250 likes | 743 Views
TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA. ESO. OBRIGATORIA. EDUCACIÓN. SECUNDARIA. Transición primaria-secundaria. A transición é a outra cara da moeda do sistema escolar. Ser estudante significa, en certo modo, pasar curso.
E N D
TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA ESO OBRIGATORIA EDUCACIÓN SECUNDARIA
Transición primaria-secundaria • A transición é a outra cara da moeda do sistema escolar. Ser estudante significa, en certo modo, pasar curso. • A transición a secundaria é máis delicada que as anteriores debido a unha serie de circunstancias que concorren: • Coincide coa adolescencia, • Na maioría dos casos, implica un cambio de escola. • Provoca novas expectativas, pero tamén xera certa ansiedade • Esta transición é distinta da anterior transición EXB- BUP, posto que os alumnos/as teñen menos idade e agora son dúas etapas obrigatorias. • Co fin de proporcionar a mellor atención ao alumnado que pasa de etapa e a súa familia é polo que realizamos o Programa de transición . • Procuramos tentar, na medida das nosas posibilidades, que sexa transición e non ruptura.
Programa pre-transición primaria-secundaria • Actividade incardinada dentro do programa de transición que se leva a cabo co IES “Lauro Olmo”. • En concreto esta é a etapa de pretransición. • Actuacións coordinadas entre as etapas para centros, familias e alumnado. • Centros: coordinación entre centros para evitar a ruptura. • Familias: Reunión informativa sobre a nova etapa: procedementos a seguir para a reserva de praza, preinscrición e posterior matrícula, características máis importantes • Alumnado: visita ao novo centro, visita a antigos alumnos/as, resposta a dúbidas...
RESERVA DE PRAZA • No caso de que haxa máis demanda, o alumnado deste centro ten prioridade para matricularse no IES adscrito (“Lauro Olmo”). • 1 ao15 de febreiro: O Centro envía a relación de alumnado susceptible de matricularse no IES co fin de reservarlle a praza. • 1 ao 31 de marzo: Prazo para a presentación das solicitudes de admisión. Deben facela todos aqueles alumnos/as que queiran cursar 1ºESO no IES Lauro Olmo. • Presentarase unha única solicitude dirixida á dirección do centro. • Posteriormente haberá que formalizar a matrícula no propio instituto.
Solicitude de matrícula noutro centro distinto ao adscrito. • As datas para entregar a solicitude de admisión e a matrícula son as mesmas, mais a súa aceptación dependerá da existencia de prazas vacantes. • É conveniente poñer, no apartado correspondente, outros centros por orde de preferencia. Deste xeito, se o interesado/a non é admitido serán considerados posteriormente.
MATRÍCULA • Deben formalizala todos os alumnos/as. • O prazo é do 25 de xuño ao 10 de xullo. • Se finalizado o prazo de matrícula, non se formaliza esta, decaerá o dereito á praza obtida. • Necesitades: 2 sobres co selo e o enderezo, fotocopia do DNI dos pais e do alumno/a, fotocopia da tarxeta sanitaria, tarxeta NUSS, 2 fotos tamaño carné.
¿QUE É A ESO? I • ESO: Educación Secundaria Obrigatoria • Etapa educativa que ten carácter obrigatorio e gratuíto para todas as persoas. • Constitúe, xunto coa etapa de Educación Primaria o Ensino Básico. • No ano académico 2008-2009 quedou implantada a LOE para a totalidade do ciclo. • Educación común para todo o alumnado pero atendendo á diversidade.
¿QUE É A ESO? II • Está organizada en catro cursos académicos, os tres primeiros con carácter común e o cuarto curso con carácter orientador en función das capacidades, aptitudes e intereses do alumnado. • O alumnado permanecerá escolarizado nesta etapa catro cursos, unha vez completada a educación primaria, desde os 12 ata os 16 anos. • Sen prexuízo do anterior, pódense dar circunstancias que fagan variar o establecido con carácter xeral.
