMENTO: PLENO:ROSALÍA DE CASTRO • Follas Novas (1880): • 1880: Aires da miña terra (Curros Enríquez) e Saudades Gallegas (Lamas Carvajal). • A maioría: escritos en Simancas (Valladolid). • Estrutura: • Prólogo (prosa). • 137 poemas en 5 apartados: • Lírica Solitaria ou subxectiva: a) “Vaguedás” (20 poemas). -Reflexións da escrita feminina (tamén a súa propia escrita). -Estado anímico propio. b) “Do íntimo” (36 poemas). -insolidariedade humana + imparable paso do tempo. • Ponte entre as dúas partes: c) “Varia” (40 poemas). -Sufrimento da xente (mulleres + emigración). • Lírica Solidaria ou obxectiva: d) “Da terra” (9 poemas). -identificación co pobo galego. e) “As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos” (31 poemas). -fenómeno da inmigración + consecuencias deste fenómeno. • Obra persoal e filosófica. • Conto Gallego (1864): • Permanece esquecido ata 1923 (Almanaque gallego, Manuel Castro López). • 2 amigos apostan por se acadarán unha viúva. Conséguena, pero pola febleza económica e legal. • Alegato feminista.
REXURDIMENTO: PLENO:ROSALÍA DE CASTRO • Obra en castelán: • La Flor (1857): • Poemas de temas e actitudes románticas. • La hija del mar (1859): • Novela de trasfondo feminista. • Elementos autobiográficos. • A mi madre (1862): • Poema pola morte da nai. • El caballero de las botas azules (1867): • Novela satírica, literaria e socialmente. • En las orillas del Sar (1884): • O poemario máis pesimista e nihilista. • Fondo amor polo país.
REXURDIMENTO: PLENO:ROSALÍA DE CASTRO • Lingua • Galego de Padrón-Santiago. • Sinxeleza (seseo + vulgarismos). • Temática e recursos: • Populares (paralelismo, repetición, asonancia,…). • Formas menores (romance ou muiñeira) [predominan] + Formas maiores. • Versos de arte maior + formas novidosas => revolución. • Escola rosaliana: • Moitos/as continúan o seu camiño. • Solidarización cos problemas dos/as galegos/as. • Beleza da nosa terra. • En xeral menos ácedos/as. • Destaca: Valentín Lamas Carvajal, O catecismo da doutrina labrega (1888, por entregas) ou Saudades Gallegas (1880): anticaciquil.
REXURDIMENTO: PLENO:EDUARDO PONDAL • Obra en Galego: • A campana de Anllóns (1858): • Un soldado galego prisioneiro en Orán que sente morriña das paisaxes bergantiñás nativas. • Queixumes dos Pinos (1886): • Poemas: 89 galego + 2 galego e castelán. • Textos: • Todos os de Gandreiras. • 17 de Rumores de los Pinos (2 gal-cast) + 11 gal. + 4 traducidos. • Celtismo + misoxinia + bardismo + helenismo. • “Os Pinos” + música Pascual Veiga =>Himno Galego. • Os Eoas (1886): • Historia de Cristovo Colón e os mariñeiros galegos que o acompañan. • Refaina de xeito constante. • 2005 publicación definitiva. • Posibles causas da NON publicación: • Neurose => preocupación por se fracasa. • Extensión + lingua coidada + tema moi manido => posible problemas de publicación. • Excesiva semellanza c’ Os Lusíadas de Camoes (1572). • Anacronismo dun xénero como a epopea.
REXURDIMENTO: PLENO:EDUARDO PONDAL • Obra en galego e castelán: • Rumores de los Pinos (1877): • Poemas: 8 cast. + 11 gal. + 2 gal. e cast. • Celtismo + misoxinia + bardismo. • Obra en castelán: • Primeiros poemas: temática romántico-amorosa. • 1856: primeiro poema ideolóxico (no Banquete de Conxo). • Juán Pérez (1858): • Novela autobiográfica.
REXURDIMENTO: PLENO:EDUARDO PONDAL • Trazos xerais: • Ideolóxicos: • Ambición => quere ser o bardo de Galicia. • Demócrata + progresista > protogaleguismo (rexionalismo). • Temáticos: • Non costumismo; estética persoal. • Celtismo: Galiza celta; España íbera. Pasado glorioso. • Bardismo: bardo é sacerdote-adiviño-poeta celta [ossianismo s.XVIII]. • Iberismo: futura unidade ibérica: Hispania + Lusitania + Galiza. • Misoxinia e machismo: feminino negativo; masculino positivo. • Helenismo ou Clasicismo: admiración por Esparta e polo poeta Tyrteo. • Natureza: valor simbólico ou personaxe.
