1 / 38

Ribadeo falls - Presentación sobre as 'casas caíntes' en Ribadeo

Ribadeo falls - Presentación sobre as 'casas caíntes' en Ribadeo. Antonio Gregorio Ribadeo 2006. O vello Ribadeo necesita un remoce. Pode aparecer unha afirmación severa de máis, pero as diapositivas que se adxuntan así o amosan.

Download Presentation

Ribadeo falls - Presentación sobre as 'casas caíntes' en Ribadeo

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Ribadeo falls - Presentación sobre as 'casas caíntes' en Ribadeo Antonio Gregorio Ribadeo 2006

  2. O vello Ribadeo necesita un remoce. Pode aparecer unha afirmación severa de máis, pero as diapositivas que se adxuntan así o amosan. Non están todos os edificios que deberan, como pode comprobarse cun paseo por Ribadeo, pero si necesitan unha actuación, menor ou maior, todos os que se presentan. Asemade, hai algunha foto máis no CD adxunto que non entra na presentación e que aporta material suplementario. A normativa recén aprobada no 2005 sobre actuacións en casas do casco vello vai nese sentido de eliminar os puntos negros que se amosan, pero non é función desta edición o entrar polo miúdo na súa bondade por mor dun articulado discutido. Eso, sendo necesario como en calquera normativa, queda para outros foros. Cada foto da presentación ten un pequeño comentario que cada quen aumentará ó seu albur. Tódalas fotos teñen dúas versións no CD, con dúas resolucións diferentes. Esperemos que esta colección de diapositivas sexa en pouco tempo unha testemuña dun tempo que pasou. Ribadeo, abril de 2006 Lic. Creative Commons compartir igual 2.1. (usables con cita de procedencia e autor) Esta presentación forma parte dunha publicación con parte impresa, con DL e ISBN: LU-191-06 e ISBN-10 84-611-0452-8 (ISBN-13 978-84-611-0452-8)

  3. A vella aduana (R. Amando Pérez) necesita unha atención como edificio emblemático de Ribadeo. Compárese cos remozados ó fondo.

  4. Por diante obsérvase un deterioro maior aínda do edificio.

  5. Grandes ou pequenas, as casas corren perigo. Unha casa só coas paredes á beira da Aduana vella e ó fondo (Porcillán), outra coa fachada atacada.

  6. A vella escola de náutica, vixiando Guimarán, está ben aparentemente, pero abandoada. Ó seu carón, o antigo Andarica, en obras.

  7. Escudos de nobleza nas fachadas, carteis de actuación en lugares viciños, non son garantía de conservación: polas fiestras ou pola porta desta casa esquina de Bispo Veres e Atalaia está permitido ver o ceo.

  8. Os edificios ás veces aínda conservan apariencia por unha beira, mentras manifestan total desolación por outra, como lle pasa a este na Atalaia.

  9. No fondo da r/ Trinidad recibe ó viandante a rúa Bispo Veres cun edificio que foi, pero xa non é.

  10. Non todas as casas necesitan os mesmos cuidados, pero a medio prazo, de non atenderse, todas caen en ruína. Casa da esquina da r/San Sebastián con Bispo Veres.

  11. Esceas como esta, baixando cara a vella aduana por Amando Pérez, repítense con demasiada frecuencia.

  12. A deixadez conduce en pouco tempo a ter unha estructura inservible.. Aquí, outra casa da rúa Amando Pérez, unha das que concentra maior nivel de desatención.

  13. Hai lugares que sufren un deterioro maior que outros, ou que vai máis rápido aínda que comezara despois. Esquina Amando Pérez con Feijóo Acebedo.

  14. Os lugares máis céntricos tampouco se libran: esquina da Praza de Abaixo con Amando Pérez.

  15. En ocasións, unha vista máis achegada empeora a situación. Saíndo de Ing. Schulz apréciase mellor a esquina.

  16. Mirando xusto no sentido contrario, en Ing. Schulz, outra casa merece atención.

  17. Un pouco máis abaixo,os soportais poden ser un perigo. Se a casa situada en Antonio Otero se cuida, pode ser un lugar de acollida de paso cara a Casa da Xuventude ou á Casa da Cultura, a parte de ser bonita en si e un sitio a ver do vello Ribadeo. Doutro xeito, mellor evitala.

  18. E, máis arriba, un caserón merece a atención: na esquina de Viejo Pancho coa plazoleta, o edificio é un perigo para os viandantes.

  19. A esquina do edificio é máis perigosa. E no tellado vai tempo que crecen arbustos.

  20. Para os vellos ribadenses, o Cine Colón, sito na Praza de Abaixo, marca un fito. Na actualidade, tamén o marca de abandono.

  21. Na r/ Trinidad, tres edificios adosados e con algunha historia a costas necesitan que alguén se faiga cargo deles.

  22. Na rúa San Miguel, o cuartel vello, coa súa torre de vai tres séculos, parece necesitar só un remoce por fóra. Pero ese alomenos é ineludible.

  23. A vella torre do cuartel é un edificio singular. E as súas necesidades tamén o son.

  24. De feito, a torre da pero impresión por detrás.

  25. Mirando un pouco máis lonxe, case cara a Atalaia, o aspecto tamén é lamentable.

  26. E podemos pararnos en outros edificios, neste caso un industrial (a antiga fábrica de xelo) que debera ser tocado.

  27. Tamén dende alí pódese ver algunha traseira en mal estado. E continuando pola r/ San Miguel...

  28. Atopamos unha casa que de continuar así non tardará en estar derrumbada no interior...

  29. E algunha máis que debe terse en conta para un amaño integral, como esta que está só cos muros externos.

  30. Deixando a parte vella con máis historia, noutros lugares tamén se necesita unha actuación. Aquí, un edificio preto da cárcere convertida hoxe en Escola de Música. O edificio necesita máis que un remoce.

  31. Mesmo nos lugares máis lonxe do centro, parroquias ou edificios que non teñen relativamente tanto tempo, pódese observar a necesidade de botarlles unha man, como este anexo ós institutos.

  32. E tamén en vista máis xeral. Así, nesta foto vése a vexetación. Si, as casas están ocultas por ela. A baixada por Ibáñez ata Cabanela ten un final difícil.

  33. Noutros lugares, só parece necesario un adecentamento. Aquí, a baixada da Atalaia a Cabanela, con impresións dispares das casas.

  34. No primeiro termo, a casa da Confraría en obras; ó fondo, grúas. No medio, unha mistura de casas remozadas con outras que o necesitan. Esperemos que en pouco tempo a vista mellore.

  35. Poderiamos seguir dando unha volta por Ribadeo, noutro momento será. Nembargantes, para rematar, falta algo:

  36. Edificio emblemático, ó Cantón aínda lle falta moito que restaurar como se pode ver nesta foto tomada dende a r/ Ibáñez.

  37. E, aínda que queramos disculpar ó vello edificio que xa sufriu varias reparacións parciais, non podemos deixar de lamentar o seu estado nalgúns puntos do mesmo.

  38. Os edificios son non só propiedade duns ou outros. Como tales, tamén forman parte dun patrimonio común, incluído no noso pobo. E polo tanto representan parte de nós. A nós toca defendelos. Ribadeo 2006 E o futuro?

More Related