400 likes | 566 Views
Lise Meitner Historia dunha inxustiza. Daniel Carvajal Alonso (1º BACHARELATO) Ciencias para o mundo contemporáneo 2008-2009 IES Otero Pedrayo.Ourense. Profesora: Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Primeiros pasos.
E N D
Lise Meitner Historia dunha inxustiza Daniel Carvajal Alonso(1º BACHARELATO) Ciencias para o mundo contemporáneo 2008-2009 IES Otero Pedrayo.Ourense Profesora: Carmen Cid Manzano
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Primeiros pasos • Lise Meitner naceu en Viena no 1878 nunha familia culta de orixe xudea. • Durante os seus estudos secundarios comezou a interesarse pola Física. • Ingresou na Universidade de Viena no 1901, onde se doctorou no 1907. Foi a segunda muller que conseguiu licenciarse en Física
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense En Berlín Planck en 1929 Foi a Berlín a seguir as clases de Max Planck. Alí coñeceu o químico Otto Hahn, con quen traballou 30 anos.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense A relación persoal entre Otto e Lise • Sempre se trataron de “vostede”. • Malia estableceren un vínculo especial, descartaron lazos máis fondos. • En 1912, Otto casou cunha estudante de Arte. • Lise restoulle importancia. Nunca se comprometeu con ninguén.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Dende moi nova, Lise Meitner renunciou a unha vida persoal para dedicarse por completo á Física.
“Hähnchen déixame iso a min, ti de física non tes nin idea.” I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense A pesar de que na fotografía parece unha simple axudante de Otto Hahn a realidade é que ela era a que sabía de Física.
Lise, por ser muller, non puido traballar na Universidade, polo que foi a unha fundación privada, o Instituto Kaiser Wilhelm, como simple invitada (sen salario). O seu lugar de investigación era un alpendre de madeira e non podía utilizar a mesma porta que os homes nin entrar noutros lugares do centro. Instituto Kaiser Wilhelm (actualmente edificio Otto Hahn)
A 1ª Guerra Mundial interrompeu as investigacións. Meitner traballou como voluntaria en hospitais eHahnalistouse no exército. Malia estas circunstancias, escribíanse regularmente. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Despois da Primeira Guerra Mundial Meitnervolveu a Berlín e recibiu o título de profesora universitaria. Un título inútil polo momento porque, como muller, non tiña dereito a ensinar.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense O protactinio En 1918, Meitnerconseguiu identificar un novo elemento radioactivo que se formaba a partir do uranio, o protactinio, de número atómico 91. É un elemento metálico que pertence ao grupo dos actínidos. Meitner asinou o descubrimento co seu nome e o de Otto. Posteriormente atopáronse isótopos máis estables do protactinio en minerais naturais.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense En 1922 puido dar por primeira vez clases de Física e, catro anos despois, converteríase na primeira profesora da Universidade de Berlín.
Lise Meitner Marie Curie Irène Joliot Lise Meitner ocupou un lugar destacado no mundo da Física. Bohr Rutherford Schrödinger De Broglie Un grupo de científicos participantes na 7ª Solvay Conference, Bruxelles (October 1933). I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Novos avances demostraron que o neutrón podería servir para investigar o núcleo atómico. Segundo o científico italiano Enrico Fermi, poderíanse crear novos elementos bombardeando ao uranio con neutróns. Enrico Fermi
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense O proceso Masa atómica Novo elemento (nº neutróns + nº protóns) Uranio resultante Uranio do que partimos O neutrón no núcleo divídese en: Nº atómico (nº de protóns) -Un protón que queda no núcleo. Neutrón de baixa velocidade que lanzamos ao núcleo do uranio -Un electrón que sae disparado (partícula ß)
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Lise Meitner e OttoHahn volvéronse xuntar en 1934 para experimentar a hipótese de Fermi.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense En 1933, Hitler chegou ao poder. Meitner era protestante pero de ascendencia xudea, polo que foi expulsada da Universidade de Berlín, pero non dos Institutos Kaiser Wilhelm, posto que eran privados.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Exilio En 1938, moitos científicos querían desfacerse dela porque, ao ser xudea, puña en perigo ao Instituto e encargáronlle a Hahn que a botara. Entón, el axudouna a fuxir do país, posto que se prohibira a emigración de científicos.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense A fuxida • Atravesou a fronteira ata Holanda. • Chegou a Dinamarca, onde foi acollida por Bohr, para quen traballaba o seu sobriño Otto Frisch (físíco tamén como ela). • Por último, chegou a Estocolmo (Suecia).
Lise chegou a Estocolmo en 1938 sendo acollida friamente e realizando un traballo moi por debaixo das súas posibilidades. O contacto co seu equipo de Berlín non se perdeu de todo. Hans e Meitner atopáronse en Dinamarca de xeito clandestino e decidiron proseguir a súa relación por carta. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense A partir dese intre, Liseguiaba a Hahn e o seu axudante Strassmanpaso a paso por correspondencia, e eles escribíanlle os resultados dos seus experimentos.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense En Suecia Meitnertraballou na investigación atómica no instituto Manne Siesbahla, da Universidade de Estocolmo. Universidade de Estocolmo En Suecia viuse discriminada, xa non polasúaorixexudea, senón por ser muller, o que supuxo un atranco para o seurecoñecemento posterior.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Hahnescribiu unha carta aLisee contoulle o contratempo atopado nun experimento que realizara co seu axudante Frizt Strassman. Ao bombardear un átomo de uranio cun feixe de neutróns de baixa velocidade apareceu bario e kriptón??? e unha enerxía desmesurada????
