E N D
XENEALOXÍA DA ESPECIE A nosaorixe
Fases do proceso de hominización • Posición erguida (bipedalismo): reorganización do esqueleto. Rótula móbil. Pé sen pulgar opoñible. Estreitamento canle ósea da pelve. Neotenia. • Liberación das extremidades superiores. Cóbado. • Desenvolvemento cerebral (homo floresensis ?) • Capacidade técnica; • Linguaxe articulada; • Autoconciencia,.
As probas fósiles Ilustración explicativa do procesode formación de fósiles nun xacemento concreto
Millenium Man Millenium Man (O home do milenio), de 6 millóns de anos de antigüidade. Do tamaño dun chimpancé, e a tenor dos restos fósiles incompletos atopados, crese que xa era bípedo a pesar de que tivera unha forma de vida arbórea. O tamaño dos dentes, especialmente os caninos, é pequeño.
Toumai Toumai (Sahelanthropus tchadensis) de entre 6 e 7 millóns de anos. Crese que é o último ancestro común entre o chimpancé e o xénero homo. A súa caixa craneal semella á dun mono pero a cara é curta e os dentres, especialmente os colmillos, son pequenos e parécense moito aos do ser humano. Os seus descendentes poderían dar lugar ao homo habilis e ao homo rudolphensis.
Ardipithecus Ramidus Ardipithecus Ramidus, atopado en Etiopía, de aproximadamente 4,4 millóns de anos. As probas xenéticas confirman a separación evolutiva dos chimpancés. Habitante dun medio forestal, os seus dentes tiñan un esmalte fino e a súa alimentación era vexetariana. Non se confirmou con absoluta seguridade o seu bipedalismo.
Australopithecus Anamensis Australopithecus Anamensis, de 3,9 a 4,2 millóns de anos, foi atopado en Kenia por Meave Leakey. As moas posuían un groso esmalte que fan pensar nunha alimentación a base non só de follas senón tamén de alimentos máis duros. Viviu nun ambiente forestal máis aberto có do Ardipithecus. Bipedalismo e Dimorfismo sexual.
Australopithecusafarensis Asutralopithecus afarensis, de 3,5 millóns de anos, ten unha distribución máis ampla có anterior: Etiopía e Tanzania. Donald Johanson atopou a Lucy, un esqueleto moi completo dunha femia que vivía nun bosque seco no cauce dalgún río con sabanas no seu entorno (cambio climático). Gran dimorfismo sexual.
Australopithecus afarensis II Esqueleto incompleto de Australopithecus afarensis de Hadar, en Etiopía, apodado por Don Johanson Lucy.
Australopithecusafricanus Australopithecus africanus, craneo atopado en Taung, Sudáfrica, por Raymond Dart. Cráneo fósil coñecido polo nome do neno de Taung (1925) Australopithecus Africanus, (mono africano do sur). Viviu hai 3 e 2 millóns de anos nun medio forestal seco con espazos abertos. O feito de que se atoparan en covas non significa que viviran alí senón que foron levados logo de seren cazados por outros animais. Claro dimorfismo sexual. Comunidades de varios machos con harén de femias.
Australopithecusrobustus Localización dos fósiles africanos de hominina: Val do Rift (do corno de áfrica ate Malaoui) e Sudáfrica.
Paranthropus Bosei Paranthropus Bosei, homínido adaptado aos cambios climáticos que se estaban a producir no Planeta. As súas mandíbulas fortes estaban preparadas para masticar a vexetación característica de ambientes secos. Viviu hai 1,8 millóns de anos, chegando a convivir cos Homo durante un millón e medio de anos, aproximadamente.
Os primeiros Homo Australopithecus Garhi Trataríase dos primeiros individuos do noso xénero cun cerebro máis desenvolvido que xa comezaban a fabricar instrumentos de pedra. Viviron hai 2,6 millóns de anos progresivamente adaptados a ecosistemas máis abertos (sabana arbustiva) e un clima máis seco. Posuían caracteres simiescos (brazos curtos) e outros máis parecidos aos humanos (pernas largas), a súa dentadura vaise diferenciando da dos simios e os instrumentos asociados aos fósiles fan pensar nunha forma de vida basada no carroñeo ou na caza. A estes primeiros exemplares atopados en Etiopía (hoxe un deserto onde antes había floresta e un lago) chámaselle Australopithecus Garhi.
