180 likes | 378 Views
Urano. Cronos. Rhea. Afrodita. Hades. Hestia. Démeter. Poseidón. Hera. Zeus. Ares. Hefesto. Atenea. Apolo. Artemisa. Hermes. Dioniso. Zeus ( Zeuj ). “Cantarei a Zeus, o principal e máis grande dos deuses, o rei do que se oe a voz desde lonxe, o todopoderoso.”.
E N D
Urano Cronos Rhea Afrodita Hades Hestia Démeter Poseidón Hera Zeus Ares Hefesto Atenea Apolo Artemisa Hermes Dioniso
Zeus (Zeuj) “Cantarei a Zeus, o principal e máis grande dos deuses, o rei do que se oe a voz desde lonxe, o todopoderoso.” Xúpiter (Iuppiter) Reina no Olimpo, controla os fenómenos atmosféricos, é chamado “pai de deuses e homes”, “amontoador de nubes”... O animal que o representa e a aguia real, os seus símbolos máis importantes son o lóstrego e a éxida.
Hera ( (/Hra) Xuno (Iuno) É irmá e esposa de Zeus, co que rifa constantemente a causa dos ciumes. É protectora da familia, especialmente dos partos. O seu símbolo é o pavo real.
Poseidón (Poseidwn) Neptuno (Neptunus) É irmán de Zeus; no reparto do poder tocoulle reinar nos mares, pero tamén pode provocar terremotos. É un deus irascible e impetuoso.
Hades ( ((/Aidhj) Plutón (Pluto) Acompañado pola súa muller Perséfone reina no Hades, no mundo dos mortos.
Deméter ( Dhmh/thr ) Ceres ( Ceres ) Representa a fertilidade da terra; era unha deusa moi venerada nas comunidades agrícolas.
É a filla primoxénita de Crono e Rea; é a deusa do lume do fogar. No templo de Vesta, en Roma, as sacerdotisas vestais custodiaban o lume sagrado que representaba o espíritu da cidade. Hestia ( (Esti/a ) Vesta (Vesta)
Atenea ( )Aqh=na ) Minerva (Minerua) Nacida da cabeza de Zeus, é a súa filla preferida. Representa a sabiduría, tanto na paz como na guerra. É protectora de Atenas. O seu símbolo é a curuxa.
Ares ( )/Arhj ) Marte ( Mars) É o único fillo de Zeus e Hera. E o deus da guerra, moi venerado en Roma por ser pai de Rómulo.
Hefesto ( (/Hfaistoj ) Vulcano ( Vulcanus) É feo e coxo, pero está casado con Afrodita. É o deus da fragua, da técnica do metal.
Apolo ( )/Apollwn , Apollo) É fillo de Zeus e Leto. Protexe as artes en xeral, pero tamén a medicina e a profecía. Asóciase normalmente co Sol e coa música da lira.
Artemisa ( )/Artemij ) Diana (Diana) É irmá de Apolo; habita nos bosques cazando coas súas ninfas. A súa castidade é proverbial. Asóciase coa lúa e coa noite.
Hermes ( (Ermh=j ) Mercurio (Mercurius) Fillo de Zeus e Maia. É o mensaxeiro dos deuses e o encargado de transportar as almas dos mortos ao Hades. Protexe aos mercaderes, aos viaxeiros e aos ladróns. O caduceo e o seu símbolo de mensaxeiro.
É fillo de Zeus e Sémele, pero a súa nai morreu antes do parto e a perna do seu pai fixo de “incubadora”. Está asociado ao desenfreno, á bebida e á luxuria. Dioniso (Dionu/soj) Baco (Bacchus)
Naceu a partir do seme de Urano na illa de Chipre. Representa o atractivo sexual, a sensualidade. Afrodita ( )Afrodi/th ) Venus( Venus )