140 likes | 333 Views
Alejandra González Fernández. A COMUNICACIÓN NA ABELLA. COMO SE COMUNICAN AS ABELLAS?. Dende sempre os apicultores intuían e coñecían algúns dos aspectos da vida das abellas.
E N D
Alejandra González Fernández A COMUNICACIÓN NA ABELLA
COMO SE COMUNICAN AS ABELLAS? • Dende sempre os apicultores intuían e coñecían algúns dos aspectos da vida das abellas. • En 1788 E. Spitzer publicaba as conclusións dos seus estudos sobre a serie de movementos rítmicos que realizaba a obrera cando chegaba cargada a colmena. Definiu estes movementos como << A danza das abellas>>.
COMO SE COMUNICAN AS ABELLAS? • Dende este descubrimento, foron moitos os científicos que aportaron máis detalles de estas danzas. • Científicos como M. Lindauer, H. Esch, y sobre todos K. Von Fris os que describiron con todo detalle os mecanismos de comunicación da especie.
AS DANZAS DAS ABELLAS • A abella exploradora cargada de polen trasmítelle a mensaxe a colmena mediante movementos rítmicos ou bailes executados nas paredes verticais dos paneis. • Dependendo da situación e a distancia da fonte de aprovisionamento, a abella realizará dous bailes distintos: - Danza en círculo - Danza en semicírculo
DANZA EN CÍRCULO • Se a fonte está dentro dos 100 metros do radio de acción en torno a colmena. • Cando a abella entra na colmena comeza a realizar unha danza circular. • Prodúcese nos lugares máis concurridos polas abellas.
DANZA EN CÍRCULO • Chegado un momento a danzarina arrastra tras dela outras abellas que se unen a danza, transmitindo así a mensaxe. • Despois as abellas separanse da danzarina e saen da colmena. • Cando regresan cargadas do botín executan novas danzas mantendo así a colemena en continua axitación
DANZA EN CÍRCULO • A intensidade e a duración da danza señalan a abundancia da fonte. • O cheiro da abella danzarina impregnada do botín señala o tipo de néctar ou polen que teñen que buscar.
DANZA EN SEMICÍRCULO • Se a fonte está a máis de 100 da colmena. • As abellas describen primeiro un semicírculo estreito, cambian bruscamente de dirección e marchan en línea recta cara o punto de orixen, describen outro semicírculo ó lado oposto do anterior ata pechar o círculo completo para volver a marchar en línea recta. • Canto máis alexada esté a fonte, menos intensas serán as danzas.
DANZA EN SEMICÍRCULO • A danza en semicírculo tamén indica a dirección da fonte. Para orientarse usan o sol e dirixen as súas danzas en función do seu ángulo respecto o sol.
DANZA EN SEMICÍRCULO • A diferencia importante con respecto a danza anterior é que mentres se efectúa a marcha en línea recta, acompáñase duns rapidísimos movementos laterais do abdomen, polo que tamén se coñece esta danza polo nome de “danza da cola ou danza do abdomen. • Como nos casos anteriores outras abellas únense e pouco despois abandonan a colmena rumbo á fonte de alimentación.
OS DIALECTOS • Dentro da especia “apis mellífera” encóntranse dous grupos fundamentais: • As abellas negras europeas. • As abellas amarelas italianas. • As primeiras utilizan os mecanismos antes mencionados, pero as amarelas italianas presentan unha terceira variable.
OS DIALECTOS • “Danza da fouzaña” • Para distancias de entre 10 e 100 metros. • Figura en forma de oito en semicírculo. • Mantén os outros dous modelos, pero con diferente significación: • Danza e círculo: para distancias entre 0-10 m • Danza en semicírculo: distancias a máis de 100m
En resumo, a especie «apis mellifica» posee a aptitude innata de comunicarse entre sí, mediante o uso dun sistema notablemente complexo e sen rival con respecto a outras especies de animais aparentemente máis avanzados. E todo isto é especialmente asombroso por tratarse dun organismo cun texido cerebral moi pequeno.