1 / 23

Orientación Educativa 4º E.S.O. curso 10-11

Orientación Educativa 4º E.S.O. curso 10-11. información recollida e elaborada polo DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CALASANCIO DE PONTEVEDRA. Orientación Educativa 4º E.S.O. curso 10-11. Sistema educativo. Obtención do título de graduado na E.S.O. Opcións despois da E.S.O. O Bacharelato L.O.E.

javan
Download Presentation

Orientación Educativa 4º E.S.O. curso 10-11

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Orientación Educativa4º E.S.O.curso 10-11 información recollida e elaborada polo DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CALASANCIO DE PONTEVEDRA

  2. Orientación Educativa 4º E.S.O.curso 10-11 Sistema educativo. Obtención do título de graduado na E.S.O. Opcións despois da E.S.O. O Bacharelato L.O.E. PAU. Os Ciclos Formativos. O Consello Orientador.

  3. O graduado na E.S.O.Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundariaobrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 7 de xaneiro de 2008) • 1. O alumnado que ao terminar a educación secundaria obrigatoria superasetodas as materias e alcanzadas as competencias básicas e os obxectivos da etapa obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. • 2. Así mesmo, poderá obter o dito título aquelalumnado que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, finalice a etapa con avaliación negativa nunha ou en dúas materias, e excepcionalmente en tres, sempre que o equipo docente que imparte no grupo considere que a natureza e o peso destas no conxunto da etapa non lle impediu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa. • 6. Para efectos de titulación, computarase como materias con avaliaciónnegativa tanto as suspensas do propio curso como as de cursos anteriores.

  4. Opcións despois da E.S.O. Unha vez obtido o título, cada un de vos pode elixir entre os seguintes camiños: • Estudar Bacharelato. • Estudar un Ciclo Formativo de Grao Medio. • Optar a oposicións. • Entrar no mundo laboral.

  5. Xa pero… que é o bacharelato? O Bacharelato L.O.E.Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenacióne o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia(DOG do 23 de xuño de 2008) O bacharelato forma parte da educación secundaria, na fase post obrigatoriae ten como finalidade proporcionarlle ao alumnado a formación, a madurez intelectual e humana, os coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia, así como capacitarse para o acceso á educación superior.

  6. E como está organizado? O Bacharelato L.O.E.Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenacióne o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia(DOG do 23 de xuño de 2008) • O bacharelato comprende dous cursos académicos. • O alumnado poderá permanecer cursando bacharelato no réxime ordinario, con carácter xeral, un máximo de catro anos. • Estrutúrase en tres modalidades, que son as seguintes: -Artes. -Ciencias e tecnoloxía. -Humanidades e ciencias sociais. • Organizarase en materias comúns, materias de modalidade e materias optativas.

  7. E para pasar de curso? O Bacharelato L.O.E.Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzasde Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia(DOG do 27 de xuño de 2008) • A avaliación da aprendizaxe será continua. • Promoción de 1º a 2º curso: • Todas as materias superadas. • 1 – 2 materias non superadas: promoción con materias pendentes. • Si 3 ou 4 materias non superadas: • Repetir o curso na súa totalidade. • Cursar as materias de primeiro curso con avaliación negativa e completar con dúas ou tres materias de segundo curso que non coincidan no seu horario coas de primeiro curso suspensas. O alumnado que sexa menor de idade, deberá contar coa autorización das súas nais/pais ou titoreslegais. • Si 5 ou mais materias non superadas: permanencia un ano mais en 1º.

  8. ¡ollo na modalidade de Ciencias e Tecnoloxía! Será preciso acreditar os coñecementos previos que se indican para matricularse e cursar as materias seguintes: -Física de 2° precisa de Física e Química de 1°. -Química de 2° precisa de Física e Química de 1°. -Electrotecnia de 2° precisa de Física e Química de 1°. -Ciencias da Terra e medioambientais de 2° precisa de Bioloxía e Xeoloxía de 1°. -Bioloxía de 2° precisa de Bioloxía e Xeoloxía de 1°.

  9. Oferta nos institutos de Pontevedra(DOGA 107. Mércores, 4 de xuño de 2008)

  10. A proba de acceso á universidade… ¡¡¡aaaah!! ¡¡¡NOOOOOOOO!! ¡¡¡SOCORRO!!!

  11. ¡seguro que non é para tanto! Se a inmensa maioría da xente aproba porqué non o vou facer eu. Traballo, Atención e Confianza.