AVALIACIÓN • O profesorado que dá clase ao seu fillo, coordinado polo profesor-titor, reúnese e valoran a evolución tendo en conta os coñecementos que adquiriu en cada unha das materias e o grao de consecución dos obxectivos. • Ao longo do curso, hai tres avaliacións, unha por trimestre. • O alumnado poderá repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da etapa. • Cando se dea esta situación, o centro educativo contará cun plan de reforzo educativo que incida naquelas carencias que determinaron a decisión tomada. • O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo poderá variar tanto a súa incorporación como a permanencia nesta etapa.
FINS DA ETAPA SECUNDARIA • Transmitir a todos os alumnos/as os elementos básicos da cultura, especialmente en aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico. • Formalos para: • O exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns e cidadás. • Desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo. • A súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral.
ÁREAS DE PRIMARIA Coñecemento do medio Educación artística (Música, plástica, informática) Lingua Castelá Lingua Galega Matemáticas Educación Física Lingua Estranxeira Relixión ou alternativas
ÁREAS DE SECUNDARIA Materias comúns a 1º, 2º e 3º ESO Ciencias sociais, xeografía e historia Lingua Castelá e literatura Lingua Galega e literatura Matemáticas Educación Física 1ª lingua estranxeira (inglés) A elixir unha entre: Relixión católica, Historia das relixións e atención educativa. 1 hora de Titoría 1º da ESO Ciencias da natureza Educación Plástica e Visual 2ª lingua estranxeira (francés) Proxecto interdisciplinar
2º da ESO Materias comúns e: Ciencias da natureza Música 2ª lingua estranxeira (francés) Tecnoloxía Educación para a cidadanía e os dereitos humanos. ÁREAS DE SECUNDARIA
ÁREAS DE SECUNDARIA • 3º da ESO • Materias comúns e: • Educación Plástica e visual • Música • Tecnoloxía • Bioloxía e xeoloxía • Física e Química • Optativas (elixir unha) • 2ª lingua estranxeira (francés) • Cultura clásica • Obradoiro de iniciativas emprendedoras • Iniciación profesional á electrotecnia
TITULACIÓN • GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA • Faculta para: • O acceso á formación profesional de grao medio • O acceso ao bacharelato • O acceso ao mundo laboral
DIFERENCIAS ENTRE PRIMARIA E SECUNDARIA • Cambios físicos e psicolóxicos • Cambia o clima institucional: edificio, réxime de disciplina, relacións, maior autonomía e, en consecuencia, maior necesidade de autocontrol e de autorregulación. • Cambia a metodoloxía didáctica. En Secundaria teñen maior peso as exposicións do profesorado, o libro de texto e a aprendizaxe memorística. Predomina un sistema de traballo onde o grupo realiza a mesma actividade á vez. • Existe un maior número de materias. • As relacións co profesorado tamén cambian. En xeral o maior número de especialistas por grupo levan a relacións máis impersoais. • Séntense menos orientados sobre o que teñen que estudiar, con menos confianza para consultar dúbidas. • Redúcese a súa liberdade de movementos e autonomía dentro do aula (non así fóra dela). • Prodúcese unha intensificación dos contidos: o horario de clase máis extenso e intensivo, o maior número de profesores e materias, o aumento de apuntes, levan unha sobrecarga de traballo.
DIFERENCIAS ENTRE PRIMARIA E SECUNDARIA • A secundaria implica maior dificultade posto que require unha maior esixencia e, polo tanto, un traballo máis intenso. • Os exames pasan a ter moito peso fronte o traballo diario. • Cambia o clima institucional: edificio, réxime de disciplina, relacións, maior autonomía e, en consecuencia, maior necesidade de autocontrol e de autorregulación. • Cambia a metodoloxía didáctica. En Secundaria teñen maior peso as exposicións do profesorado, o libro de texto e a aprendizaxe memorística. Predomina un sistema de traballo onde o grupo realiza a mesma actividade á vez. • Existe un maior número de materias. • As relacións co profesorado tamén cambian. En xeral o maior número de especialistas por grupo levan a relacións máis impersoais. • Séntense menos orientados sobre o que teñen que estudiar, con menos confianza para consultar dúbidas. • Redúcese a súa liberdade de movementos e autonomía dentro do aula (non así fóra dela). • Prodúcese unha intensificación dos contidos: o horario de clase máis extenso e intensivo, o maior número de profesores e materias, o aumento de apuntes, levan unha sobrecarga de traballo.
PRINCIPAIS DIFICULTADES DERIVADAS DO CAMBIO • A secundaria coincide coa adolescencia. Neste período o voso fillo/a tentará atopar a súa propia identidade. Moitas veces a través de comportamentos estraños, da preocupación polo seu físico e tamén a través do enfrontamento convosco. • Tamén é frecuente que esixan unha maior liberdade posto que xa se consideran “maiores”. • Os compañeiros/as pasan a ser moi importantes e exercerán neles máis influenza que os propios pais. • Novos intereses que, ás veces, entran en conflito co estudo: saír cos amigos, primeiros amores...
PRINCIPAIS DIFICULTADES DERIVADAS DO CAMBIO • Tendencia a unha merma do autoconcepto, ao atoparse nun ambiente novo e máis esixente. • Descenso das cualificacións. • Cambios nas relacións sociais.
Valorade, de xeito global, sempre positivamente ao Instituto e ao profesorado, independentemente de excepcións. Seguide mantendo un contacto periódico e fluído co titor/a do voso fillo/a. Ao igual que en Primaria segue a ser a persoa de referencia para as familias. Este contacto permitiravos coñecer a evolución do voso fillo/a no centro e así mesmo informar ao titor de calquera problema que se poida detectar en casa. Facilitádelles o estudo, marcándolles un horario fixo polas tardes para realizar as tarefas e repasar as asignaturas, así como proporcionándolles un lugar tranquilo que favoreza a concentración (sen música e con ordenador ou a tele apagado). RECOMENDACIÓNS PARA OS PAIS/NAISPARA FACER A TRANSICIÓN MÁIS FÁCIL
Confiade nas súas posibilidades e mantede unhas expectativas positivas cara ao seus resultados. Motivádelle e valorade o esforzo realizado durante un trimestre ou nun exame concreto. Así mesmo, é importante ser positivo ante un fracaso académico e buscar solucións antes que sancións. Coidade a súa alimentación e horas de sono . Un bo descanso e almorzo proporcionaranlle as forzas necesarias para afrontar unha xornada escolar máis longa que noutros anos. RECOMENDACIÓNS PARA OS PAIS/NAISPARA FACER A TRANSICIÓN MÁIS FÁCIL
RECOMENDACIÓNS PARA OS PAIS/NAISPARA FACER A TRANSICIÓN MÁIS FÁCIL • Aínda que se están a facer maiores seguen a necesitar o voso control e supervisión, especialmente en canto a horarios, estudos, amizades, control da tele, do ordenador, da play... • Hai que seguir marcando unhas normas e pautas claras en canto ao seu comportamento, amizades e horario de estudo. • Responsabilidade e confianza e liberdade deben ser directamente proporcionais. • Debemos ser afectivos pero, ao mesmo tempo, educarlles no esforzo, na responsabilidade e no respecto.
Na educación secundaria obrigatoria as actividades lectivas realizaranse entre os días 17 de setembro de 2009 e o 23 de xuño de 2010, ambos os dous inclusive. O horario é desde as 8:30 ata as 14.10 horas. Excepto os luns que tamén haberá clase pola tarde de 15:40 a 17:20 horas . Podedes acceder a este documento na nosa páxina web: http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/ Grazas pola vosa atención. CURSO 2009-2010