630 likes | 798 Views
Antártida Polo Sur. Territorios situados ao sur do paralelo 60ºS. Chamada tamén Antártica. O primeiro en usar o nome de Antarctica foi o cartógrafo escocés John George Bartholome en 1890. O nome ven do grego ανταρκτικως «antarktikos», "oposto a ártico”.
E N D
Antártida Polo Sur
Territorios situados ao sur do paralelo 60ºS. Chamada tamén Antártica. O primeiro en usar o nome de Antarctica foi o cartógrafo escocés John George Bartholome en 1890. O nome ven do grego ανταρκτικως «antarktikos», "oposto a ártico”.
É o continente máis elevado da Terra, cun promedio de altitude de 2.000 m s.n.m. Monte Erebus: volcán activo (3.794 m). Punto máis alto: Macizo Vinson: 4.900 m.
Superficie: Total: 14 000 000 km2 Área libre de xeo durante o verán: 280 000 km2
Unha grande parte da Antártida está cuberta dun enorme casquete de xeo de 20 millons de km3, cun espesor medio de 2.500 m. O máximo espesor rexistrado é de 4.776 m. A Antártida sen xeo
Acolle arredor do 80% da auga dóce do planeta. É o continente co promedio de humidade máis baixo e coa temperatura máis baixa.
Na Antártida atópanse o 90% dos xeos superficiais da Terra e o 70% da auga dóce. Se o xeo da Antártida se fundise o nivel dos océanos elevaríase entre 45 e 60 m.
Poboación: temporal de 1.000 a 4.000 habitantes 65 bases de 30 países
HISTORIA XEOLÓXICA Ata hai 160 millóns de anos a Antártida formaba parte de Gondwana xunto coa India, África, Australia Nova Celanda e Sudamérica. Ao fragmentarse ese supercontinente a Antártida e Australia seguiron unidas e fóronse desprazando cara ao sur, ata que a Antártida se separou definitivamente hai uns 80 millóns de anos. plantas fósiles
Xacementos minerais: carbón, petróleo, ferro, ouro, cromo, antimonio, molibdeno, uranio... En 1990 firmouse un tratado internacional prohibindo a explotación mineira durante 50 anos polas repercusións sobre o medio ambiente
Polo Sur 1-Polo Sur Xeográfico 2-Polo Sur Magnético 3-Polo Sur Xeomagnético 4-Polo Sur de Inaccesibilidade
Polo Sur Xeográfico: O punto máis austral da superficie terrestre, oposto ao Polo Norte. É un dos puntos onde o eixo de rotación intersecta á superficie da Terra. No Polo Sur converxen todos os meridianos. Como o eixo de rotación da Terra cambia ao longo do tempo o Polo Sur tamén cambia. 90º, 0’, 0’’S, 0º, 0’, 0’’ O
O Polo Sur está situado na Antártida, sobre unha meseta chan xeada e ventosa, a 2.835 m de altitude sobre o nivel do mar. A masa polar de xeo atópase sobre un xigantesco glaciar que se move 10 m por ano, polo que a posición do Polo Sur debe reposicionarse cada ano. Márcase cunha estaca cada día de Ano Novo.
O país máis achegado ao Polo Sur é Chile e a cidade máis próxima é Usuaia (Arxentina).
A distancia entre o Polo Sur e o Polo Norte xeográficos, seguindo a superficie da Terra, é de 20.000 km.
A base de investigación científica estadounidense Amundsen-Scott atópase practicamente sobre o Polo Sur xeográfico (89°59'51" Sur, a uns 270 m)
Bandeiras dalgúns países do Tratado Antártico no Polo Sur Ceremonial
Polo Sur Magnético: É o lugar onde o campo magnético da Terra é perpendicular á superficie. Está próximo ao Polo Sur xeográfico e varía constantemente.
CLIMA É un clima moi frío e desértico, case sen precipitacións. Os ventos son moi fortes e poden causar nevadas.
Durante o inverno austral (seis meses) o Polo Sur non recibe nunca luz solar. A falta de calor solar, combinada coa altitude (3.200 m) fan desta zona unha das máis frías da Terra. Inverno: arredor de -65 °C. Temperatura máis baixa rexistrada: -89,6 °C (base Vostok).
eixo solsticio de decembro
No verán austral o sol está todo o tempo nunha posición baixa sobre o horizonte. Acada a posición máis alta (aproximadamente 23,5º). As temperaturas son de arredor de -25 °C. Temperatura máis alta rexistrada: -14 °C (na base Amundsen-Scott)
Temperaturas media máxima e mínima, e precipitacións na Antártida
A transparencia do ceo fai que sexa un lugar axeitado para instalar observatorios astronómicos.
