480 likes | 640 Views
O século XIX: O Rexurdimento. No século XIX Galiza vivía inda sumida no sistema feudal porque o campesiñado (a maioría do pobo) seguía pagando á Igrexa e fidalguía un arrendamento (o foro) por cultivar as súas terras sen posibilidades de mellora económica.
E N D
O século XIX: O Rexurdimento
No século XIX Galiza vivía inda sumida no sistema feudal porque o campesiñado (a maioría do pobo) seguía pagando á Igrexa e fidalguía un arrendamento (o foro) por cultivar as súas terras sen posibilidades de mellora económica. Isto motivou que moita poboación emigrase para fuxir non só da pobreza senón da mesma fame.
Por outra banda, a literatura escrita escaseaba nun pobo que cría que o seu idioma non podía ter prestixio social porque o poder non o usaba, por iso só se empregaba oralmente no seo da familia. Ademais os índices de analfabetismo eran altísimos.
EN 1833 O ESTADO ESPAÑOL DECIDIU DIVIDIR O PAÍS GALEGO EN CATRO PROVINCIAS DAS SETE QUE POSUÍA. ESTA NOVA DELIMITACIÓN ADMINISTRATIVA NON TIÑA EN CONTA A REALIDADE DAS COMARCAS NIN PRETENDÍA RESOLVER O PROBLEMA SOCIOECONÓMICO DA GALIZA.
A DESAMORTIZACIÓN INICIADA EN 1835 POLO MINISTRO MENDIZÁBAL, QUE CONSISTÍA NA VENDA DE TERRAS QUE A IGREXA NON UTILIZABA, FOI INEFICAZ NA GALIZA PORQUE OS LABREGOS NON AS PODÍAN MERCAR. Mendizábal
En 1846 o xeneral Solís dá un pronunciamento liberal en Lugo contra o goberno isabelino pero, perseguidas as súas tropas, marcha cara a Compostela; apresados, os incitadores dos sublevados liberais son fusilados sen xuízo previo en Carral, unha vila ao sur da Coruña. Solís
Este tráxico episodio coñécese co nome dos Mártires de Carral, os primeiros mortos implicados na causa galeguista. Monumento aos Mártires, en Carral
A reacción contra esta situación fai xurdir o primeiro movemento galeguista, que se denomina provincialismo por reclamar que Galiza fose considerada como unha soa provincia gobernada principalmente por organismos galegos. Antolín Faraldo, líder provincialista
Creado xa un ambiente político galeguista durante o goberno de Isabel II, o seguinte período de defensa da identidade de Galicia noméase rexionalismo por reclamarse para o país dereitos políticos de autogoberno rexional, a defensa do idioma, a desaparición dos foros... Foto familiar de Rosalía e Manuel Murguía, teórico do rexionalismo
A PESAR DA LEI MOYANO, QUE OBRIGABA AO USO DO CASTELÁN NO ENSINO DENDE 1852, ... MOYANO, MINISTRO DE EDUCACIÓN
...TODO ESTE CLIMA GALEGUISTA FAVORECEU A APARICIÓN DA LINGUA NO ÁMBITO DA ESCRITA.
Os primeiros estudos lingüísticos non naceron ata 1864, coa gramática de Francisco Mirás. A partir de entón van xurdindo tamén os dicionarios. Saco e Arce elaborou unha gramática de gran calidade M. Valladares foi tamén creador dun dicionario e dunha gramática
A PRENSA ESCRITA EN GALEGO NACE TAMÉN DURANTE O REXURDIMENTO. VALENTÍN LAMAS CARVAJAL DIRIXÍA O Tío Marcos da Portela MENTRES APARECÍAN OUTROS PERIÓDICOS, COMO A Monteira. Lamas Carvajal
Manuel Murguía apoiaba a cultura galega malia que só escribiu en galego dúas veces; incluso elaborou o discurso de apertura da RAG en idioma castelán Todo este fervor cultural levou a que se crease a Real Academia Galega en 1905 aínda que ata 1906 non se reuniu por primeira vez baixo a dirección de Murguía. A Real Academia, na rúa do Parrote, na Coruña, perante a que posa o académico Neira Vilas
En 1809 a guerra contra os franceses orixinou a aparición de escritos propagandísticos en galego animando á loita. PRERREXURDIMENTO Todos os escritores que publicaron antes de 1863, ano da edición de Cantares gallegos, de Rosalía, en que se inicia o Rexurdimento, son chamados precursores. A literatura do s. XIX carecía de referentes anteriores pois nos Séculos Escuros case non houbera textos escritos inda que esta se mantiña na oralidade (contos, cantigas...).
