60 likes | 317 Views
Subordinadas concesivas. Son subordinadas adverbiais impropias que expresan un atranco, obxección ou dificultade para o dito na proposición principal, sen que iso impida o seu cumprimento. Xogan a función de Mod Or. Significado. Atranco para a acción principal ….
E N D
Subordinadas concesivas Son subordinadas adverbiais impropias que expresan un atranco, obxección ou dificultade para o dito na proposición principal, sen que iso impida o seu cumprimento. Xogan a función de Mod Or.
Significado Atranco para a acciónprincipal … Aínda que a mona se vista de seda, mona se queda. … a cal se cumprea pesar de todo.
Z Z Z Libertade de posición AÍNDA QUE ESTEADES FARTOS SEGUIREI CON ISTO , , , ,
3ª pers. sing. S Enl SAdv Atr N CC ReflImpr N SV P SN S SV P Trasp Modelo de análise Ainda que Xoel se rí, está triste por dentro. está triste por dentro. Aínda que Xoel se ri, Mod OrSub Adv impropia concesiva Prop principal O complexa
Outros transpositores concesivos Así te escondas, atopareite. Mal que me pese, xa non falo con ela. Por máis que me ignores, seguireite querendo. Só rozou a súa man, ben que a súa intención era clara. Se ben Machado naceu en Andalucía, formouse en Madrid. Aínda cando Leonor morreu xove, amaríaa sempre. Escríbeme algo axiña, sequera sexan unhas letras. Teño moito sono, a pesares de que durmín ben.
Autor Alfonso Sancho Rodríguez sancho1@mixmail.com //personal.telefonica.terra.es/web/apuntesasr Adaptación ao galego Efrén Vázquez mixiricas@hotmail.com www.trompiletras.com www.trompiletrasgalegas.net