140 likes | 335 Views
O GRAN RETO: CONTAMINACIÓN ACÚSTICA. Autores: Comité Ambiental Ceip Condesa de Fenosa.
E N D
O GRAN RETO: CONTAMINACIÓN ACÚSTICA Autores: Comité Ambiental Ceip Condesa de Fenosa
No mes de Outubroreunímonos no comité ambiental, pais, profes, persoal non docente e alumnado. Falamos dos proxectospostos en marcha, da continuidade dos mesmos e da necesidade de abordar un novo: a contaminación acústica.
Na primeira reunión do alumnado do comité decidimos levar as aulas a idea, e estudiar si existía ou non un problema de contaminación acústica.
Unha vez constatada a existencia do problema, decidimos estudar cales eran os lugares e os momentos de máis ruido.
Chegamos a conclusión de que o comedor e a biblioteca eran os lugares máis ruidosos e as horas de entradas e saídas as peores.
Consideramos que abordar todo dunha vez non ía ser efectivo, e escollemos un lugar para comezar: a biblioteca.
Na seguinte reunión do comité ambiental, xa no segundo trimestre, decidimos buscar posibles solucións para a disminución do ruídona biblioteca.
Fixemosunha lista coa colaboración dos nososcompañeiros, que colgamos napáxina web e unha serie de normas e actividades que axudaran a acadar o noso propósito.
Entre todas as actividades escollemos unha: a elaboración dun conto no que o ruído fose o protagonista.
Comezamos a aportar ideas, selecionamos as que nos íantraendo, fixemos os debuxos e iniciamos a montaxe do mesmo.
Elaboramos o papel reciclado para o noso conto do seguintexeito: despois de picado en anaquiños, metémolonaauga , batemos e démosllecor.
Escurrímolocunhascaixiñasespeciais, coas que taménlle demos a forma.
Finalmente avaliamos a actividade: a nosa biblioteca é unha biblioteca moi viva. Pretender un silencio absoluto é imposible, pero si, mellorou un pouco e pensamos seguir nestalíña.