PRERREXURDIMENTO Un romance anónimo que arengaba contra o invasor de 1809 constitúe o primeiro texto do XIX: Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento. Miliciano galego
PRERREXURDIMENTO Ao ano seguinte aparece un diálogo propagandístico en prosa contra o exército francés onde se loan as vitorias galegas, titulado Proezas de Galicia. Fernández Neira, autor de Proezas de Galicia
PRERREXURDIMENTO Á parte doutro romance de 1813 contra a Inquisición, de Pardo de Andrade, o xénero narrativo dos diálogos anónimos de política e actualidade abundou no panorama literario a inicios do s. XIX: Tertulia de Picaños Tertulia da Quintana Parola de Cacheiras
PRERREXURDIMENTO PEDRO BOADO SÁNCHEZ PUBLICOU EN 1823 UN DIÁLOGO MÁIS EXTENSO E CULTO CÓS ANTES CITADOS: O tío Farruco. NEL DENUNCIABA A SITUACIÓN SOCIAL. INFELIZMENTE TODA A SÚA OBRA SE PERDEU NO NAUFRAXIO EN QUE FALECEU CANDO SE TRASLADABA EXILIADO A GRAN BRETAÑA.
PRERREXURDIMENTO Poetas da época do provincialismo foron Alberte Camino, Vicente Turnes ou Nicomedes Pastor Díaz, autor de Alborada e Égloga, poemas de tipo popularista. Pastor Díaz
Vicente Turnes tamén compuxo varios vilancicos de Nadal. Moitas destas panxoliñas creáronse durante o s. XIX na catedral de Mondoñedo.
PRERREXURDIMENTO Xoán Manuel Pintos era un avogado de Pontevedra que en 1853 editou A gaita gallega, unha obra onde tamén se atopan treitos en castelán ou latín e se alterna o verso coa prosa. De temática variada, tivo moito éxito, ademais do acadado por poemas e artigos seus aparecidos en distintas publicacións da época. X. M. Pintos
PRERREXURDIMENTO Francisco Añón foi un poeta da etapa galeguista do provincialismo moi considerado entre os seus contemporáneos. A súa poesía, costumista, non se chegou a publicar compilada en vida. Tivo que morrer no exilio, como Antolín Faraldo.
A última actividade dos precursores foi o certame poético dos Primeiros Xogos Florais, na Coruña, en 1861. PRERREXURDIMENTO Pondal Añón Rosalía Só lle concederon un accésit a Añón e en 1862 publicáronse todos os poemas do concurso no Álbum de la Caridad, primeira compilación poética do s. XIX.
REXURDIMENTO Rosalía de Castro (1837-1885) inaugura este período coa publicación de Cantares gallegos en 1863, que consta de coplas populares baseadas en cantigas orais.
REXURDIMENTO Follas novas (1880) está composto por cinco partes: “Vaguedás” “Do íntimo” “Varia” “Da terra” “As viudas dos vivos e as viudas dos mortos”
Follas novas REXURDIMENTO As dúas primeiras partes teñen carácter subxectivo, nas que a voz poética expresa o seu desacougo existencial, ante o que só atopa repouso na morte. A famosa metáfora da negra sombra simboliza a angustia vital que sente a voz poética.
Follas novas REXURDIMENTO A terceira parte xa comeza a mostrar poemas obxectivos ata o final, nos que a situación social de miseria debida á inxustiza social que causa unha grande emigración... ,
Follas novas REXURDIMENTO ... a defensa do feminismo e a denuncia da precariedade da muller na sociedade machista do século XIX son os temas básicos.
Manuel Curros Enríquez (1851-1908) empezou cedo a facer poesía (o famoso poema “Cántiga” data de 1869). En 1877 gañou un concurso poético en Ourense con tres composicións: “O gueiteiro”, “Unha boda en Einibó”, de carácter costumista, e “A Virxe de Cristal”, unha lenda orixinaria da vila da nai, Vilanova dos Infantes, preto de Celanova, onde el naceu. REXURDIMENTO
REXURDIMENTO O anticlericalismo e a denuncia das inxustizas sociais constitúen os temas de Aires da miña terra (1880). A Igrexa perseguiuno por impío ata facerlle perder a súa praza de funcionario en Ourense. (O poema “O maio” constitúe un exemplo claro de poesía anticlerical).
