200 likes | 368 Views
Biblioteca do ies “agra de Raíces” Formación de usuarios. Usos da Biblioteca. A biblioteca ten tres usos fundamentais:. Consulta: obtención de información para a elaboración de traballos escolares. Ocio: a lectura como diversión e entretemento.
E N D
Biblioteca do ies “agra de Raíces” Formación de usuarios
Usos da Biblioteca A biblioteca ten tres usos fundamentais: Consulta:obtención de información para a elaboración de traballos escolares. Ocio:a lectura como diversión e entretemento. Estudo:un lugar tranquilo onde poder repasar os temas ou rematar os deberes.
Horario de apertura PERO O PROFESORADO PODE TRAERVOS AQUÍ SEMPRE QUE QUEIRA
Normas • Manter silencio ou falar susurrando. • Anotarse nas folliñas para usar os ordenadores. • Seguir as normas de uso dos ordenadores. • Apagar os ordenadores ao rematar. • Deixar as cadeiras no seu sitio ao marchar. OU SEXA: O NORMAL PARA NON PREXUDICAR AOS TEUS COMPAÑEIROS E COLABORAR COS QUE VOS ATENDEMOS
Préstamos • Todo o alumnado e o profesorado é socio da biblioteca e ten un número de socio. • Solicitarase o préstamoao profesor ou profesora, quen o anotará no ordenador. • No momento da devolución o profesor ou profesora verificará o estado do material prestado.
Máis sobre os préstamos • Os libros préstanse por un período de 15 días. Este período poderase renovar unha soa vez. • Cada lector/a poderá ter en préstamo en cada momento un máximo de tres libros. • Os libros de consulta (enciclopedias, dicionarios e similares) poden consultarse na biblioteca, pero non se prestan.
Ordenadores Os ordenadores da biblioteca están a disposición da comunidade educativa para a realización de traballos e a busca de datos en Internet etc., pero...
A orde dos libros Os libros están ordenados por materias, hai rótulos dos temas colgando do teito e todos os andeis están rotulados, pero ademais de mirar os carteis dos andeis, deberías saber que... - Os libros de case todas as bibliotecas están clasificados de acordo cun sistema que se chama CDU (CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL).
0: Obras xerais: enciclopedias, dicionarios... 1: Filosofía. Psicoloxía. Ética. 2: Relixións. 3: Ciencias Sociais: economía, dereito... 4: Libre, por agora. 5: Ciencias Exactas e Naturais: Matemáticas, Física, bioloxía... 6: Ciencias aplicadas: Medicina, Tecnoloxía... 7: Arte. Xogos. Música. Espectáculos. Deportes... 8: Lingua e Literatura. Lingüística 9: Xeografía. Biografías. Historia. ESTES NÚMEROS (A CDU) ÚSANSE EN CASE TODAS AS BIBLIOTECAS DO MUNDO!
A orde dos libros(seguimos) - O número da CDU aparece nos rótulos dos andeis e na ETIQUETA (chámase tejuelo en castelán) que hai no lombo do libro onde tamén hai outros datos para a ordenación dos libros.
Isto é unha etiqueta Isto é unha etiqueta e o número da primeira fila corresponde áCDU (a materia).
Máis CDU Cando nunha determinada materia hai libros de diferentes submaterias engádenselle máis cifras ao número da CDU. Por exemplo, dentro do apartado 5 da CDU (Matemáticas e Ciencias Naturais) podemos atopar estes subapartados: 51: Matemáticas 53: Física 59: Zooloxía Pero non é necesario que te aprendas de memoria estes números, porque HAI RÓTULOS POR TODAS PARTES e na biblioteca HAI TÁBOAS DA CDU e PLANOS.
Seguimos coa orde dos libros Dentro de cada apartado, os libros están colocados por orde alfabética de autores e, dentro de cada autor, por orde alfabética do título das obras... E ESTES DATOS TAMÉN ESTÁN NA ETIQUETA • As TRES LETRAS MAIÚSCULAS que hai na fila do medio corresponden ás tres primeiras letras do APELIDOdo autor/a. • E as tres letras minúsculasda última fila son as tres primeiras letras do TÍTULOdo libro (sen artigos).
E AGORA, ALGO ESPECIAL Neste instituto utilizamos un sistema “noso” para referirnos aos xéneros literarios e ás linguas (todos os centros educativos adaptan a CDU ás súas necesidades): OS XÉNEROS LITERARIOSAS LINGUAS Né Narrativa G é Galego T é Teatro E é Español P é Poesía I é Inglés FR é Francés L é Latín GR é Grego REPASA ESTA INFORMACIÓN, PARA DICIR DE QUE MATERIA SON OS LIBROS DA SEGUINTE DIAPOSITIVA
Estes libros son de… NARRATIVA EN GALEGO, CLARO!
En resumo: para atopar un libro basta que mires… E O MÁIS SINXELO: OS CARTEIS QUE HAI NO TEITO E NOS ANDEIS A TÁBOA DA CDU O PLANO DA BIBLIOTECA E O PROFESORADO ENCARGADO ESTARÁ ENCANTADO DE AXUDARTE! ESTÁ TODO NA BIBLIOTECA
E podes saber en calquera lugar do mundo se un determinado libro está ou non na nosa biblioteca na nosa páxina no chamado Proxecto Meiga, do que formamos parte: www.biblioraices.blogspot.com http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED089 Pero como esta dirección é un lío, tes enlaces a esta páxina no Blog da biblioteca: e na páxina web oficial do noso Centro, na sección da Biblioteca: • centros.edu.xunta.es/iesagraderaices