80 likes | 212 Views
FALAR CON PROPIEDADE. Segunda entrega (Outros seis casos). VER. Todo seguido. Subir/rubir Medicina/menciña Óso/carabuña Rella/reixa Porto/peirao Testemuña/testemuñ o. SUBIR / RUBIR. Subir significa -como é sabido- ir a unha posición máis alta.
E N D
FALAR CON PROPIEDADE Segunda entrega (Outros seis casos) VER Todo seguido Subir/rubir Medicina/menciña Óso/carabuña Rella/reixa Porto/peirao Testemuña/testemuño
SUBIR / RUBIR Subir significa -como é sabido- ir a unha posición máis alta. Rubir é unha forma de subir. É facelo, por un sitio máis ou menos vertical, axudándose de pés e mans. É o mesmo ca agatuñar, gabear ou gatear. Voltar ó Inicio Seguir
MEDICINA / MENCIÑA Medicina é a ciencia da saúde. Menciña é a substancia que cura. Á menciña pódeselle chamar “medicina”; pero ó revés non. Premer Voltar ó Inicio Seguir
ÓSO / CARABUÑA En castelán chámase “hueso” tanto ás pezas do esqueleto dos vertebrados coma ás partes duras, con formas ovoideas, que levan dentro algunhas froitas (cereixas, pexegos, olivas, etc.). En galego, as primeiras son ósos e as segundas, carabuñas. Voltar ó Inicio Seguir
RELLA / REIXA Rella é unha peza do arado ( os garfos de ferro que levantan a terra). Reixa é o conxunto de barras de ferro que forman un cerrado. Voltar ó Inicio Seguir
PORTO / PEIRAO O conxunto de instalacións para a navegación que hai á beira do mar forman o porto. Formando parte del están, entre outras cousas, os peiraos, e dicir, os muros que se meten no mar, nos que atracan os barcos e que serven de embarcadoiros. Voltar ó Inicio Seguir
TESTEMUÑA /TESTEMUÑO Testemuña é a persoa que manifesta, testemuña ou testifica. (Tamén se lle chama testigo) Testemuño é a declaración que esa persoa fai. Voltar ó Inicio Seguir
Aquí rematamos esta segunda entrega M.D.Q. 2-Xullo-2005