  12. A proba de acceso á universidade…orde 16 de decembro de 2009, DOGA 12 de xaneiro de 2010 Realízase en dous días. Fase Xeral: 5 exames. 1. Lingua castelá e literatura. 2. Lingua galega e literatura. 3. Historia de España ou Historia da Filosofía. 4. Lingua Estranxeira. 5. Unha materia da modalidade de 2º de Bacharelato. Fase Específica:Máximos de tres materias da modalidade de 2º Bacharelato. Esta fase é voluntaria…

  13. A proba de acceso á universidade…orde 16 de decembro de 2009, DOGA 12 de xaneiro de 2010 • As materias da fase específica teñen que estar adscritas á rama do coñecemento do título que queremos estudar. • Hai cinco ramas do coñecemento nas que se organizan os graos universitarios: • Artes e humanidades. • Ciencias. • Ciencias xurídicas o sociais. • Ciencias da saúde. • Enxeñería e arquitectura.

  14. A proba de acceso á universidade…orde 16 de decembro de 2009, DOGA 12 de xaneiro de 2010 Relación entre ramas de coñecemento e bacharelato: Bacharelato Rama do coñecemento Artes e humanidades. Ciencias xurídicas o sociais. Ciencias. Ciencias da saúde. Enxeñería e arquitectura. Artes. Humanidades e ciencias sociais. Científico e tecnolóxico. No seguinte enlace figura a vinculación entre as materias da Fase específica, os graos universitarios no que teñen mais importancia e as ramas de coñecemento. Busca o Grao que mais te interesa e mira as materias das que terás que examinarte… http://ciug.cesga.es/index.html

  15. ¿O Plan Bolonia? A universidade europea organízase dun xeito distinto ao que tiñamos até o de agora. O Plan Bolonia estrutura o ensino universitario europeo con novas características e modos de traballar. Se queres ir informándote sobre cómo é a universidade na que estudarás entra no: PLAN BOLONIA

  16. OS CICLOS FORMATIVOStodofp.es Pincha aquí e irás á dirección do Ministerio de Educación na que ven toda a información actualizada: cursos, centros, materias etc. e axudarante a atopar a túa mellor opción. Son ensinanzas de estructura modular e de duración variable que teñen como finalidade primordial preparar ao alumnado para o exercicio cualificado dunha profesión. Cada Ciclo Formativo se imparte tanto nos centros educativos como nos centros de traballo. Duran entre 1200 e 3000 horas. Hai dúas modalidades: • Ciclos formativos de ciclo medio (CM) • Ciclos formativos de ciclo superior (CS)

  17. OS CICLOS FORMATIVOStodofp.es Accédese aos CFGM principalmente despois da obtención do Graduado na ESO. Coa superación do CFGM obtense o título de “técnico”. Co título de técnico pódese comezar a traballar ou ben, mediante a superación dunha proba de acceso, comezar un CFGS da mesma familia. É dicir, pódese continuar co estudio para acadar o título de “técnico superior”.

  18. OS CICLOS FORMATIVOS todofp.es As familias profesionais inclúen os CF. Toda a información sobre a oferta de ciclos e centros nos que se imparten en Galicia está AQUÍ. • Actividades agrarias. • Actividades físicas e deportivas. • Actividades marítimo-pesqueras. • Administración. • Artes gráficas. • Comercio e marketing. • Comunicación, imaxen e son. • Edificación e obra civil. • Electricidade e electrónica. • Fabricación mecánica. • Hostalería e turismo. • Imaxe persoal. • Industrias alimentarias. • Informática. • Madeira e moble. • Mantemento de vehículos autopropulsados. • Mantemento e servizo á produción. • Química. • Sanidade. • Servizos socioculturais á comunidade. • Téxtil, confección e pel. • Vidro e cerámica.

  19. O CONSELLO ORIENTADOR Ao remate da ESO o centro de ensino entrega a cada alumno un informe individual no que figura a opción mais axeitada para cada un de vós, en opinión das vosas titoras e coa axuda do orientador. Este informe é NON VINCULANTE, é dicir o que alí figura non é obrigatorio que o cumprades…pero si que o teñades en conta!

  20. E se alguén ten algunha dúbida…

  21. Que me pregunte.

More Related