280 likes | 480 Views
POESÍA FINS DO XX E COMEZOS DO XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Contexto histórico. Democracia, EA, LNL Unión Europa: cambios económicos Urbanización da poboación : abandono do sector primario polo sector servizos: admón, turismo, comercio…. Situación sociolgtca. Normas ortográficas
E N D
POESÍA FINS DO XX E COMEZOS DO XXI Temas e autores dos 80 e dos 90 Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Contexto histórico • Democracia, EA, LNL • Unión Europa: cambios económicos • Urbanización da poboación : abandono do sector primario polo sector servizos: admón, turismo, comercio… Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Situación sociolgtca • Normas ortográficas • Galego na escola • CRTVG • Publicacións periódicas en galego. Revistas literarias e de poesía (Nordés, Dorna, Festa da palabra silenciada…) • Expansión do mundo editorial • Premios, certames, encontros • Proceso de substitución da lingua galega Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
CAMBIO NA POESÍA • Abandono da poesía social e volta ao intimismo OBRAS DETERMINANTES: Mesteres – Arcadio López Casanova Con pólvora e magnolias- Ferrín As claves da renovación están en: • - Lecturas foráneas: lit. portuguesa, hispanoamericana, europea, americana. Que vaiconxugar coa: • - Tradición poética galega: (intertextualidade, versos coñecidos dos autores anteriores) • - Militancia política • - Música Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
QUEN ESCRIBE POESÍA? • Autores da xeración anterior: Ferrín, Manuel María, Novoneyra, Xohana Torres, Luz Pozo Garza, A. Tovar, Bernardino Graña, Avilés de Taramancos... • Promoción dos 80 • Promoción dos 90 Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
PROMOCIÓN DOS 80 Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Influencias Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Grupos poéticos • ROMPENTE • LOIA • CRAVO FONDO • ALÉN • DE AMOR E DESAMOR Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
ROMPENTE • 1977: libro colectivo Silabario da turbina, proposta tremendamente rupturista onde se combina imaxe, debuxo, grafismo, cómic, collage... • 1979 Tres tristes tigres incluía aportacións poéticas de carácter individual con “Galletas Kokoschka non” de M. Romón, “As ladillas do travesti” de A. Reixa e “Facer pulgarcitos tres” de A. Avendaño. • En “Rompente” conxúgaseunha ruptura estética e formal cun inconformismo social e unha clara opción nacionalista galega de esquerdas. Con todo, este grupo foi un revulsivo necesario, pero non calloununha obra poética de suficiente entidade Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
LOIA • Madrid (1977) • publicación colectiva mostra das inquietudes dun grupo de mozos galegos na capital. • procedementos comúns con Rompente (collage, cómic, debuxo, grafismo, viñetas..), • Manolo Rivas, Lois Pereiro (pintores) Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Manuel Rivas Marihuana A miña irmá botou na horta unha semente de maría. Saíu adiante vizosa e fidalga entre honrados legumes, e meu pai saudouna con orgullo. -Non sei que carallo de planta é pero mirade como medra -dicía á vecindade. A maría resultou ser macho e morreu sen gloria, o día en que casan de branco as patacas. Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Cravo Fondo • 1977 pública o libro colectivo que leva o seumesmonome • Propostasde renovación para a poesía galega, tentando escapar á poesía oportunista política e centrándose na investigación idiomática e no achado de novas temáticas. • Aíndaque nos presupostos do grupo se respira un aire social, nos textos incluídos no libro, non hai ningún poema social. • Predominio da posíaintimista, de corte amoroso, moiafastada do que se facíana época. Forman parte do grupo: Ramiro Fonte, Valcárcel, Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro. Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
ALÉN • 1977 publicación: Alén, en Santiago • Aposta pola renovación e reivindica certo espíritu da vangarda histórica, principalmente a Manuel Antonio Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
TRAZOS FORMAIS • Culturalismo • Preocupación polos aspectos formais. • Preocupación polo idioma • Conxugan tradición e modernidade. “Ser moderno supón saber aproveita-las ensinanzas da tradición”. Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Culturalismo É unha constante, entendido desde o esteticismo, o desprazamento do “eu” poético para personaxes míticos ou históricos ou a ostentación cultural como evocación dun ideal perdido. Os elementos máisrecorrentes son as alusións a poetas doutras épocas (Pondal, Rosalía, Villón), referencias á música (Brassens, Bach, Leonard Cohe, o blues e o jazz), a recreación de mitos celtas, xermanos, gregos, taménna poesía erótica e amatoria, a reivindicación de mitos revolucionarios (UlrikeMeinhoff, Reboiras) e a constante tradición de nomesestraños, que desde Pondalfoi seguida por escritores como Ferrín. Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
