180 likes | 324 Views
IMPORTANCIA ECONÓMICA DO MEL EN GALICIA. VINCULACIÓN HISTÓRICA. O mel tivo a súa máxima extensión en Galicia antes da entrada do azucre, sendo considerada un producto de gran interés en canto o seu poder edulcorante e as súas propiedades edulcorantes contrastadas.
E N D
VINCULACIÓN HISTÓRICA • O mel tivo a súa máxima extensión en Galicia antes da entrada do azucre, sendo considerada un producto de gran interés en canto o seu poder edulcorante e as súas propiedades edulcorantes contrastadas.
O catastro de Ensenada dos anos 1752-53 rexistra un total de 366.339 colmenas tradicionais que ainda se conservan en moitos lugares. • Este dato indica claramente a importancia da mel en Galicia dende a antigüedade, reflexada na toponimia galega
O comercio do producto limitábase as festividades locais de carácter otoñal, ó ser o mel de produción estacional e só de unha colleita ó ano.
En 1880 o cura de Chantada, don Benigno Ledo instala a primeira colmena mobilista e anos despois construíu a primeira colmena para multiplicación por división, cría de abellas… Sendo reconocido como “o cura das abellas” en moitos libros sobre a materia, a primeira colmena mobilista de España.
O gran auxe da apicultura moderna non empeza ata 1975, fecha na que grazas a labor de asociacións de productores, teñen as primeiras modificacións sustanciais nos coñecementos dos apicultores e no sistema tradicional de explotación agrícola. • Cambio de colmenas fixistas a colmenas mobilistas.
Hoxe en dia o mel e a cera son os productos que se comercializan con máis rendemento económico en Galicia. • O consumidor galego aprecia o mel dende a antigüedade, o que se manifesta cun maior valor no mercado.
VINCULACIÓN NATURAL • A posición de Galicia no extremo noroccidental da península, a cabalo entre dúas áreas climáticas diferentes, confírelle unha diversidade climática que condiciona xunto a xeoloxía, o relevo e a acción do home, unhas peculiaridades da flora e da producción do mel. • As meles galegas presentan grandes diferencias co resto de meles españolas.
Esta diferenciación con respecto as meles do resto da península, fai que as meles galegas teñan gran valor e apreciación no mercado. • Ademáis, contan co selo de Indicación Xeográfica Protexida ( IXP) o que lle confire un valor añadido.
INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA • Mel de Galicia inscribiuse no Rexistro Europeo de Denominacións de Indicación Xeográfica Protexida en en Xullo de 2007.
O producto amparado pola IXP “Mel de Galicia” definese como o mel, que reunindo todas as características definidas no manual de calidade cumplira coas especificacións de produción e envasado incluídas en dito manual. • Este mel prodúcese en colmenas de cadros móbiles, por decantación ou centrifugación. • Presentarase en estado líquido, cremoso ou cristalizada, podendo conter frutos secos. Tamén se pode presentar en paneis ou seccións.
Hai 390 apicultores inscritos na IXP, que manexan algo máis de 32.000 colmenas. • A producción anual estimada ronda as 400 toneladas, valorada en 1,1 millóns de euros. • As provincias de Ourense e Lugo son líderes na produción melífera nesta comunidade, concentrando a maioría dos productores e colmenas amparadas pola IXP. Entre as dúas suman máis da metade das colmenas ( cerca de 25.000) e dos apicultores (269) da indicación protexida. • A Coruña e Pontevedra, pola súa parte, teñen repartidas polo seu territorio cerca de 7000 colmenas que pertencen a uns 130 recolectores.
CONSUMO • Os galegos somos bos comsumidores de mel. • A media sitúase en torno a 840 gramos por habitante e ano. É superior a media española que está fixada nos 800 gramos e a europea nos 700 gramos.
O cliente que adquire Mel de Galicia valora todas as propiedades do producto: calidade, presentación, conocemento e marca. Pero tamén valora o bo estado de saúde que proporciona o seu consumo.
MERCADO • Según o Consello Regulador da Indicación Xeogáfica Protexida, o comercio maioritario da mel en Galicia faise nos mercados locales, xa que os clientes das empresas productoras son, na súa maioría, particulares da mesma zona e de toda a comunidade autónoma, ainda que cada vez se estende máis a nivel nacional, gracias as tendas delicatessen e sobre todo as grandes superficies.
MERCADO INTERNACIONAL • Francia, Alemania, Xapón, Estados Unidos e Emiratos Árabes son o destino principal da mel exportada dende Galicia.
FESTAS DO MEL • Unha das formas máis típicas e eficaces de propaganda e comercio do mel en Galicia son as feiras e festas locais gastronómicas, nas que se expoñen os productos da colmena para a súa degustación e venta.
A continución expoñense algunhas das feiras máis importantes da comunidade galega: • Feira do Mel ( Lugo) • Feira da Castaña e do Mel (A pobra do Brollón) • Mostra do Mel ( Quiroga) • Feira de Outono (Allariz) • Feira do Mel (Pontevedra) • Festa do Requixo e do Mel (As Neves) • Feira do Mel (Oleiros) • Feira do Mel (O Valadouro)