Homo habilis Homo habilis ou Homo Rudolphensis. Foron Mary e Louis Leakey quen atoparon os restos fósiles desta especie en Olduvai, 1960. Viviron durante dous millóns de anos, dende 1,8 m.a. Desenvolveron unha rudimentaria industria de pedra (Modo 1). A súa capacidade craneal era de 510 cc, aprox. Pode que fora o antecesor do Homo Ergaster.
Homo ergaster Homo ergaster ou Homo erectus antigo É o homo máis humano no sentido de que posuía un gran cerebro e unha estatura e proporcións semellantes ás humanas. O seu cráneo é de 800 a 950 cc. Crese que tiña unha forma complexa de organización social debido á súa neotenia. A súa tecnoloxía (Modo 2) denominada Achellense, consiste en núcleos bifaces, fendedores e picos, de gran utilidade. Foi o primeiro homínido que saiu de África, polo menos dende hai 1 m.a..
Homo Erectus Homo Erectus De orixe africana e de gran parecido ao Homo Ergaster, esta especie estendeuse por Eurasia dando lugar a diferenciación local: Erectus africanos (Olduvai), asiáticos Home de Xava e Home de Pekín. O exemplar máis antigo ten 1 millón de anos e o máis xove, 10.000 anos. A súa capacidade craneal oscila entre 750 e 1300 cc.
Homo Erectus Algúns restos de Homo Erectus están asociados ao uso do lume, que permitiu a adquisición de rasgos evolutivos característicos dos Homo.
Humán de Pekin e Human de Xava Homo erectus temperán ou Ergaster
Homo Antecessor O Homo antecessorO Que Antecede aosDemais(Atapuerca, 1997) foidescuberto por Bermúdez de Castro, Arsuaga, Carbonell, Rosas, Martínez e Mosquera. Revela que en Europa xa existían seres humanos haimáis de 800.000 anos. De elevada capacidade craneal ten taménunha cara moi moderna: mandíbulas e dentes totalmente diferentes ás especies anteriores. Non se atoparon coetáneos africanos e os exemplaresdesteidadeatopados en Asia emparéntanseco Homo Erectus. Podería ser o eslabón perdido que enlaza o Homo ergaster con especies máis próximas a nós.
Homo Heidelbergensis O Homo Heidelbergensis (Heilderberg, 1908) ten 500.000 anos. A súa capacidade craneal é de entre 1.000 e 1.400 cc. Pódese tratar dunha forma arcaica de Homo sapiens ou de de Homo Neanderthalis; en todo caso é un prototipo das especies que aparecerán máis tarde en Europa e Oriente Medio. En Atapuerca, na Sima de los Huesos atopóuse o maior xacemento de esqueletos desta especie (32 individuos de diferente idade e sexo) no fondo dunha sima profunda, o cal fai pensar nunha posible práctica funeraria.
Homo Neanderthalis O Homo Neanderthalis,Homo do val de Neander, son os humanos antigos mellor coñecidos (habitantes de covas en Europa). Datan de entre 70.000 e 35.000 anos e chegaron a convivir cos primeiros homo sapiens, os CroMagnon. Posuían unha estrutura corporal forte e unha estatura pequena, ombros e cadeiras anchas, peito corpulento e brazos e tibias curto. Conservaban certo dimorfismo sexual. O seu cerebro era grande e a cavidade cranial era alargada, ancha e baixa. Abertura nasal voluminosa e arco supraorbital.Dentes frontais grandes que presentan gran desgaste (curtido de pies). A súa estrutura corporal estaba adaptada a climas fríos (última Idade de Xeo en Europa). A súa extinción definitiva estímase hai 25.000 anos.
Comparativa Neanderthal e Sapiens Separados por 20.000 anos
Dúas especies coetáneas • Causas da extinción dos Neanderthais: • Inadaptación ao cambio climático • Loita canibalística • Hibridación
Humán de Cro-Magnon O Homo Sapiens 130.000-30.000 anos. Son os humanos modernos primitivos que habitaron Europa. De orixe africana, posiblemente emigraron a Asia durante o período interglaciar que comezou hai 125.000 anos. Dende alí parece que chegaron a Europa hai 35.000 anos. A cara curta, plana e ancha, de nariz moito máis pequena cá do neanderthal. A súa anatomía estaba adaptada a climas cálidos (estilización). A súa forma de vida cultural era moi complexa: caza, pesca, comercio, arte (gravados, pinturas rupestres, estatuillas…), rexistro do tempo, rituais espirituais…
Homo Floresensis Homo floresensis. Leva sobre os ombros un especimen da especie Rata de Flores que aínda existe na illa.
Colonización do planeta simios e humanos A dispersión xeográfica de simios e humanos
Colonización do continente americano A colonización do continente americano