1 / 23

TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA

TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA. C.E.I.P. ISAAC PERAL. TÁBOA REPRESENTATIVA DOS ESTUDIOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA. Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de Educación LOE. Lingua estranxeira dende os 6 anos.1º curso.

angie
Download Presentation

TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA C.E.I.P. ISAAC PERAL

  2. TÁBOA REPRESENTATIVA DOS ESTUDIOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA

  3. Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de EducaciónLOE • Lingua estranxeira dende os 6 anos.1º curso. • Educación para a cidadanía e os dereitos humanos,no 3º Ciclo, 6º curso. • As áreas que teñan carácter instrumental para a adquisición doutros coñecementos recibirán especial consideración. • Coa finalidade de fomentar o hábito da lectura dedicarase un tempo diario a esta. • Poderán impartirse materias en Lingua estranxeira.

  4. Porase especial énfase na atención á diversidade. • Prevención das dificultades de aprendizaxe e posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades. • Reforzo da acción titorial e a Orientación. • Só se poderá repetir unha vez en toda a Primaria. Nese caso, haberá un plan específico de reforzo das competencias básicas.

  5. Competencias básicas • 1- C. en comunicación lingüística. • 2-C. Matemática. • 3- C. No coñecemento e interacción co mundo físico. • 4- Tratamento da información e competencia dixital. • 5- C. Social e cidadá. • 6- C. Cultural e artística. • 7- C. Para aprender a aprender. • 8- Autonomía e iniciativa persoal.

  6. Avaliación de diagnóstico • Ao finalizar o 2º ciclo da educación primaria todos os centros realizarán unha avaliación de diagnóstico censal das competencias básicas alcanzadas polo seu alumnado. • Terá carácter formativo e orientador para os centros e informativo para as familias e para o conxunto da comunidade educativa.

  7. HORARIO E. PRIMARIA

  8. Educación Primaria (6-12 anos) Etapa dividida en tres ciclos: • O 1º ciclo: agrupa a nenos e nenas de 6 a 8 anos. • O 2º ciclo : de 8 a 10 anos • O 3º ciclo: de 10 a 12 anos Preténdese: • Que as nenas e os nenos afiancen o seu desenvolvemento persoal e o seu benestar, • Que adquiran as habilidades básicas relativas á expresión e comprensión oral, á lectura, á escritura e ao cálculo así como • Que desenvolvan as habilidades sociais, os hábitos de traballo e estudio, o sentido artístico, a creatividade e a afectividade.

  9. Educación Primaria(6-12 anos) A etapa de Educación Primaria é o segundo tramo da escolaridade. Ao longo desta etapa o neno ten que acadar uns coñecementos que lle permitan entrar a formar parte do mundo no que está integrado, en especial da sociedade á que pertence. A familia é a primeira educadora e desempeña un papel importante neste proceso de adquisición de aprendizaxes.

  10. ¿CÓMO SON OS NENOS E NENAS NESTE CICLO? • Neste ciclo, os nenos e nenas seguen un proceso madurativo, iniciado anteriormente, nos aspectos físico, psíquico e social. • A súa linguaxe é bastante máis rica e estructurada e, normalmente, domina a pronunciación de todos os fonemas. Pode expresar con moita fluidez e coherencia as experiencias vividas ou as actividades realizadas

  11. AUTONOMÍA PERSOAL A súa actitude respecto aos adultos aínda é de dependencia. Pero rápidamente pódese observar que se inicia un proceso de autonomía. O papel da familia é de novo moi importante, animándoos a realizar pequenas tarefas por si mesmos e a que se vaian planificando respecto as tarefas escolares e ao aprendizaxe que teñan que realizar. Unha axuda innecesaria, atrasará ese proceso

  12. DESENVOLVEMENTO INTELECTUAL Compre colocar aos nenos e nenas en situacións de dúbida, é dicir, situacións que axuden a debater, a discutir, a razoar, a expoñer cuestións,etc. sobre o que lle interesa, o que está estudiando e a adoptar unha resposta ante unha situación determinada. Hai dous factores fundamentais que favorecen a aprendizaxe: a motivación e a comprensión. Tamén interveñen outros factores como a atención, o razoamento, a lóxica, os coñecementos acumulados, etc.