“Cando eu me atopare de donos liberto e o pan non mo quiten trabucos e préstemos, e como os do abade florezan meus eidos, chegado habrá estonces o maio que eu quero.” REXURDIMENTO
REXURDIMENTO En 1888 edita O Divino Sainete, poema que imita a Divina Comedia, famosa obra de Dante do s. XIV. O poeta, xunto ó espírito de Añón, xa morto daquela, visita os sete vagóns dun tren (que representan os pecados capitais, onde satiriza personaxes da época), no que se dirixen a Roma para pedirlle ó Papa que a Igrexa deixe de ser tan materialista. Curros denunciaba a Igrexa como a culpable da pobreza do pobo galego, que era maiormente campesiño.
REXURDIMENTO As sátiras contra a Igrexa e certos literatos e políticos carrexáronlle o exilio. Curros foi traballar como xornalista para Cuba, dende onde promoveu a creación da Real Academia Galega, que viu inaugurarse dous anos antes da súa morte.
REXURDIMENTO Eduardo Pondal(1835-1917) naceu en Ponteceso no seo dunha familia fidalga, o que lle permitiu abandonar o seu traballo de médico para dedicarse só á literatura. Presentou o seu primeiro poema, “A campana de Anllóns”, ós primeiros Xogos Florais, aparecendo no Álbum de la Caridad.
REXURDIMENTO O seu único poemario publicouse en vida en 1886. Nel identifícase como vate, ó xeito dos poetas celtas, os bardos, para cantar as excelencias do glorioso pasado do pobo galego, un pobo forte e guerreiro.
REXURDIMENTO En Queixumes dos pinos Pondal defendía as orixes célticas de Galiza, que ligaba con topónimos inventados ou reais propios da natureza da zona de Bergantiños, a cal mostra poeticamente en estado salvaxe. Ademais dotaba ós heroes celtas dos atributos clásicos dos espartanos da Grecia Antiga: fortaleza e masculinidade. As características femininas eran propias dos pobos escravos, como o foron os ilotas para os gregos.
REXURDIMENTO A muller é tratada na súa poesía ás veces como mero obxecto sexual ó servizo do home e outras do xeito idealizado clásico da loa.
As catro primeiras estrofas do poema “Os pinos” constitúen a letra do noso himno, con música de Pascual Veiga.
REXURDIMENTO PONDAL TAMÉN É AUTOR DUN POEMA ÉPICO INACABADO SOBRE O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA, Os eoas, QUE ABANDONOU POR NON SER DE TEMA GALEGUISTA.
REXURDIMENTO poesía Leiras Pulpeiro cultivou a poesía costumista, patriótica e anticlerical en Cantares gallegos, co mesmo título có libro de Rosalía.
REXURDIMENTO novela A primeira novela galega data de 1880; de temática romántica costumista, é de Marcial Valladares e leva por título Maxina ou a filla espúrea.
REXURDIMENTOnarrativa Á parte de xornalista, Valentín Lamas Carvajal tamén foi poeta (Espiñas, follas e flores) e narrador. Nesta obra un labrego e o autor dialogan coma nun catecismo sobre as míseras condicións de vida do campesiñado galego.
REXURDIMENTO novela Antonio López Ferreiro nos noventa escribiu tres novelas de tema realista histórico: A tecedeira de Bonaval, O castelo de Pambre e O niño de pombas.
REXURDIMENTO teatro A fonte do xuramento (1882) considérase a primeira peza teatral en tres actos estreada no século XIX, aínda que en 1849 xa se publicara A casamenteira, obra escrita en 1812 por Benito Fandiño presentando o tema dos casamentos amañados. Francisco Mª de la Iglesia, autor de A fonte do xuramento
REXURDIMENTO teatro Galo Salinas, ademais de publicar obras teatrais, fundou a Escola Rexional de Declamación (onde se formaban actores e actrices), para a que escribiu pezas de carácter costumista, como Filla! (1904).
A LITERATURA DO REXURDIMENTO INFLUÍU GRANDEMENTE NA DO SÉCULO XX, SOBRE TODO POR PARTE DE ROSALÍA (liña intimista e feminina), CURROS (liña socialrealista) E PONDAL (culturalismo).