180 likes | 333 Views
IES “Mª Casares” Depto.Orientación. DEPTO. DE ORIENTACIÓN. PROGRAMACIÓN PLAN DE ACTIVIDADES. CURSO 08-09. IES “Mª Casares” Depto. Orientación. PLAN DE ACTIVIDADES DO DEPTO. DE ORIENTACIÓN. INTRODUCCIÓN.
E N D
IES “Mª Casares” Depto.Orientación DEPTO. DE ORIENTACIÓN PROGRAMACIÓN PLAN DE ACTIVIDADES CURSO 08-09
IES “Mª Casares” Depto. Orientación PLAN DE ACTIVIDADES DO DEPTO. DE ORIENTACIÓN INTRODUCCIÓN No decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidde Autónoma de Galicia, e posteriormente na orde que o desenrola (24 de xullo de 1998), considérase que o Depto. de Orientación constitúe, dentro de cada centro, o garante de que a orientación, entendida como proceso que inclúe a toda a comunidade educativa, comeza no momento da escolaridade e remata ao finalizar as ensinanzas non universitaria, formando parte esencial da actividade educativa e estabecendo unha vía de asesoramento permanente ao alumnado, ao profesorado e as familias. O Depto. de Orientación ten asignadas unha serie de funcións según se establecen no artigo 6º do mencionado decreto e no 5º da orde que o desenrola. Así mesmo, tamén se detallan no artigo 55 do Regulamento Orgánico dos Institutos de Educación Secundria. (Decreto 324, 26 de Xullo do 1996).
IES “Mª Casares” Depto. Orientación CONTEXTUALIZACIÓN Á hora de planificar as actividades do Depto. de Orientación do IES “Mª Casares” será preciso organizalas e axeitalas ás características e circunstancias particulares do Centro. Polo tanto, e a tales efectos, remitímonos as características, premisas e principios establecidos no PEC, recentemente actualizado e aprobado polos órganos competentes.
IES ”Mª Casares” Depto.Orientación FUNCIÓNS . Valoralas necesidades educativas, no ámbito da orientación, dos alumnos e alumnas e deseñar , desenvolver e avaliar programas específicos de intervención. . Elaborr, de acordo coas directrices establecidas pola CCP, as propostas do plan de orientación académica e profesional, e do plan de acción titoial , así como ofrecerlle ao profesorado soporte técnico para o desenvolvemento destes plans. . Participar na elaboración dos proxectos educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención do alumnado con necesidades educativas especiais e nos principios de avaliación formativa e, cando sexa o caso, na adecuación os criterios de promoión. . Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas anto de condicións desfavorables como de altas capacidades que presenten os alumnos/as. . Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemnto de medidas de atención a diversidade. . Facilitarlle ao alumnado o apoio e asesoramento necesarios para enfrontar os momentos escolares mais decisivos ou de maior dificultade, coma o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa e, cando corresponda, a elección de optativas ou de itinerarios formativos, a resolución de conflictos de relacións interpersonais ou a transición á vida profesional.
IES “Mª Casares” Depto. Orientación . Impulsar a participación do profesorado en rogramas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programasde ensinar a pensa, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos e en calquera outros relacionados co seu ámbito de actuación. . Promover a cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos. . Favorecer o proceso de maduración vocacional, orientando e asesorando aos alumnos/as sobre as súas posibilidades académicas e profesionais, así como das ofertas do seu contorno que lle faciliten alixir responsablemente. . Coordinar a orientación laboral e profesional con outras administracións ou institucións. Estas funcións determiñan a liña de intervención e delas se desprenden os obxectivos do Depto. de Orientación.