  13. RAZONAMENTO ? ?

  14. ATENCIÓN

  15. LÓXICA Cambia tres paliños de posición para que a figura triangular quede para abaixo en vez de para arriba. plu po __________ pul

  16. RELACIÓNS SOCIAIS Decatámonos de que non somos o centro do mundo. NOVA DO MUNDO: As relacións persoais vanse descubrindo mediante as actividades que realizamos co grupo. Somos moi sensibles á igualdade no trato.

  17. ACTITUDE CO TRABALLO A tarefa máis importante da etapa é a adquisición dos procedementos das materias instrumentais, isto é, ler e escribir. Os nenos e as nenas teñen que practicar e xeneralizar na casa unha serie de actitudes que lles serán ensinadas na escola. Compre organizar e posibilitar algunha tarefa que poidan realizar, esixíndolle un grao de responsabilidade suficiente para que poidan sentir o pracer de realizar unha actividade útil.

  18. Competencia lectoescritora SGEUN UN ETSDUIO DE UNA UIVERSIDIAD IGNLSEA, NO IPMOTRA EL ODREN EN EL QUE LAS LTEARS ETSAN ERSCIATS, LA UICNA CSOA IPORMTNATE ES QUE LA PMRIREA Y LA UTLIMA LTERA ESETN ECSRITAS EN LA PSIOCION COCRRETA. EL RSTEO PEUDEN ETSAR TTAOLMNTEE MAL Y AUN PORDAS LERELO SIN POBRLEAMS. ESTO ES PQUORE NO LEMEOS CADA LTERA POR SI MSIMA, SNIO LA PAALBRA EN UN TDOO. PRESNOAMELNTE ME PREACE ICRNEILBE. TNATOS AOÑS DE COLGEIO A LA……….. (Quitado de Internet)

  19. Temos obrigas: O colexio, informar ; os pais , preguntar Os nenos deben de contar o que fan no colexio, igual que transmiten na aula o que lles acontece na casa Sempre que dende a familia non se comprenda o que se está a facer na escola , hai que preguntar, porque as cousas as veces non son o que parecen e quen resolve non é o pai ou nai do compañeiro na porta do colexio: quen sabe do neno é o profesor/a

  20. XOGAR COS VOSOS FILLOS E FILLAS ENRIQUECE AS VOSAS RELACIÓNS Convén facer os xogos a gusto. Non deben presentarse coma tarefas obrigatorias, aínda que é importante animar a esforzarse. Resultan atractivos en se mesmos. Non se deben empregar premios, castigos, competicións... • Adicar o tempo necesario, evitando o cansazo. Valorar aos fillo/as: Non valorar os erros como fracasos. Aceptar eses fracasos nos xogos axuda a superar contrariedades futuras Se ao nenos ou nenas lles resultan doadas estas actividades, búscalle outras similares pero máis complicadas. Pensemos ademais que cada un aprende ao seu ritmo Cando comeza unha actividade, débea rematar

  21. Familia /Escola Esta é a relación que debemos manter familia é escola: negociar, colaborar, comunicar pero non rifar porque, deste xeito, ninguén come

  22. Axudémoslles a voar Un rei , dándose conta de que xa non podía ensinar as súas fillas, levounas ao mellor sabio do mundo. As nenas preguntaron e preguntaron ao sabio, quen sempre tiña a resposta axeitada. As nenas decidiron sorprender ao home cunha pregunta xenial a que non puidera dar resposta. -Atraparemos nas nosas mans unha bolboreta, e preguntarémoslle se pensa que está viva ou morta. Se di que viva, aplastámola e se di morta, abrimos as mans e a deixamos voar. Nunca dará a resposta correcta Así foi. A resposta que deu o sabio foi a seguinte: -A vida da bolboreta está nas vosas mans. Depende de vós A vida dos nenos e nenas está nas mans de todos: FAMILIA+ESCOLA

  23. Benvidos á educación primaria Por unha boa convivencia na nova etapa que estamos a comenzarMoitasgrazas

More Related