REXURDIMENTO: PLENO:EDUARDO PONDAL • Lingua: • Galego de bergantiños + cultismos. • Elimina vulgarismos e castelanismos. • Menos popular, máis enxebre • Estilo: • Rexistro culto e refinado. • Adxectivos en oposición semántica. • Uso de epítetos e expresións metafóricas. • Símbolos con elementos naturais. • Topónimos abondosos. • Diminutivos escasos. • Cultismos grego + latín. • Moitos seguirán a liña iniciada por Pondal.
REXURDIMENTO: PLENO:CURROS ENRÍQUEZ • Obra en galego: • Curros gaña o Certame Literario de Ourense (1874): • “A Virxe de Cristal”, “Unha boda en Einibó” e “O Gueiteiro”. • => instalación definitiva no galego. • Aires da miña terra (1880): • Poemas heteroxéneos. • Estrutura: • “Introdución”: xustifica o uso do galego. • Poemas: 17 na 1ªed; 23 na 2ªed (1881); 32 na 3ª ed (1886). • “Encomenda”: reflicte o compromiso cívico. • Temática: • Poemas sociais ou cívicos: • progresismo + democracia + galeguismo. • Núcleo básico. • Poemas intimistas e de cirscunstacias: • Acontecementos persoais ou familiares. • Poemas costumistas: • Os tres poemas cos que gañara o Certame Literario de Ourense. • Os ataques e o procesamento polo anticlericalismo => adquira moita sona.
REXURDIMENTO: PLENO:CURROS ENRÍQUEZ • O Divino Sainete (1888): • Poema satírico-burlesco. • Parodia da Divina Comedia de Dante Alighieri. • Obxectivos: • Criticar ao goberno e a sectores reaccionarios. • Defensa do Rexurdimento e da literatura galega como autónoma. • Satirizar a determinados inimigos. • Estrutura: introdución + 8 cantos. • Argumento: Curros marcha a Roma para polo Xubileo do papa León XIII (1877) guiado por Francisco Añón a través dos diferentes vagóns (cada un deles representa un pecado capital).
REXURDIMENTO: PLENO:CURROS ENRÍQUEZ • Trazos xerais: • Ideolóxica e temática: • Combate e compromiso constante. • Progreso + democracia + liberdade + república + galeguismo. • Progresismo: • Compromiso Social: • Anticlericalismo: • Evolución: • Esquemas optimistas vs. Realidade negativa. • Confianza no capitalismo > combáteo. • Solución na emigración > combátea. • De Republicano convencido > rexionalista (autogoberno).
REXURDIMENTO: PLENO:CURROS ENRÍQUEZ • Lingua: • Galego de fala popular. • Enxebre e depurado de castelanismos. • Sinxela e eficazmente comunicativa. • Estilo: • Finalidade moralizante e didáctica. • Achega a súa poesía aos moldes populares. • Moitos seguiron os pasos de denuncia social (conflitividade, marxinalidade e maltrato de Galicia).
REXURDIMENTO: DECADENCIA FINISECULAR:PROSA E TEATRO • Cultivo: só 2 últimas décadas do s.XIX. • Esplendor: Irmandades e Grupo Nós. • Por que o atraso destes xéneros? • Explicación da época: incapacidade da lingua. • Explicacións reais: • Consecuencias da marxinación do idioma (falla de estándar,...). • Alfabetización exclusiva en castelán. • Falta de editoriais e dificultades de edición. • Facilidade de edición da poesía nos xornais e revistas. • Actitude hostil das clases acaudaladas da sociedade.
REXURDIMENTO: DECADENCIA FINISECULAR:PROSA E TEATRO • Prosa: • 1ª obra: Majina ou a filla espúrea, Marcial Valladares (1880). • Tipos: • Narrativa Histórica: baséase no Romantismo. • Narrativa Sentimental. • Narrativa Costumista. • Narrativa de transfondo Político: combate ideolóxico. • Teatro: • Antes do s.XIX existe teatro popular: • Comicismo, mofa e “picante”. • Anónimo. • Representación ao ar libre con determinadas festividades. • Teatro Culto: • Dende 2 décadas finais s. XIX. • Por que? • Normas oficias do teatro (só permitido:castelán). • Actitude hostil das clases medias e altas. • Carencia de compañías teatrais. • Escaseza editorial • 1ª estrea: A fonte do xuramento, Francisco Mª de la Iglesia (1882). • 1903: Escola Rexional de Declamación (A Coruña). • Tipos: • Teatro histórico. • Teatro costumista e sentimental. • Teatro Social e anticaciquil.