220 likes | 332 Views
PENSIÓNS de XUBILACIÓN. Reforma das pensións:. Ata 1985: 10 anos cotizados para poder acceder a unha pensión contributiva A base reguladora calculase polos dous últimos anos cotizados Reforma das pensións 1985
E N D
Reforma das pensións: • Ata 1985: • 10 anos cotizados para poder acceder a unha pensión contributiva • A base reguladora calculase polos dous últimos anos cotizados • Reforma das pensións 1985 • Aumenta o período mínimo de cotización para acceder a unha pensión de 10 a 15 anos • Amplía o período de cálculo da pensión de 2 a 8 anos • O aumento das pensións será en función do IPC previsto
Como se calcula a pensión: • As dúas principais variables que determinan a contía das pensións contributivas son o período de anos nos que se cotizou e o soldo que se cobrou. - Anos cotizados: • Desde 2002, o mínimo de anos que hai que cotizar para recibir a prestación é de 15. • Neste caso, só tense dereito a cobrar un 50% do salariopercibido. • A medida que este período amplíase, entre 15 e 25 anos, a cantidade a percibir aumenta a razón de 3 puntos por cada exercicio de máis que se contribúa ás arcas do Estado. • A partir dos 25 anos cotizados, o incremento por ano é de 2 puntos.
Como se calcula a pensión: • Xa que logo, a modo de exemplo, se se estivo cotizando durante 27 anos, cóbrase o 84%. • Para garantirse unha pensión equivalente ao 100% da base reguladora hai que pagar á Seguridade Social durante 35 ou máis anos. • Cando se cumpran os 65 anos e se teña cotizado 35 ou máis anos, por cada ano que se continue na actividade laboral ata a xubilaciónefectivaacadaraun 2% adicional ao 100%
Como se calcula a pensión: • Soldo e período de cómputo: • Aínda que o resultado sempre será mellor canto máis tempo se cotice, para fixar a contía da pensióntéñense só en conta os salarios dos últimos 15 anos, que xeralmentecoincidencosdunmellor soldo. • Base reguladora: Calcúlasedividindo por 210 as bases de cotización do traballador durante os 180 meses inmediatamente anteriores. os últimos 24 meses son a valor nominal e os anteriores actualízanse en función da evolución que experimente o indice de prezosao consumo.
Como se calcula a pensión: • Así, se unha persoa estivo cotizando á Seguridade Social durante 27 anos e cobrou a hipotética cifra media de 1.000 euros brutos ao mes durante os últimos 15 anos, terá dereito a unha primeira pensión de 720 euros ao mes. • A cifra equivale do resultado de multiplicar a (base de cotización) por 180 mensualidades (os 15 anos do período de cómputo) e dividida por 210. A cantidade resultante aplicase o 84% (polos anos cotizados) • Esta cantidadeincrementabase ao longo da xubilación na mesma proporción que o incremento do IPC. • No ano 2.011 anulaseiste incremento
Importe Pensión Xubilación • Pensións contributivas O importe a percibir como consecuencia do señalamiento inicial das pensións públicas non poderá superar durante o ano 2.011 a contía íntegra de 2.497,91 euros mensuais, sen prexuízo das pagas extraordinarias que puidesen corresponder ao seu titular e cuxa contía tamén estará afectada polo citado límite.
Importe Pensión Xubilación • A pensión media é de 876€/mes. En Galiza, de 728€. Esta é a pensión da clase traballadora, a dos ricos supera os 3000€. A clase traballadora asociada a traballos de dureza e fatiga (automóbil,naval, construción, pedra, mar, conserva, téxtil, limpeza, etc), vive un promedio de dez anos menos que os executivos, banqueiros, xuíces, notarios, empresarios, profesións liberais, etc. Viven máis os que cobran as pensións mais altas
Proxecto de reforma da pensións de 2.011 • Ampliar a idade de xubilación os 67 anos: Os nados a partir de 1948 terán que traballar mes e medio por cada ano: Quencumpran os 65 anos en 2013 verán prolongada a súa vida laboral en mes e medio, os de 2014 en tres meses, os de 2015 en catro meses e medio, e así sucesivamente, os que viñeron ao mundo en 1962, xubilaranse aos 67 anos.
Proxecto de reforma da pensións de 2.011 • En canto a elevar a idade de xubilación, a postura do Goberno é clara: • situala en 67 anos pero tras un proceso de adaptación paulatino e flexible de 15 anos, co que só entrará en vigor de forma completa en 2027. • Ademais, aposta por establecer diferenzas en función dos anos cotizados -co que quen teña un historial de 39/41 oumáis anos póidase seguir retirando aos 65- ou os oficios realizados, xa que naqueles sectores especialmente penosos tamén se poderánxubilaraos 65 anos.Pendente de concretar nalei. • O Executivo, no entanto, expón que a excepción por anos cotizados amplíese paulatinamente. É dicir, que cada vez se necesiten máis anos cotizados para retirarse aos 65. Ano 2013: 65 anos é 36 cotizados Ano 2027: 65 anos é 39/41 cotizados
Proxecto de reforma da pensións de 2.011 • Ampliar o período mínimo necesario para ter dereito a pensión de 15 a 17, progresivamente chegar ata os 25 • Ampliar o número de anos para calcular a base reguladora da pensión 25 • Ampliar o número de anos para acadar o cen por cen da Pensión de 35 a 40 (A última proposta coñecida e de situala en 37 anos e ir progresivamente incrementandoa) • As medidas que pretende aprobar o Goberno de ampliar os anos de cálculo e a idade de xubilación, poderán reducir até un 25% a pensión nos próximos anos.