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Unha parella convidou a Meitnere ao seu sobriño Frisch, a pasar o Nadal con eles no oeste de Suecia. Alípuido centrarse no problema que llexurdira a Hahn no experimento e que lle explicara nasúa carta, e comentalocoseusobriño. Otto Robert Frisch
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Decatáronse de que un dos elementos obtidos por Otto, o núcleo de bario, tiña aproximadamente a metade da masa do uranio, e suxeriron a posibilidade de que os neutróns non crearan un novo elemento, senón que fragmentaran o uranio. Ver animación: http://www.edumedia-sciences.com/es/a59-fision Diagrama da fisión dun átomo de uranio.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Nesa época, o átomo era comparado cunha pinga de auga, así que imaxinaron que sería posible que, se unha pinga é demasiado grande, se dividise noutras dúas de menor tamaño. Chamáronlle “fisión nuclear” a este proceso por analoxía á fisión celular.
Calcularon que a enerxía necesaria para contrarrestrar a forza nuclear forte que mantén unidos ás partículas do núcleo de uranio era de 200 MeV (200 millóns de electrón-voltios). • Meitnerchegou á conclusión de que a suma dos núcleos resultantes da división de uranio sería, aproximadamente, 1/5 menor cá do núcleo orixinal. • E, segundo a ecuación de Einstein, 1/5 da masa dun protón equivale a… 200 MeV. Sacaron papel e lapis e alí se puxeron a facer cálculos. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
Pero Otto Hahn, no laboratorio só introducira neutróns no núcleo, non enerxía. Os cálculos de Meitner demostraron por que non era preciso aportar enerxía para que rompese o núcleo do uranio: a enerxía estaba no seu núcleo. O que facía o neutrón era volver inestable o núcleo de uranio, de forma que permitía que se liberase enerxía en forma de radiacións (raios gamma) e o núcleo rompía. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense O experimento segundo Lise Meitner O que aconteceu no laboratorio de Hahn foi o que representa a seguinte ecuación. Nesa reacción pérdense 1,660737x10-23 gramos que se transforman en 177 MeV, aproximadamente o que calculara Meitner. Átomos resultantes da fisión do uranio Átomo de uranio orixinal Neutróns liberados, que poden fisionar outros átomos (reacción en cadea). Neutrón de baixa velocidade
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Lise Meitner escribiulle a Otto Hahn para contarlle o que descubrira. Hahn publicou o descubrimento da fisión sen tan sequera mencionar a Meitner. Retrato de Meitner e Hahn.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense RobertFrisch (o sobriño de Meitner) desenvolveu a teoría da reacción en cadea, que demostraron Szilárd e Fermi. Szilárd e Einsteineniváronlle unha carta ao presidente dos EEUU, Roosevelt, na que se advertía dos perigos que conlevaría unha reacción en cadea nunha gran masa de uranio. O resultado desta carta foi o Proxecto Manhattan que levou ao desenvolvemento da bomba atómica en 1945.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Meitnernunca quixointervirneseproxecto, poisdicía que a fisión nuclear só debería empregarse para fins pacíficos. En 1946, fixounha visita aos EEUU e a prensa referiuse a elacoalcume de “nai da bomba atómica”. A bomba rematouse en 1945
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense O Nobel para Otto En 1944, a Academia Sueca das Ciencias concedía o premio Nobel a Otto Hahn. Non só non fixeronningunha mención a Meitner, senón que Hahntentouborrala da historia. Nalgunhas entrevistas afirmaba que Meitner non foramáis que unhaaxudante de laboratorio (xusto o contrario do que acontecera en realidade) e, logo, mesmofixo como que non a coñecía. Strassman, en desacordo coa actitude de Hahn, renunciou á parte do premio que lle ofrecía.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Meitnernunca se queixou por non conseguir o premio Nobel, se cadra porque non quería que o seu nome se relacionase á fisión nuclear, xa que rexeitara traballar co exército aliado durante a guerra na fabricación da bomba atómica.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Lise Meitner nos últimos anos da súa vida xunto Frizt Strassman (esquerda) e Otto Hahn (dereita) .
Unha muller adiantada ao seu tempo 1936 I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Que unha muller chegase a desenvolver unha carreira tan espectacular no mundo da ciencia nas primeiras décadas do século XX era un sinal inequívoco de xenialidade.
Aínda que tarde, o mérito de Lise Meitner foi recoñecido • Premio Lieben (1925). • Medalla Max Planck (1949). • Medalla Otto Hahn (1954). • Enrico Fermi Award (1966). • En 1982, grazas ás feministas do mundo académico que se interesaron pola súa carreira, déuselle o seu nome ao elemento 109 da Táboa Periódica (meitnerio). I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Lise Meitner morreu con 90 anos en Cambridge,Inglaterra, en 1968. Na súa tumba pódese ler: “unha física que nunca perdeu a súa humanidade”.
FONTES DE INFORMACIÓN http://www.edumedia-sciences.com/es/a59-fision http://es.wikipedia.org/wiki/Lise_Meitner http://personales.ya.com/casanchi/ref/meitner01.htm http://es.wikipedia.org/wiki/Otto_Hahn http://es.wikipedia.org/wiki/Otto_Robert_Frisch http://es.wikipedia.org/wiki/Fisi%C3%B3n_nuclear http://es.wikipedia.org/wiki/Protactinio A información Online foi obtida en febreiro do 2009 I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
Libros consultados: Bodanis, D. (2002): E=mc2. La biografía de la ecuación más famosa del mundo. Barcelona:Planeta divulgación. Bernal Martínez et al (2008): Ciencias para el Mundo contemporáneo. Aproximaciones didácticas. Madrid: FundaciónEspañola para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) En: http://www.fecyt.es/fecyt/docs/tmp/908170205.pdf FONTES DE INFORMACIÓN