230 likes | 364 Views
Traballo Social Antropoloxía Social e Cultural Docente: Dr. Santiago Prado Conde chagopc@yahoo.es. As persoas queren cultura, delimitada, reificada, esencializada e atemporal, algo que hoxe en día as Ciencias Sociais rexeitan en xeral (Sahlins, 1999: 399). Sociedade e cultura.
E N D
Traballo Social Antropoloxía Social e Cultural Docente: Dr. Santiago Prado Conde chagopc@yahoo.es
As persoas queren cultura, delimitada, reificada, esencializada e atemporal, algo que hoxe en día as Ciencias Sociais rexeitan en xeral (Sahlins, 1999: 399). Sociedade e cultura
Un grupo de persoas, que están interrelacionadas entre si e que están organizadas e integradas nunha totalidade para atinxir algún obxectivo común. • No interior dunha sociedade poden coexistir e existen varías culturas e subculturas. A diversidade cultural é cada vez máis inherente a todas as sociedades debido ao aumento dos contactos interculturais. • Sócrates (in Carrithiers, 1995: 13) xa se preguntaba cómo debemos vivir e a Antropoloxía e a Socioloxía pregúntanse: como vivir xuntos?. De aí que o coñecemento da diversidade cultural sexa un ben por el propio. Sociedade
E.B. TYLOR (1975, or. 1871) “A cultura ou civilização, num sentido etnográfico alargado, é aquele tudo complexo que inclui o conhecimento, as crenças, a arte, a moral, a lei, os costumes e qualquer outros hábitos e capacidades adquiridos pelo homem em quanto que membro da sociedade” (Tylor, 1975: 29). F. BOAS (1930) "La cultura incluye todas las manifestaciones de los hábitos sociales de una comunidad, las reacciones del individuo en la medida en que se ven afectadas por las costumbres del grupo en que vive, y los productos de las actividades humanas en la medida en que se ven determinadas por dichas costumbres” (Boas, 1930:74; citada por Kahn, 1975:14). A noción de cultura
B. MALINOWSKI (1931) "Esta herencia social es el concepto clave de la antropología cultural, la otra rama del estudio comparativo del hombre. Normalmente se la denomina cultura en la moderna antropología y en las ciencias sociales. (...) La cultura incluye los artefactos, bienes, procedimientos técnicos, ideas, hábitos y valores heredados. La organización social no puede comprenderse verdaderamente excepto como una parte de la cultura" (Malinowski, citada por Kahn, 1975:85). W.H. GOODENOUGH (1957) “La cultura de una sociedad consiste en todo aquello que conoce o cree con el fin de operar de una manera aceptable sobre sus miembros. La cultura no es un fenómeno material: no consiste en cosas, gente, conducta o emociones. Es más bien una organización de todo eso. Es la forma de las cosas que la gente tiene en su mente, sus modelos de percibirlas, de relacionarlas o de interpretarlas” (Goodenough, 1957:167; citada por Keesing, 1995: 56). A noción de cultura
C. GEERTZ (1966) "La cultura se comprende mejor no como complejos de esquemas concretos de conducta —costumbres, usanzas, tradiciones, conjuntos de hábitos—, como ha ocurrido en general hasta ahora, sino como una serie de mecanismos de control —planes, recetas, fórmulas, reglas, instrucciones (lo que los ingenieros de computación llaman "programas")— que gobiernan la conducta" (Geertz, 1987: 51). L.R. BINFORD, L.R. (1968) “Cultura é todo aquele modelo, com formas que não estão baixo o controlo genético directo... que serve para ajustar aos indivíduos e os grupos nas suas comunidades ecológicas”, (Binford, 1968: 323; citada por Keesing, 1995: 54). A noción de cultura
CRESSWELL, R. (1975) "[A cultura é] a configuração particular que adopta cada sociedade humana não só para regular as relações entre os factos tecno –económicos, a organização social e as ideologias, porém também para transmitir os seus conhecimentos de geração em geração (Cresswell, 1975: 32). M. HARRIS (1981) "La cultura alude al cuerpo de tradiciones socialmente adquiridas que aparecen de forma rudimentaria entre los mamíferos, especialmente entre los primates. Cuando los antropólogos hablan de una cultura humana normalmente se refieren al estilo de vida total, socialmente adquirido, de un grupo de personas, que incluye los modos pautados y recurrentes de pensar, sentir y actuar" (Harris, 1982:123). A noción de cultura
A. GIDDENS (1989) "Cultura se refiere a los valores que comparten los miembros de un grupo dado, a las normas que pactan y a los bienes materiales que producen. Los valores son ideales abstractos, mientras que las normas son principios definidos o reglas que las personas deben cumplir" (Giddens, 1991:65). P. WILLIS (2003) “... es un sistema relativamente coherente de acciones materiales y de sistemas simbólicos engranados que, con respecto a cada área, tienen sus propias prácticas y objetivos; y que estas prácticas y objetivos constituyen el medio ordinario de la vida social” (Willis, 2003: 448). A noción de cultura
