100 likes | 201 Views
Proxecto de Educación intercultural IES Elviña. Diversidade, convivencia e éxito escolar. Orixe e fundamentación.
E N D
Proxecto de Educación intercultural IES Elviña Diversidade, convivencia e éxito escolar
Orixe e fundamentación • A orixe deste proxecto está na inquedanza dos docentes e dos responsables do IES Elviña, na Coruña, para realizar unha abordaxe dos problemas de aprendizaxe e de convivencia intercultural derivados das diversidades existentes no centro. • Aínda que existe a potencialidade de converter a diversidade en riqueza cultural, os contextos de vulnerabilidade social, cando non de pobreza e exclusión que sofren determinadas minorías culturais dificultan a activación do pluralismo e bloquean, en ocasións, a comunicación intercultural. • Para vencer ese bloqueo cómpre avanzar na dirección da convivencia e o do pluralismo, así como no reforzamento da igualdade de oportunidades educativas como base dunha igualdade de oportunidades laborais e económicas.
Obxectivos • Achegar o Centro Educativo á Cultura Xitana, así como á realidade social e cultural das minorías históricas na nosa terra. • Lograr unha identificación do alumnado xitano con actividades escolares que faciliten o seu acceso a contidos curriculares. • Implicar a algunhas familias xitanas na educación dos seus fillos e fillas e vincular ás familias co resto da comunidade escolar. • Ofrecer modelos de convivencia e de recoñecemento mutuo entre persoas e entre comunidades culturais para favorecer a convivencia e o desenvolvemento social.
Dinamización do profesorado Este conxunto de actuacións fundaméntase na interacción de axentes externos ao propio centro coa comunidade educativa escolar. Será o profesorado quen teña o protagonismo nesa interacción, especialmente desde o punto de vista de lograr que as competencias de intervención sociocultural deixen de ser esóxenas ao propio centro para converterse en endóxenas. Realizaríanse catro sesións de traballo: • Marzo: Sesión preparatoria xeral: 14 de marzo • Preparación da exposición “Culturas”: 20 de marzo • Abril: Preparación das actividades do Día internacional: 10 de abril • Maio: Preparación das actividades “Contos xitanos”: 2 de maio
Mellora do éxito escolar • Trátase de desenvolver os contidos e a metodoloxía descritos de forma que se fomenten aprendizaxes nas áreas de Lingua Galega, Lengua Española, Ciencias Sociais (Historia, Xeografía humana), música e tecnoloxía. • A participación do profesorado nestas actividades é voluntaria e a metodoloxía de intervención fundaméntase na realización dunha sesión previa, cun consultor, de forma que se preparen de xeito transversal e coordinado os contidos a abordar que favorezan a preparación e realización das actividades previstas e que as relacionen con contidos curriculares. • Datas propostas: • Culturas para compartir: 20-30 de marzo • Día Internacional: 10-13 de abril • Contos xitanos: 2-13 de maio
Actividades de reforzo • Os alumnos e alumnas que o desexen, poden participar en oradoiros específicos de reforzo para a elaboración da exposición “Culturas para Compartir” e a recompilación “Contos Xitanos”. • Día Internacional do pobo xitano: 11 de abril Intervención de FelipeRosillo. • Contos xitanos: 14-16 de maio • “Culturas para Compartir” Finais de maio
Dignificación Cultural • Preparación e realización dunha exposición: Culturas para compartir… Xitanos hoxe. • Celebración do Día Internacional do Pobo xitano • Recompilación de “Contos Xitanos” con ilustracións, baseados na tradición oral da comunidade xitana, así como nas experiencias vitais do alumnado xitano do centro e na súa creatividade.
Entendemos que entre todos podemos construír un feixe de soños e compartilos. Aínda que moitos deles se esfarelen, aínda que a Utopía vaia retrocedendo un paso por cada paso que andamos, temos a posibilidade de tentar deixar un mundo mellor detrás da nosa práctica pedagóxica. ¡E estamos dispostos/as a facelo!