Recorta a contía das pensións futuras ao incrementar o número de anos para calcular a base reguladora (temos queter en conta que a pensión media galega é tan só de 728,24 euros). Se se pasa dos 15 anos actuais a 20 anos, vai supor unha perda de media dun 6% (a pensión media quedaría en 684,55 euros) nas pensións e se se incrementa de 15 anos a 25, que parece ser que é a pretensión do Goberno, a perda vai ser dun 10% (a pensión media quedaría en 655,45 euros), e non digamos xa se o que se fai é coller toda a vida laboral (35 anos) pois o recorte sería do 20% (a pensión media sería de 582,59 euros).
Proxecto de reforma da pensións de 2.011 • Vannos impoñer unha reforma que de facto nos deixará sen dereito a unha pensión digna á grande maioría da sociedade. • Para cotizar 40 anos debes acceder antes dos vinte e cinco, ademaís estar a cotizar de forma ininterrompida. Hoxe a metade da mocidade está en paro e o 95% dos contratos que asinan son eventuais. • A aumentar os anos para determinar a contía da pensión, prexudica as rentas máis baixas do sistema laboral, ás máis altas non veran reducidas ás súas prestacións ao ser as bases reguladoras moi superiores as necesarias para acadar o 100% do tope da pensión maxima.
Aportará diñeiro aos que crearón a crise: A Banca vai ser destinatario de plans privados de aforro para a vellez: individuaís ou colectivos É máis beneficioso e garantista o sistema privado que o sistema público? Claramente NON. Calquera sistema privado de aforro, que é o que realmente son os fondos de pensións, ten menos garantía e menos solvencia que un sistema público. Cando unha traballadora ou un traballador subscribe un plan de pensións privado, o que está a facer é depositar parte dos seus ingresos nun fondo que vai xestionar unha entidade financeira. Esta inviste ese diñeiro no mercado financeiro buscando a súa revalorización a través de procedementos, moitas veces, puramente especulativos; polo tanto, a rendibilidade deses fondos privados non está asegurada pois depende dos vaivéns dos mercados financeiros, que por definición son inestábeis e volátiles (sirva como exemplo que só durante o ano 2010 perdéronse máis de 2.000 millóns de euros dos fondos de pensións privados do Estado español)
Alén de resultar tremendamente beneficiosos para o capital financeiro e o seu modelo especulativo, a xeneralización dos sistemas privados de pensión creará graves desigualdades sociais entre aqueles/as traballadores/as en precario que non poidan acceder a un sistema complementario de pensións e aquelas persoas con maior capacidade de aforro. Isto, provocará que un sector moi amplo da poboación só teña posibilidade de percibir as pensións mínimas.
As medidas que recolle esta reforma van dirixidas claramente contra a clase traballadora e busca beneficiar ao capital, pretendendo pisar os dereitos laborais conseguidos após anos de loita.
todos os avances que se tiñan conseguido cara un sistema de protección social estábel e seguro estansedestruíndo. Tanto as reformas xa efectuadas, como agora a das pensión ou a que se nos anuncia da negociación colectiva déixanosnunha situación social e laboral de faí 60 anos” • Non permitamos este ataque aos nososdereitos, porque nonpensan parar. Seguirán reformando e empobrecendo as pensións. • O noso futuro, os dos novos traballadores e traballadorasdebemosdefendelo agora.
Os que aproban estas medidas non reforman as súas pensións. Os deputados e senadores con 7 anos de mandato teñen asegurado o 80% da pensión máxima, (uns 30.000 € ao ano) e poden xubilarse aos 60 anos. Se perden o escano, cotízanlles até a xubilación. O Estado Español triplica a media de contratación temporal precaria de Europa. Estes traballadores e traballadoras temporais nunca chegarán aos 35 anos para cobrar o 100% da pensión e teranse que xubilar mais tarde e cobrarán menos. Con menos temporalidade produciríanse máis ingresos. Ao final, os que teñen o traballo mais duro e máis precario terán a peor pensión
Nese panorama a convocatoria de folga xeral da CIG para o día 27 de xaneiro debe ser saudada non só como unha merecida e necesaria resposta ao recorte das pensións que pretende impoñer o Goberno, a beneficio dos fondos de pensións, senón tamén como expresión da vitalidade e valentía democrática que segue existindo nun amplo segmento da nosa sociedade. O apoio explícito de doutras organizacións revaloriza o pluralismo político e sindical que temos en Galiza e permite apreciar a importancia do nacionalismo, coas características concretas que ten no noso país, como baluarte da defensa dos intereses da maioría social.
Da nosa resposta contundente ou deixadez dependerá o noso futuro é o das vindeiras xeneracións, ás empresas é ás ruas deben de amosar o noso mais enerxico reixeitamento as medidas propostas,deberá ser un acto de rebeldía pacifica do conxunto da sociedade na rúa, de indignación, sublevarse contra a submisión, contra a ditadura dos valores financeiros., pois o maior perigo sería a resignación “non se pode facer nada”, “que máis da”, “todos son iguais”, “total, nada vai mudar”, “isto é o único posíbel, é o maior fracaso non ter convocado é apoiado unha folga xeral, pola xustiza social,agas que prefiramos ignorar a realidade poisas medidas que recolle esta reforma van dirixidas claramente contra a clase traballadora e buscan beneficiar ao capital . Estarei na folga do 27 convocada pola CIG para defender as pensións. Mais estarei tamén para defender o dereito lexítimo a disentir
Outro ataque máis a Clase traballadora: Organizate e loita Moitas grazas: Lois Méndez