140 likes | 430 Views
claudieira ameixeira (Prunus domestica) ciruelo plum prunier ameixeira. CLASE Anxiospermas ORDE Rosales FAMILIA Rosáceas. Árbore de copa irregular e extendida que pode acadar os 10 m de altura. Orixinaria de Europa e cultivado desde tempos antigos.
E N D
claudieira ameixeira (Prunus domestica) ciruelo plum prunier ameixeira
CLASE Anxiospermas ORDE Rosales FAMILIA Rosáceas
Árbore de copa irregular e extendida que pode acadar os 10 m de altura. Orixinaria de Europa e cultivado desde tempos antigos. Na actualidade tamén se cultivan variedades asiáticas.
FOLLAS As follas son caedizas, alternas, simples co limbo de forma oval-apuntada e a beira serrada, de cor verde intensa e con peliños polo revés
FLORES Simples, hermafroditas, completas con cinco pétalos de cor branca. Teñen uns rabos curtos e agrúpanse en ramiños de dúas ou tres.
FROITOS (claudias, fatóns ou ameixas, segundo a variedade) son drupas globulares de cores e tamaños diferentes (verde, amarela, encarnada, negra-azulada...). A semente é grande, leñosa e de forma oval-aplastada.
USOS: Froitos para consumo en fresco ou en conserva, confituras, dóces, aromatizantes, zumes, licores... As follas empréganse como laxante en mediciña tradicional.
TRADICIÓN ORAL -Primeiro a ameixa, despois a cereixa, despois o figo e o carrapichote, meu amigo. -De escribáns e de ameixeiras, libre Deus as miñas terras.
AMEIXEIRA BRAVA (Prunus domestica, subsp. insititia) Arbusto ou pequena árbore de ata 4 m de altura. O froito é unha drupa globosa de 15 a 20 m de cor azul e sabor amargo. En Galicia é rara e pódese atopar no val do Sil.
CLAUDIERA XAPONESA (Prunus cerasifera var. pissardii.) Variedade ornamental de folla vermella. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Internet