210 likes | 357 Views
PAISAXE PROTEXIDA Penedos de Pasarela e Traba. DATA: 12-1-2009 SUPERFICIE: 212 ha CONCELLOS: Vimianzo, Laxe. VALORES NATURAIS: penedos graníticos, vistas sobre a costa de Traba. “O Ceñudo”.
E N D
PAISAXE PROTEXIDA Penedos de Pasarela e Traba
DATA: 12-1-2009 SUPERFICIE: 212 ha CONCELLOS: Vimianzo, Laxe. VALORES NATURAIS: penedos graníticos, vistas sobre a costa de Traba “O Ceñudo”
O macizo de Pasarela e Traba forma parte da serra de Pena Forcada, unha serra de pequenas alturas que se extende paralela á costa, con direción E-O, desde as proximidades de Laxe ata a Punta do Boi. Está formada por granitos con curiosas formacións. Toda a serra ten un gran interese xeolóxico e paisaxístico e numerosos lugares interesantes, entre os que destacan os Penedos de Pasarela eTraba. Vista da Lagoa e praia de Traba desde A Torre da Moa
A erosión deu lugar a grandes penedos, bolos, formas acasteladas e penas do equilibrio que, en moitos casos, compoñen curiosas figuras aos que a xente do lugar lles ten posto nome: Pedra da Barca, A Cachucha, a Pedra da Man, o Lagarto, a Águia, o Ceñudo... Galla da Pena Forcada, o cume máis alto do conxunto.
Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta