100 likes | 241 Views
ALCUMES DA NOSA ZONA. TEMA: OS ALCUMES. ÍNDICE: INTRODUCCIÓN. ORIXE DOS ALCUMES. ALCUMES HABITUAIS DA ZONA DE BERGANTIÑOS. OPINIÓN PERSOAL DO GRUPO SOBRE O TRABALLO. FONTES UTILIZADAS. 1.- INTRODUCCIÓN:
E N D
TEMA: OS ALCUMES • ÍNDICE: • INTRODUCCIÓN. • ORIXE DOS ALCUMES. • ALCUMES HABITUAIS DA ZONA DE BERGANTIÑOS. • OPINIÓN PERSOAL DO GRUPO SOBRE O TRABALLO. • FONTES UTILIZADAS • 1.- INTRODUCCIÓN: • O SEGUINTE TRABALLO TEN COMO OBXECTIVO COMPRENDER A ORIXE E IMPORTANCIA DOS ALCUMES NA ZONA DE BERGANTIÑOS, AINDA QUE ESTE SOBRENOME É COMÚN EN TODA GALICIA. • OS ALUMNOS DE SEXTO DO COLEXIO “A CRISTINA” DE CARBALLO, SAÍMOS Á RÚA COA INTENCIÓN DE INVESTIGAR. • CADA UN DE NÓS PREGUNTABA, CADERNO EN MAN PARA TOMAR NOTAS, A AMIGOS, VECIÑOS, AVÓS, PAIS…E DÉMONOS CONTA A GRANDE CANTIDADE DE APODOS QUE ÍAN SAÍNDO, TAMÉN OBSEVAMOS COMO A XENTE MAIOR ERA A QUE MAIS SABÍA, PORQUE NA SÚA MOCIDADE, DICÍAN QUE ERA MOI RARO QUE HOUBESE ALGUNHA FAMILIA QUE NON FOSE COÑECIDA POR UN ALCUME. • NESTE TRABALLO AMOSARÉMOSLLE ALGÚNS DELES.
Alcumes • 2.- ORIXE: • O ALCUME VEN SER UN SOBRENOME CO QUE SE COÑECE UN INDIVIDUO OU FAMILIA. É UN FENÓMENO SOCIAL DE CASE TODAS AS CULTURAS DO MUNDO E DENDE A ANTIGUEDADE CASE NINGUÉN SE LIBRABA DO SEU PROPIO APODO. • NON SE PODEN ESTABLECER NORMAS OU TEORÍAS EXACTAS SOBRE A ORIXE DOS ALCUMES, PERO ALGUNHAS DELAS PODEN SER: • POR RAZÓN DE OFICIO, PROFESIÓN…(O ZAPATEIRO, A COSTUREIRA ETC). • POR CARACTERES FÍSICOS… (O CHOSCO, A COXA, O MANCO ETC) • POR VICIOS OU DEFECTOS NA FALA… (O TATEXO, O BORRACHÍN ETC). • POR RAZÓN DO LUGAR DE PROCEDENCIA… ( O ALEMÁN, O CATALÁN ETC). • POR REITERARSE MOITO NA REPETICIÓN DE ALGO… • A ACEPTACIÓN DO ALCUME É MOI DIVERSA, UNS ACÉPTANO PERFECTAMENTE, MENTRAS QUE OUTROS SÉNTENSE OFENDIDOS. • 3.-ALCUMES DA ZONA: • 1.ALGARROBO: Chamábanlle así a un home que era moiforte e cando pelexabasempregañaba e era moi parecido a un actor daquel tempo que facía a película de “Curro Jimenez” que se chamaba Algarrobo. • 2.A GATIÑEIRA:O alcumepuxéronllo a unha casa que foi a primeira que se fixonunha aldea da parroquia en Muiño (Zás) que se chamaba o lugar da gatiñeira. Primeiroquedoulle o nome “A casa da Gatiñeira”edespoispasou as persoas da casa “Antonio da Gatiñeira”, “Os da Gatiñeira” é aínda que agorahaimáis casas no mesmo lugar, só esa casa seguetendo ese alcume. • 3.ANTONIA DA RISCA: Chamábanlle así a unha señora que riscaba moi ben a pandeireta e aproveitabacalquera ocasión para tocala e votar unhas cantigas.
Alcumes • 4.ARROVELLA: Quedoulle este alcume a unha familia que o seuavó tiña un rabañomoi grande de ovellas e sempre andaba con ellas polas fincas e guiabaasdicindo “Arre ovella” e quedoulle este nome á familia desde haiuns 80 anos. • 5.CLARETES: É o alcume que llepuxeron a un mozo que bebía moito pero sempre, viño clarete. • 6.CINTURIÑAS: Chamábanlle así aos empleados dunha fábrica a súaxefa porque estaba moi gorda e sempre entraba na fábrica berrando • 7.MATACHÍN: Chamábanlle así a un señor que se adicaba a matar os porcos de todos os veciños dos pobos cercanos. • 8.O AVÓ: Chamábanlle así a un señor de Muiño (Zás) que tiña 98 anos era o home máis vello de todo o pobo e moi boa persoa. Tíñanlle este alcume cariñoso e tratábano como o avó de toda a parroquia. • 9.O Finisterre:Chamábanlle así a un mozo que • andaba na moto facendosempre a mesma ruta para • ver a súa moza e quedoulle o nome do autobús que • antes facía a mesma ruta.
Alcumes • 10.O Galo:Quedoulle este alcume a un home • dunha aldea que se chama Pudenza(Zas)que se levantaba sempremoi cedo e espertaba a todos os veciños. • 11.O Raposo:Quedoulle este alcume a un home • que cazou o raposo no galiñeirodespois de levalo • vixiando seis noites seguidas. • 12.O Trancas:Chamanlle así a un home que ten as pernas moilongas,ospésmoiabertos e unha rara forma de andar. • 13.Patacón:Chamábanlle así a un home que era moibaixo e quedoulle o nome de Patacón que era unhamoedaantiga que tiña pouco valor • 14.A Perrachica: Chamábanlle así a muller do Patacón que tamen era baixa e a Perra chica era unhamoedaaindamaispequenaca o Patacón. • 15.O Cerralleiro: É un home que arregla potas e botalle o cú os caldeiros. • 16.Gorrión: por ser moi pequeño. • 17.Barrigón: por ter moita barriga. • 18.Valente: por non ter medo a nada. • 19.O paxaro: porque sempre andaba cantando. • 20.Alicates: por ter as pernas moi longas. • 21.Cantarolo:por ser gordo e pequeño. • 22.A do narisencarnado:por ter a nariz • colorada. • 23.O melenas:por ter sempre o pelo moi longo. • 24.José dos rapaces:porque tiña moitosfillos. • 25.Barriga verde:porque tiña moitaforza.
Alcumes • 26.O lorito:porquefalabamoito. • 27.Casa blanca:por ter a casa de blanco. • 28.Casa deriba:por estar a casa nun alto. • 29.O raposo:por ser moi peludo. • 30.O xílgaro:púxolle o alcume un avóaoseu • neto porque non tiña parado. • 31.O chorón:porquesempre se queixaba. • 32.O xusto:porque metía a todos en xuizos. • 33.A viuda de ONASIS:porque era viuva e estaba • sempremoi preparada. • 34.O miñato:porque se quedaba mirando moi • atentamente. • 35.A cotareira:porque a zona onde estaba a súa • casa chamábase así. • 36.O feixe:porque era un home bastante gordo. • 37.A Casa do Escudo:chamábanlle así a unha • casa que enriba da porta tiña un escudo. • 38.A Casa do Cruceiro:chámanlle a unha casa porque alí había un cruceiro. • 39.O largo:chámanlle así a un señor que era moi alto. • 40.A casa do mutilado:chámanlle así a unha casa que nela vivía un señor que fora a guerra e lle faltaban as dúas pernas.
Alcumes • 41.A paroleira:chámanlle así a unha señora que falabamoito. • 42.A casa da trenca:chámanlle así a unha casa na que vivía unha señora que ten as pernas torcidas. • 43.A Cascarilla:chámanlle así a un señor que traballaba coa madeira. • 44.A Petila:chámanlle así a unha señora que fumaba moito. • 45.Pipi:porque llequedou de nena. • 46.Nanaina:porque non falaba ben. • 47.Araña blanca:porque era moi mala. • 48.A casa do cereiro:chámanlle así porque facían velas de cera. • 49.Calzacarros:chámanlle así porque llepoñíapedrasnas rodas dos carros aosveciños para gastarlle bromas. • 50.Martes de entroido: chámanlle así porque o señor era moi feo. • 51.Pepe da mexa: porque mexoumoito tempo por él,case ata que foi mozo. • 52.Pipas:porque fumaba en pipa e tíñaana boca ainda que non estuvera encendida. • 53.Guerrilleiro:porque sempre se metía en líos. • 54.Divina peseta:porque cando era pequena era moirubiña e feitiña.
Alcumes • 55.Casa do pombeiro:A casa estaba nunhapedreira,ondeivan as pombas. • 56.O pin:Era un home cazador,cando disparaba dicía``Pin Pin´´ e quedoulle ese nome. • 57.A casa de lañares:Eraunha casa que sempretivomoita madeira. • 58.O bellotas:Un home que vive nun lugar no que haimoitoscarballos,e él apañaba moitas bellotas. • 59.A casa dos capadores:Eran 4 irmáns e eran todos capadores. • 60.Mil mañas:Eran un home que intentaba aranxar de todo. • 61.O periódico:Enterábase de todo o que pasaba. • 62.Os do “jorcheteiro”:Porque vendían ou fabricaban jorchetes. • 63.Os da “chira”:Porque tiñan galiñas,e cando as chamaban para darlle de comer decíanlle “chiras,chiras”. • 64.O zamarras:Porquesempre levaba uns abrigos moiquentesaos que se lle chaman “zamarras”. • 65.A casa dos do carballo:Porque tiña douscarballosmoi vellos. • 66.A casa grande:Porque era a máis grande das Salgueiras.
Alcumes 67 .A casa dos esclavos:Porque antiguamente exclavizaban os obreiros. • 68 .A casa do cruceiro:Chamabanlle asi porque ten un cruceiro no medio da leira. • 69 .A casa do Americano:Chamabanlle asi porque foi o primeiro da Salgueiras que foi a América. • 70 …………………………………… • 4.-OPINIÓN PERSOAL: • Nós,os alumnos de 6º fixemos un traballo sobre os alcumes das diferentes zonas de Bergantiños. • Pareceunos un traballomoiinteresante,entretido e enriquecedor. • Tivemos que sair a rúa e para elaboralopreguntamoslleaosnososavós,veciños,amigos etc... • Os veciños e sobre todo os avós eran os que máissabían.Cando empezaban a dicirnomes,primeiro • escoitábamos con moitaatencion e interés e logo comezabamos a escribir o que nos dicían. • Todos eles estaban encantados de que lle preguntásemos sobre os alcumes que poñían,e a nóstamén nos interesaba o que eles dicían. • Con este traballo non sóaprendemos,senón que tamén nos divertimos.
Alcumes • 5.-FONTES UTILIZADAS • As fontes utilizadas foron especialmente orais. • Avós, bisavós, veciños, amigos de meusavós... • ALUMNOS DE 6º