A Cultura é aprendida Enculturación: interiorización dos costumes do grupo, até o punto de facer estes como propios. Este proceso é fundamental para a supervivencia dos grupos humanos, así por exemplo os esquimais teñen que aprender a protexerse do frío. O proceso de enculturación prodúcese fisicamente (xestos, formas de estar, de comer...), afectiva e sentimentalmente (por causa da acción de reforzo ou represión da nosa cultura) e tamén intelectualmente (esquemas mentais de percepción do mundo). Os axentes de enculturación son a familia, as amizades, a escola, os medía, os grupos de asociación, etc.. Eles teñen como misión introducir o individuo na súa sociedade a través da aprendizaxe da cultura. Características da noción antropolóxica de cultura
Segundo Margaret Mead (2001), os tipos de aprendizaxe das culturas poden clasificarse en: Culturas pos-figurativas: Aquelas nas cales os fillos aprenden cos pais e o futuro dos fillos é o pasado dos pais.Culturas pre-figurativas: Aquelas nas cales os adultos aprenden cos fillos e os máis novos.Culturas co-figurativas: Aquelas nas cales todos aprenden con todos. Características da noción antropolóxica de cultura
A Cultura é simbólicaSímbolo: é aquilo que representa unha cousa, está en lugar de algo, e esta conexión pode ser simbolizada de maneira diferente segundo as culturas. O símbolo serve para veicular unha idea ou un significado que ten un significado social (sentido atribuído e intencionado compartido socialmente). A diferenza do resto dos seres vivos, que se comunican de forma diádica (estímulo-resposta), os humanos estabelecer comunicación de forma triádica por medio de signos e símbolos que son abertos, arbitrarios, convencionais e que requiren descodificação (emisor-mensaxe-receptor) e tradución. Características da noción antropolóxica de cultura
A cultura somete a naturezaAs persoas teñen que comer, sen embargo a cultura ensínanos que, como e cando.O ser humano é un ser biolóxico, mais o que o fai completamente humano é a cultura, especificamente humana e constitutiva do humano. A bioloxía é unha condición absolutamente necesaria para a Cultura, mais insuficiente, incapaz de explicar as propiedades culturais do comportamento humano e as súas variacións dun grupo a outro (Sahlins, 1990), de aí que poidamos falar de certa autonomía, mais tamén de interdependencia entre cultura e natureza. Características da noción antropolóxica de cultura
A Cultura é xeral e específica (Cultura -Culturas)Nun sentido xeral todos os humanos temos “Cultura” (“universal humano”), mais nun sentido particular a “cultura” describe un conxunto de diferenzas dun grupo humano específico con outros. A humanidade comparte a capacidade para a Cultura (todo o creado polos seres humanos), é este un carácter inclusivo; porén a xente vive en culturas particulares (modos de vida específicos e diferentes) con certa homoxeneidade, uniformidade e harmonía internas, mais tamén con condicionantes ecolóxicos e socio-históricos particulares. Características da noción antropolóxica de cultura
A cultura inclúe todoTer cultura non é a mesma cousa que ter formación académica (cultivo intelectual), refinamento, sofisticación e apreciación das belas artes... Todo o mundo ten cultura no sentido antropolóxico do termo. É así como a antropoloxía ten unha perspectiva holística que presta atención a todas as manifestacións e expresións culturais. Características da noción antropolóxica de cultura
A cultura é compartidaA cultura é compartida polas persoas membros de grupos. A cultura é aprendida socialmente, une ás persoas, está expresada en normas e valores, e tamén é intermediaria no sistema da personalidade polos actores sociais. Así, a cultura convértese nun sinal de identidade grupal. No interior dunha cultura a distribución dos bens inmateriais pode ser tan asimétrica e desigual como a de os bens materiais. Características da noción antropolóxica de cultura
