270 likes | 464 Views
ELABORACIÓN DUNHA CURTA. PROCESOS BÁSICOS. 1.- Elaboración do guión. 2.- Plan de rodaxe. 3.- Rodaxe. 4.- Postprodución. 1.- Elaboración do guión. Idea Sinopse Guión literario Guión técnico Storyboard. I.- Idea. Idea orixinal ou adaptada. Resumo da historia en 5-10 liñas.
E N D
PROCESOS BÁSICOS 1.- Elaboración do guión. 2.- Plan de rodaxe. 3.- Rodaxe. 4.- Postprodución.
1.- Elaboración do guión. • Idea • Sinopse • Guión literario • Guión técnico • Storyboard
I.- Idea • Idea orixinal ou adaptada. • Resumo da historia en 5-10 liñas
II.- Sinopse • Desenvolvemento da idea de forma máis extensa, mantendo unha visión xeral pero profundizando nos acontecementos xerais da historia. • 1-2 folios
III.- Guión literario • Desenvolvemento total da historia de forma semellante a unha obra teatral. • Debe plasmar a historia da forma máis fidedigna posible. • Normalmente as historias constan de planteamento, nó e desenlace. • Debemos ter claro os puntos de interese para o espectador, mantendo un mínimo ao longo de toda a obra e incidindo nos momentos clímax.
Elementos do guión literario • Secuencias e escenas • Personaxes • Diálogos • Son
a) Secuencias e escenas • As secuencias agrupas ás escenas relacionadas. • Están ordenadas dende a primeira á última cun número. • Ao comezo de cada escena ten que aparecer a información relevante que debemos ter en conta, como por exemplo: • Día/noite • Exterior ou interior...
b) Personaxes • Nas distintas escenas poden aparecer diferentes personaxes. • Para cada un, debemos especificar co maior detalle posible: • Vestiario axeitado • Aparición na escena • Emocións expresadas... • Recomendacións para o actor ou actriz que sexan pertinentes
c) Diálogos • Os diálogos de cada un dos personaxes queda definido no guion literario. • Debemos indicar, se é necesario: • Os cambios de ritmo na fala • O tono • Os silencios dramáticos...
e) Son • Indicaremos se a secuencia ten voz en off cando sexa necesario. • É importante sinalar os sons ambientais que deben aparecer.
IV.- Guion Técnico • Debe conter toda a información necesaria para que o director (que pode ser unha persoa diferente ao guionista) poda seguir a idea orixinal. • Incluirá información xa aparecida no guión literario pero tamén a información técnica específica para cada escena, como: • Tipo de plano • Posición e movementos da cámara • Tempo de cada escena
Tipos de planos • Plano Xeneral Longo (PGL): É un plano moi distante que pretende dar unha visión moi xeral. Por exemplo, unha paisaxe rodeando aos personaxes. • Plano Xeral (PG): Abarca aos personaxes de corpo enteiro pero con amplitude. • Plano Enteiro (PE): Amosa o corpo dos suxeitos a tamaño natural. • Plano Americano (PA): Amosa aos personaxes dende os xeonllos ata a cabeza. • Plano Medio (PM): Dende a cintura. • Primeiro Plano (PP): Centra a atención na faciana do suxeito. Se é máis próximo fálase de primerísimo plano. • Plano Detalle (PD): centra a atención nunha parte diferente do corpo ou sobre algún obxecto.
Angulacións • Plano zenital: perpendicular á superficie. • Plano picado: tomado lixeiramente por enriba dos personaxes. • Plano contrapicado: tomado lixeiramente por debaixo dos personaxes, coa cámara inclinada cara arriba. • Plano frontal • Perfil
V.- Storyboard • O storyboard é unha versión en formato cómic do guion, para que o director poda ver un resultado semellanter ao final. • O seu obxectivo é presentar de forma gráfica o guion literario seguindo as instruccións do guion técnico. • Pode facerse a man ou mediante medios dixitais. • Non é obrigatorio, pero é especialmente útil para a realización de animacións.
3.- Plan de rodaxe • Antes de iniciar a rodaxe é imprescindible establecer un plan de rodaxe moi definido para optimizar o tempo e os medios que se utilizarán na rodaxe. • Como principios xerais, hai que ter en conta: • As escenas normalmente ródanse en orde totalmente diferente á orde final na montaxe. • Convén rodar todas as escenas que teñan lugar nun mesmo escenario antes de cambiar de localización. • Pode haber personaxes que non interveñan nunha serie de escenas. • As condicións ambientais determinarán tamén o momento da rodaxe.
4.- Rodaxe • O xefe de produción é o encargado de que todos os elementos e técnicos estean na súa posición. • O director pode dar indicacións aos actores que non aparezan no guion técnico. • Os encargados de vestiario e atrezzo serán responsables do aspecto dos actores e do escenario. • É importante ir anotando as escenas gravadas, co gallo de non repetir de forma innecesaria.