IES “Mª Casares” Depto. Orientación OBXECTIVOS As ctuacións propias do Depto. de Orientación céntranse fundamentalmente en tres ámbitos: proceso de ensinanza-aprendizaxe, acción titorial e orientación educativa e profesional. PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE . Con respecto ao centro - Colaborar na elaboración do PEC e do PCC, incidindo en aspectos coma organización, avaliación, promoción e atención aos alumnos e alumnas con NNEE. - Colaborar na elaboración de programas específicos (apoio, recuperación, etc.) - Contribuir, en xeral, aos elementos globalizadres e personalizadores da educación. - Contribuir á introducción de metodoloxías innovadoras. - Contribuir á realización de estudios e análises sobre as necesidades dos alumnos e alumnas. - Asesorar no relativo a: . ACIs . Intervencións psicopedagóxicas . Criterios de avaliación e promoción do alumnado. - Deseñar programas orientados a prevenir e detectar dificultades educativas, así como plans de intervención tendentes a solucionar estes problemas
IES”Mª Casares” Depto. Orientación . Promover a cooperación ntre o centro e as familias. . Fomentar a cooperación de toda a comunidade educativa nas tarefas de orientación. Con respecto aos alumnos/as . Prevención, detección e tratamento das dificultades de aprendizaxe. . Exploración e diagnóstico psicopedagóxico . Reforzo pedagóxico aos alumnos que o precisen, mediante adaptacións, diversificacións,... . Aplicación de programas específicos. . Participación nas sesións de avaliación e reunións do equipo docente. Con respecto aos profesores/as . Faciltarlles información acerca da avaliación psicopedagóxica e as características persoais dos alumnos/as. . Colaborar na detección de problemas educativos (desenrolo, aprendizaxe,...) que presenten os alumnos/as e na pronta intervención para solucionalos. Con respecto aos pais/nais . Fomentar a colaboración có centro . Informalos sobre o sistema educativo e demais aspectos que afectan ao centro . Intercambiar información que enriqueza o coñecemento dos seus fillos/as para unha mellor comprensión das suas conductas, actitudes, aprendizaxe,... . Implicalos no proceso educativo dos seus fillos/as
IES “Mª Casares” Depo. Orientación ACCIÓN TITORIAL Con respecto ao centro . Elaboración do PAT xunto cós titores/as, xefatura de estudos,... . Aportar criterios para a organización e funcionamento das titorías Con respecto ao alumnado . Participar nas actividades da titoría que lle sexan solicitadas . Prestar atención individualizada cando o soliciten, ou a expensas dos profesores/as . Axudarlles a conseguir unha boa integración no centro e no grupo de compañeiros. Con respecto aos profesores/as . Colaborar e asesorar en cuestións prácticas de organización e agrupamento do alumnado, con esecial atención ao tratamento flexible á diversidade de aptitudes, intereses e motivacións. . Coordinar o traballo das titorías e asesorar no desempeño da acción titorial. . Facilitarlles a utilización na aula de técnicas específicas relativas a hábitos de traballo, técnicas de estudio, programas de ensinar a pensar,... . Asistirlles na posta en práctica de reaccións humanas, dinámica e xestión de grupos, entrevistas,... . Asesorar na implantacón de programas de investigación-acción. Con respecto aos pais/nais . Cooerar na relación titores-familia para a solución de problemas que afecten aos seus fillos/as.
IES “Mª Casares” Depto. Orientación ORIENTACIÓN EDUCATIVA, VOCACIONAL E PROFESIONAL Con respecto ao centro . Implicar ao Centro na orientación profesional e na preparación para a vida activa dos alumnos e alumnas. . Fomentar a cooperación entre o centro e o mundo empresarial. Con respecto aos alumnos/as . Orientarlles nos momentos de maior dificultade: ingreso no centro, cambios de etapa, elección de optativas, elección de itinerarios,... . Proporcionarlles unha orientación académica e profesional individualizada e diversificada. . Facilitarlles información sobre o mundo laboral e as saídas académicas e laborais as que poden optar según os seus estudos. . Ofrecerlles orientación educativa e profesional nas ensinanzas de adultos. Con respecto aos profesores . Asesorar en relaión con ctividades e procesos de avaliación formativa e orientadora, reforzo e apoio psicopedagóxico, promoción de alumnos, etc. . Informar sobre a relevancia que, para o futuro profesional e a toma de decisións, supoñen os contidos actitudinais, procedimentais e transversais.
Con respecto aos pais/nais . Orientar ás familias de forma colectiva e individual para que asuman responsablemente a educación e orientación dos seus fillos/as. Con respecto a outras institucións . Solicitar a colaboración do Equipo Específico cando as circunstancias así o requiran. . Solicitar a colaboración dos Servicios Sociais do Concello cando sexa o caso. . O mesmo cós Servicios Médicos. . Idem con outros servicios do Concello. IES “Mª Casares” Depto. Orientación
IES “Mª Casares” Depto.Orientación BLOQUES DE CONTIDOS . Procesos de ensinanza aprendizaxe . Acción titorial . Orientación educativa, vocacional e profesional
IES “Mª Casares” Depto. Orientación ACTIVIDADES DESCRIPCIÓN. MATERIAIS A UTILIZAR, NO SEU CASO. TEMPORALIZACIÓN . Xuntanza, xunto có Sr. Xefe de Estudios, cos orientadores e titores/as do alumnado dos centros adscritos, en cada un deses centros (“Luis Seoane” de Canide-Mera e “Isidro Parga Pondal” de Sta. Cruz) para obter información dos salumnos/as que virán ao IES Mª Casares” o próximo curso. Aspectos que se recollen: situación familiar, socio-relacional, académica, conductual, medidas de atención específicas, ubicación no grupo-aula (con qué compañeiros funciona ben e con quénes non). Realízase a finais de xuño do curso anterior ao ingreso no noso IES. . Visita destes alumnos/as ao noso IES. Recepción. Visita guiada ás instalacións do centro, acompañados por un membro do equipo directivo e polo orientador. Finais do curso anterior. . Charla as familias dese alumnado, en cada un dos seus centros, polo Sr.Xefe de estudios e o Orientador do IES. Características e funcionamento do IES. Estudos que van a comezar. consellos, pautas,...Entrega dun dosier a cada familia. Finais do curso anterior.
