210 likes | 431 Views
O CARBALLO. Traballo de investigación feito polos alumn@s de 6ºB. Colexio Vidal Portela Pontevedra. Curso 2006-07. O CARBALLO. QUE QUEREMOS SABER?. Curso 2006-07. Que é o CARBALLO?.
E N D
O CARBALLO Traballo de investigación feito polos alumn@s de 6ºB. Colexio Vidal Portela Pontevedra. Curso 2006-07
O CARBALLO QUE QUEREMOS SABER? Curso 2006-07
Que é o CARBALLO? É unha árbore máxica e lexendaria, moi abundante en Galicia, de elevada estatura, tronco moi ramificado na parte superior formando unha abundante copa de formas caprichosas e maxestuosas. É unha árbore de grande resistencia que se adapta a calquera terreo. De crecemento lento alcanza a vivir moitísimos anos.
Onde vive? que son as CARBALLEIRAS? Vive en calquera tipo de terreo, incluso en lugares de pouca terra, pero preferentemente vive nas ladeiras suaves de pouca pendiente. Os bosques de CARBALLOS son as CARBALLEIRAS, lugares máxicos onde tradicionalmente facíanse as festas populares con comida, viño, música, bailes, namoramentos, … e son as protagonistas de numerosas cantigas: “Carballeira de San Xusto, carballeira ben chamada naquela carballeiriña perdín a miña navalla”.
Por que se di que é a árbore máis simbólica de Galicia? Por que é unha árbore moi abundante en Galicia. Houbo un tempo que un esquio podía recorrer Galicia saltando de carballeira en carballeira sen tocar o chan. A árbore do carballo é a máis grande, a máis forte, é a árbore dos deuses.
Cal é o seu nome científico? QUERCUS ROBUR
Como se chama en castelán, en inglés, en francés, ...? Castelan = roble Inglés = oak-tree Francés = chêne
Vive moitos anos? Os carballos viven moitísimos anos. Polo xeral viven unha media de 500-600 anos, pero coñecense exemplares de máis de mil.
Canto pode chegar a medir? Os carballos son árbores moi altas e fortes. Poden chegar ós 50 m. de altura.
Como se reproduce? En abril-maio florece o carballo. Cada árbore ten flores masculinas e femeninas, que están separadas pero na mesma árbore. As flores masculinas son racimos colgantes, amarelentos que saen das ramas. Cada flor ten 5 ou 10 estambres e 5 ou 7 pétalos. As flores femininas son 2 ou 3 colocadas no ápice dun longo pedúnculo e rodeadas dunha cuberta escamosa de cor vermella. Das flores saen os froitos “as landras” que se as deixamos xerminar dan lugar a novas plantas de carballo.
Canto tarda en medrar, en ser adulto? É unha árbore de crecemento lento, comenza a ser adulto a partires dos 6-10 m. de altura. Entre os 80 anos e os 150 anos a árbore ten a madeira moi aproveitable para facer mobles.
Que froitos da e para que serven os seus froitos? As LANDRAS. Maduran en setembro e caen en outubro – novembro. As landras son colgantes sobre un longo pedúnculo. A caperuza ten unhas escamas planas. Non debemos confundir os froitos coas AGALLAS que son bolas do tamaño dunha noz con picos, que están producidos pola picadura dun insecto da familia dos Cinípedos para facer a súa posta.
Como son as follas? Os carballos son árbores de folla caduca. Grandes, simples e con disposición alterna, sen pelo. Polo haz son dun verde máis intensa e polo envés son dun verde máis clara e cos nervos moi marcados. Teñen un peciolo corto e os bordes lobulados con lóbulos pouco profundos.
Como son as flores? Os carballos son monoicos, a mesma árbore ten flores masculinas e femininas que xorden á vez a finais da primavera. As flores masculinas, que consisten en entre 6 e 8 estames, aparecen sobre amentos en forma de pompón no extremo das poliñas novas. Os amentos son duns 2 a 4 cm., moi delgados e de cor amarela pardusca. As flores femininas aparecen sobre espigas pedunculadas que xurden das axilas das follas. Son de forma redonda e tamaño reducido. Cada espiga dá unhas 3 flores que posúen uns estigmas de cor vermella moi característicos.
En que zonas de Galicia hai máis carballeiras? En toda Galicia hai CARBALLEIRAS. As máis famosas estan en Lugo: Carballeira do Pazo de Cartelos Pontevedra: Carballeira de San Xusto, carballeiras da Crespa, do Rodo e de Barcia, sendo esta última a máis singular por contar con centos de carballos perfectamente aliñados en ringleiras. Ourense: Carballeira de Maceda.
Hai carballos noutras zonas do mundo? En toda Europa existe a árbore do Carballo. O carballo esténdese pola maior parte de Europa e en España circunscríbese principalmente ó norte da península, Unha característica das carballeiras é que ainda que sexa a árbore dominante permite o desenrolo de outras especies, árbores de folla perenne.
Que animais viven na árbore. Facemos deseños dos animais que viven nela.
Por que ten fama de ser unha árbore máxica e lexendaria? O carballo era a árbore preferida de Zeus, Plinio dí que os carballos precederon ós homes na creación O noso folclore está cheo de referencias a esta árbore e, o feito de que existan máis de 600 topónimos galegos nos que se lle fai referencia, xustifica a importancia desta especie na nosa historia. Xa para os celtas era unha árbore sagrada, polo que as súas follas non faltaban nas súas cerimonias. Os romanos otorgábanlle tamén un valor sagrado pola súa fortaleza, e aqueles lugares onde existían grandes carballeiras eran nominados como Lucus, o nome latino da cidade de Lugo, polo que se supón que Lugo era antes un bosque sagrado.O último representante do bosque sagrado lugués foi o chamado roble de San Vicente, talado en 1680 para facer as obras do claustro do convento de Santo Domingo.
CARBALLOS famosos que hai en Galicia: deseños, historia, etc. O exemplar máis famoso de carballo é o que se atopa na parroquia de Mourente. conta a lenda que o redor do seu tronco xogaba o escritor e botánico Martín Sarmiento. A árbore esta sendo sometida a coidados intensos pois como ten moitos anos esta moi delicada e soporta pouco a contaminación. Algúns carballos están consagrados a santos como é o caso do carballo de Santa Mariña das Augas Santas ou o carballo de San Antonio no Pazo de Vilar de Francos en Carballo. Os dous teñen unha lenda en común que di que cando se lle produce unha ferida no tronco sangran. Nos dous casos atribúen este feito ós milagres dos respectivos Santos.Na carballeira do pazo de Cartelos no concello de Carballedo (Lugo) subsiste un exemplar, que pode ser o máis vello do mundo desta especie. A súa idade non se coñece con exactitude, pero o feito de que unha das pólas derrubadas polo ciclón Hortensia en 1984 tivera 800 anos, danos unha estima da súa idade, que podería rondar os 1500. O seu competidor inmediato é un carballo en Suiza de 930 anos.
Poema inventado, adicado o carballo Carballo, árbore de Galicia Arbore máxica Resoan o vento as túas follas Bicos das o ceo Amor ós paxariños Lazo de alianza para os campesiños Lingote de ouro para os descoñecidos Ocres son as túas follas en outono. Carballo, carballo, carballo!!!