A cultura está pautadaA cultura é aprendida normativamente. Quere dicir que está formada por unhas regras ou normas integradas. Dispón dun conxunto de valores centrais, chaves ou básicos organizados nun sistema. A conduta humana gobérnase por patróns culturais, máis que por respostas innatas. Podemos afirmar que as persoas temos un “piloto” (a cultura) que nos orienta nas nosas vidas. ` A cultura é uma pauta ou um conjunto de padrões coerentes de pensamento e acção, uma organização coerente da conduta que inclui a totalidade duma sociedade. A cultura é hereditária e aprendida, não genética; tende à integração e à coerência, constitui configurações articuladas, é plástica e realiza a função de atar e unir aos seres humanos ´ (Benedict, 1971). Características da noción antropolóxica de cultura
A xente utiliza creativamente a cultura As regras culturais afirman que facer e como, as persoas interiorizam esas regras ou normas, mais non sempre seguimos o seu ditado. As persoas poden manipular e interpretar a mesma regra de maneiras distintas, utilizando creativamente a súa cultura, en vez de seguídela cegamente (Ex.: Transgresión dos límites de velocidade). Neste punto podemos distinguir entre o nivel ideal da cultura (o que a xente debería facer e o que di que fai) e o nivel real da cultura (o que fan realmente no seu comportamento observable). Mais non por iso o nivel ideal deixa de pertencer á realidade. Características da noción antropolóxica de cultura
Desde este punto de vista podemos falar da cultura como produtora de mudanza e conflito, mais tamén como “caixón de ferramentas” (“tool kit”) de valor estratéxico para a acción social (Swidler, 1986). Por tanto, a cultura podemos pénsala como algo externo que condiciona as nosas vidas ou como algo que como suxeitos (persoas) creamos. Características da NOCIÓN antropolóxica de cultura
A cultura está en todas as partes A globalización cuestiona a relación entre cultura e territorio, creando unha nova cartografía cultural. A ficción dunha cultura uniformemente compartida polos membros dun grupo é pouco útil en moitos casos. O concepto de cultura debe incluír heteroxeneidade, mudanza rápida, préstamos culturais e circulacións interculturais. O concepto de cultura acaba por facer referencia a 2 tipos de cultura: Ao conxunto de especificidades dunha comunidade territorialmente delimitada. Aos procesos de aprendizaxe translocais. Características da NOCIÓN antropolóxica de cultura
Na actualidade podemos falar en sobremodernidade dos mundos contemporáneos (Augé, 1992) que se caracterizaría polo seguinte: Unha transformación mundial que alterou os conceptos de espazo, alteridade, identidade, etc. que a antropoloxía viña utilizando. Exceso de Tempo (aceleración do tempo e encollemento do espazo). Exceso de Espazo (accesibilidade total, deslocalización do social, non lugares). Exceso de Individuo (tendencia á individualización e perda das narrativas colectivas). Características da NOCIÓN antropolóxica de cultura
Hoxe, o local intensifica a súa inter - conexión co global a partires do marco do Mercado, do Estado, dos movementos e das formas de vida (Hannerz, 1998). Robertson (1995) chega a falar en glocal como a síntese relacional entre o local e o global, superando así esta dicotomía. Esta forma de caracterizar a noción de cultura leva a algúns antropólogos a estudar as dinámicas de viaxe e non só as de residencia, e de ai que se subliñen as “zonas de contacto” (Clifford, 1999). Outros falan de culturas híbridas (García Canclini, 1989), interrelacionando así estrutura e proceso, mais tamén salientando o papel do axente social na dinámica entre estrutura e acción. Características da NOCIÓN antropolóxica de cultura
Asistimos hoxe a unha mudanza da afirmación de identidades culturais diferenciadas para a afirmación da interculturalidade. Hoxe, corremos o risco de que o concepto de cultura sexa utilizado como unha forma de racismo (Benn Michaels, 1998), xa que substituen moitas veces a bioloxía como argumento base da distinción entre os grupos humanos, mais non é menos esencialista por iso. Podemos afirmar o seguinte: “O individuo é un prisioneiro da súa cultura, mais non precisa de ser a súa vítima” (Ferguson, 1987: 12) Características da NOCIÓN antropolóxica de cultura
O concepto antropolóxico de cultura afirma a dignidade equivalente de todas as culturas. • O concepto antropolóxico de cultura tenta diminuír o etnocentrismo e o elitismo de occidente. • O respecto ás diferenzas culturais debe ser a base para unha sociedade xusta (Kuper, 2001: 14). • O concepto antropolóxico de cultura defende o carácter local do coñecemento. • Muda a maneira de ollar a realidade (unha diversidade creativa). • O significado antropolóxico de cultura como modo de vida global nega a simple redución da cultura á actividades ligadas ás belas artes. • O significado antropolóxico de cultura é como o azucre diluído en auga. Síntese da noción antropolóxica de cultura