IES “Mª Casares” Depto. Orientación . Xuntas de avaliación de setembro. Toma de decisións sobre alumnado que requerirá, no novo curso, medidas especiais: apoios, diversificacións, ACIs, PGS ou PCPI, ensinanzas de adultos,... Principios de setembro. . Entrevistas con pais/nais de alumnos de Diversificación Curricular. Tamén cos seus Titores/as. Elaboración de informes. Principios de setembro. . Xuntanzas coa profesora de Educación Especial para analizar os novos alumnos a atender. Estudo de documentación e informes. Organización desa atención. Principios de setembro. . Recepción de todo o alumnado de novo ingreso, pola Sra. Directora, os titores/as e o orientador. Presentacións. Ao comezo do curso, no mes de setembro. . Apertura dunha ficha psicopedagóxica a cada alumno/a de novo ingreso. . Aplicación a tódolos alunos/as de novo ingreso de dous cuestionarios de datos: un para o alumno/a e outro para os pais/nais, de cara a ir conformando un perfil o mais completo posible de cada alumno/a. Finais de setembro. . Aplicación de probas psicopedgóxicas a tódolos alumnos/as novos. Finais de setembro/ outubro.
IES “Mª Casares”. Depto. Orientación . Colaboración coa xefatura de estudios e cós deptos. didácticos na avaliación inicial, e nas posteriores. Protocolos, follas de rexistro,... Ao longo do curso. . Colaboración e participación no deseño e aplicación de programas individuais pertinentes. Ao longo de todo o curso. . Colaboración e participación nas medidas de atención á diversidade. Ao longo de todo o curso. . Coordinación, apoio, soporte técnico, aportación de materiais,... as actividades de titoría. Ao longo de todo o curso. . Intervención nas aulas para proporcionar información e orientacións ao alumnado para a toma de decisións relativa a carreira, itinerarios, optativas, acceso ao mundo laboral,... Aporte de dosier a tales efectos. 2º e 3º trimestre. . Aplicación de cuestionarios de intereses profesionais e vocacionais. 2º e 3º trimestre. . Entrevistas individuais e de pequeno grupo sobre cuestións que afectan ao alumnado: problemática persoal, familiar, académica, vocacional,...tanto a petición dos interesados coma a instancias dos profesores/as, titores/as, familias,... Ao longo de todo o curso. . O mesmo con pais/nais dos alumnos/as. Ao longo de todo o curso. . Idem con profesores/as e titores/as.
. Relación cos servicios sociais do concello e uso dos mesmos ante casos que así o aconsellan. Uso do protocolo establecido a tales efectos. Sempre que as circunstancias o requiren. . Relación có Centro de Información Xuvenil do concello de A Coruña e participación nas xornadas de orientación académica e profesional que organizan. Sobre o mes de abril. . O mesmo coas distintas universidades cando organizan eventos dirixidos á orientación ou elección académica ou vocacional. Nos intres que corresponda. . Participación na CCP. Unha xuntanza semanal ao longo de todo o curso. . Participación nas xuntanzas de coordinación e funcionamento das titorías, xunto co Sr. Xefe de Estudios. Unha xuntanza semanal cos titores/as de 1º e 2º da ESO e outra cos de 3º e 4º, ao longo de todo o curso. . Participación nas xuntanzas do Consello Escolar, do cal o que suscribe é membro. IES “Mª Casares” Depto. Orientación
IES “Mª Casares” Depto. Orientación AVALIACIÓN . OBTENCIÓN DOS DATOS - Persoas mplicadas no seu deseño e desenrolo: membros do Depto. de Orientación, titores/as, profesores/as. - Os/as destinatarios/as: alumnos, pais, profesores. - Equipo Directivo . INSTRUMENTOS DE RECOLLIDA DE DATOS - Cuestionarios - Entrevistas - Intercambios orais . INDICADORES (CRITERIOS DE AVALIACIÓN) - Adecuación do plan as necesidades dos destinatarios - Cocordancia dos obxectivos previstos cos logros acadados - Adecuación das actividades programadas - Adecuación dos recursos - Adecuación da temporalización - Grao de participación e implicación da comunidade educativa - Grao de satisfacción dos destinatarios.
IES “Mª Casares” Depto. Orientación PRINCIPIOS DE INTERVENCIÓN . A función psicopedagóxica ha de concebirse fundamentalmente dentro do ámbito da prevención, sen que elo supoña renunciar á intervención puntual. . A relación orientador-equipo docente solo pode ser entendida dentro dun clima de colaboración e complementariedade. . Un centro educativo debe ser considerado como un sistema no que cada elemento afecta e é afectado polos demáis. O cal implica un cambio de enfoque á hora de analizar os problemas, tendo en conta a posible orixe multicausal e interactiva dos mesmos. . A avaliación é un dos principais elementos que compoñen o proceso educacional, por canto é o indicador máis válido do seu estado de saúde: facilita o contraste entre os resultados obtidos e os obxectivos propostos
IES “Mª Casares” Depto. Orientación Este programa de orientación debe responder aos principios de: . Continuidade: a orientación é un proceso que ten lugar ao longo de toda a escolaridade. . Integración: debe formar parte do esquema educativo. . Universalidade: dirixido a toda a comunidade educativa. . Autonomía: debe contribuir a desenvolver no alumno a autonomía persoal, a capacidade para tomar decisións,... . Igualdade: debe contribuir á superación de prexuizos sociais coma a discriminación polo sexo, raza,...