FLORA Algas, brións, liques, bacterias, caravel antártico, pasto antártico caravel antártico (Colobanthus quitensis )
FAUNA Abonda sobre todo no océano. Achéganse moitas especies na época do desxeo. Foca de Wedelle (Leptonychotes weddellii)
Mamíferos: leopardo mariño, foca de Weddell, balea (azul, franca austral, minke), cachalote, candorca... rorcual azul
Aves: pingüíns, escúa, petrel, corvo mariño antártico, albatros, gaivota dominicana antártica, gaivotín antártico, pomba antártica... Pingüín emperador (Aptenodytes forsteri): os machos pasan o inverno antártico sobre o xeo chocando os ovos.
Peixes: bacallao antártico, Trematomus, Gosztonyia antarctica. Bacallao antártico (Dissostichus mawsoni) producen unha glicoproteína anticonxelante) Gosztonyia antarctica.
Invertebrados: lura xigante, krill, colémbolos, ácaros, moscas e mosquitos non voadores... Krill (Euphausia superba) Belgica antarctica , un mosquito sen ás
HISTORIA DAS EXPLORACIÓNS DA ANTÁRTIDA
-1603 o explorador español Gabriel de Castilla chegou aos 64ºS e veu terra (poderían ser as illas Shetlans do Sur). Unha base española na Antártida leva o seu nome
-1772 o inglés James Cook circunnavegou a Antártida, sen divisar terras máis alá do paralelo 60ºS. ruta seguida por Cook
-19 de febreiro de 1819 o foqueiro inglés William Smith, a bordo do bergantín Williams, foi o primeiro en descubrir terra de forma confirmada ao sur do paralelo 60ºS (illa Livingston).
-1820 unha expedición rusa dirixida por Fabian Gottlieb von Bellingshausen e Mijail Petrovich Lazarev circunnavegou o continente e realizou un recoñecemento do litoral.
-1823 o británico James Weddell descubriu as illas Órcadas do Sur e o Mar de Weddell.
-1839 a 1843 o capitán James Clark Ross comandou unha expedición británica cos navíos Erebus e Terror. Cartografiaron unha boa parte da costa antártica.
Buques Erebus e Terror Expedicións de Ross
-1901-1904: expedición Discovery Organizada pola Royal Society e a Royal Geographical Society co obxectivo de realizar investigacións científicas e exploracións xeográficas. Ao mando do británico Robert Falcon Scott (navío Discovery). Con Ernest Shackleton, Edward Adrian Wilson, Frank Wild, Tom Crean e William Lashly. acadaron o punto máis meridional ata esa data; latitude 82º,17’ S.
1907-1909 Expedición Nimrod A expedición dirixida por Ernest Shackleton (con Douglas Mawson, Edgeworth David e Alistair Mackay) chega á latitude 88º 23’S e vense forzados a abndoar a tan só 180 km do Polo Sur. Despois de perccorrer 3.000 km en territorio antártico regresa a Inglaterra. Atopou o Polo Sur Magnético.
A expedición Nimrod foi a viaxe máis longa de todas as realizadas ao Polo Sur ata a actulidade (máis de 3.000 km a pé, incluíndo a ascensión ao monte Erebus) monte Erebus
14 de decembro 1911 Primeira expedición que chegou ao Polo Sur Xeográfico, dirixida polo noruego Roald Amundsen Roald Amundsen
Amundsen partiu o 19 de outubro de 1911. Cinco homes (Amundsen, Bjaaland, Hanssen, Hassel e Wisting) con catro trenós e 52 cans de raza groenlandesa, liderados pola femia Etah. O equipo regresou a Framheim o 25 de xaneiro de 1912, con 11 cans, despois de 99 días de viaxe de ida e volta ao Polo Sur. navío Fram
Alimento do equipo (ración diaria): -380 g de galletas -350 g de pemmican -40 g de chocolate -60 g de leite en pó Alimento dos cans: -500 g de pemmican diarios. Pemmican: comida concentrada formada for unha masa de carne seca moída, baias desecadas e graxas. Achega proteínas, vitaminas e enerxía. Foi unha comida de supervivencia inventada polos nativos norteamericanos que que se conserva moito tempo.
17 de Xaneiro de 1912. Expedición Terra Nova A expedición do británico Robert Falcon Scott chega ao Polo Sur. Morren no camiño de volta de fame e hipotermia. Comezan a viaxe con ponis de Siberia, cans e trenós motorizados e finalmente eles mesmos arrastran a carga. Robert Falcon Scott en 1911
O equipo de Scott o 18 de xaneiro de 1912. De esquerda a dereita: Oates, Scott e Wilson (de pé); Bowers e Evans (sentados). Foto preparada por Bowers.