PROMOCIÓN DOS 80: TEMAS • Intimismo • Amor • Morte • Dor existencial • Paso do tempo • Infancia perdida • Ramiro Fonte Recital poético Ramiro Fonte Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Amor e sensualidade • Está en todos os autores • A expresión erótica como amor concreto e tamén como permanencia fronte ó tempo e á morte, a relación gozosa e libre, a sensualidade do corpo desexado... • M. A. Fernán-Vello é un dos autores que destaca neste ámbito con obras como Do desexo en corpo e sombra, Seivas de amor e tránsito (os dous do 84), ou Poemas de amor sen morte de Claudio Rodríguez Fer (79). Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Erotismo O desexo é un peixe que morre silenciosoentre golpes de água e latexos de espallonunha caixa de luces levitada na sombradunha paixón mariñaDe Do desexo en corpo e sombra (1984) Miguel Anxo Fernán Vello Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Fernán-Vello: liña social a casa que nos queima, sen sabelo, a esperanza a casa que nos deixa a dor inmóbil do recordo, a mordedura do vento nas tempas, un sepelio de camiños baleiros e a alma fría e desolada como un país sen memoria que xa non existe no futuro Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Fernán-Vello: liña social (a Alexandre Bóveda) • A túa causa é tan nosa como o fervor dos días/ que se propaga enteiroarredor do teu nome,/ e todas as bandeiras do mencer liberado/ estánaquí arredor do teu soño./ Nonpoderán os bárbaros cruzar a transparencia/ que respirabaen ti e que hoxe sentimos renacer como unrío/ aberto e comunal,/ medrando como os campos sementados de luz, / porque somos os fillos da túa estrela e levamos no sangue/ o rumor acendido dunha chama, o cerne dun cantar./ E aquí estamos os teus termando forte contra o vento fatal,/ no corazón da casa, no centro da esperanza,/ na palabra que eleva a lucidez do ser Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
POESÍA NOS 90 • Novos premios literarios (Espiral Maior, Martín Códax, Caixanova…) • Novas coleccións de poesía (Espiral Maior) e novas publicacións • Recuperación de festivais e recitais poéticos propiciados pola proliferación de colectivos: Batallón literario da Costa da morte, Dolmen, Arre Sentelha, Blas Espín… • Escritores con formación literaria en galego e competencia lingüística alta Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Temática • Temas eternos: amor, dor existencial, erotismo… desmitificados a través dun ton vivencial • Temas sociais: antimilitarismo, feminismo, ecoloxía Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Miro Villar MIRO OS MEUS DEDOS ORFOS, AS VEAS IMPREGNADASde esperanzasmolladas nos húmidoslatexosdos teus beizos ás vecescóncavos e convexose de froitaszumentas nos teus seosarrincadas. Miro nos meus dedos mudos, as unllas pinceladascoas últimas palabras, habitados desexos,de acariñar os corpos, de confundir os sexose de sermos amantes en horas xapasadas. Todo é agora silencio violento, que me fire,impidesorberaire, non deixe que respire,comido polafame de non reter memoria. Todo agora é silencio seco, que me torturae sinto estar ben preto dos lindes da loucura,de non ter noción ou idea da miñavella historia. Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Miro VillarAbecedario da desolación • A casa antiga e nobre deste amor, desta ardencia,podrece pouco a pouco, despaciosas as trabessenten os anunciados picores do abandonoe a comechume deixa revelación da febradesprendida, seremos edificio en ruínas • na cidade da noite, clarísima desordena arquitectura dúctil do tacto, nas paredesmorre a cor da frescura que os anos acreditanperecedoira, beixos de vento baten ferosnas portas desgonzadas e vidros esmiuzados • avanzan lentamente no rostro que endurece,agochado nas fiestras, e nos ollos, opacose brillantes a un tempo, penduran arañeirasque ornamentan bagullas como fiaños de seda,carunchadas madeiras informan do silencio • que entrou na casa, roto por moscas de recordosno excremento da inútil evocación. a casado noso amor desflora sen ter sido habitada,cuberta dun po mesto que os dedos non mimaron.e cando miro tanto, tanto e tan grande caos • sinto que tamén todo, todo absolutamenterompe dentro, con trabes que a penas conexionana armazón na fraqueza do ánimo, mentres pensoque restaurar acaso sexa angueira imposible.seremos, finalmente, desolación do corpo. Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Miro villar • NEGACIÓN DE ULISES E TESEO Se algunha vez tiveses que agardar entre fíoe tecidos, non sexas Penélope que tecee destece os bordados axiña que anoitece.Ulises non existe, foi verso fuxidío. Se algunha vez tiveses que agardar entre fíoe tecidos, non sexas Ariadna que ofrecesaír do labirinto mortal a quen a esquece.Teseo non existe, só queda o desafío. Se algunha vez eu debo partir como Odiseoprefiro voltar sempre vencido a Compostela.Non me importa a derrota se ti me identificas. Se algunha vez eu debo marchar como Teseonon ha ser Artemisa fluxo do meu Sarela.Non me importa ser lama se ti me purificas. Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Yolanda Castaño • Entrevista a Yolanda Castaño (escrita) / Entrevista a Yolanda en vídeo (1) /entrevista vídeo 2ª parte • Yolanda recita poesía • Yolanda castaño no noso IES(2) / charla Yolanda no IES (1 Poema de Luísa Castro recitado por Yolanda Filla, ¿sabes de onde vés? Vés dun viveiro de mexillóns en lata. Detrás da fábrica, onde podrecen as cunchas e as caixas de peixe. Un fedor imposible, un azul que non vale. De alí vés. Ah! Dixen eu, entón son a filla do mar. Non. Eres a filla dun día de descanso. Ah! Dixen eu, son a filla da hora do bocadillo. Sí, detrás, entre as cousas que non valen. Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Yolanda: Contos de fadas Érase unha vez...e ao final do contoa carapuchiña era unha loba,a avoíña un leñador,a devoradora unha asceta,a libérrima un completo compendio de dependencias,a mística unha frívola tinguida de temores,o incomprendido un anxo,a princesa un monstro,a frívola unha mística tinguida de temores,o monstro unha princesa,o outro incomprendido un demo,a suposta loba unha absoluta carapuchiñae o camino entre o bosqueun leñador. Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo
Lectura de poemas doutros autores en Biblioteca Virtual Galega Vformoso- IES Félix Muriel de Rianxo