1 / 15

Hola, son Vaca. ¡Axúdame a entender o meu destino e de paso o teu!

COCIÑA COOLtural IES Sánchez Cantón 2007. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden. Hola, son Vaca. ¡Axúdame a entender o meu destino e de paso o teu!. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden. Mira todas as diapositivas desta presentación antes de comprometerte neste traballo.

oistin
Download Presentation

Hola, son Vaca. ¡Axúdame a entender o meu destino e de paso o teu!

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. COCIÑA COOLtural IES Sánchez Cantón 2007 Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden Hola, son Vaca. ¡Axúdame a entender o meu destino e de paso o teu!

  2. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden Mira todas as diapositivas desta presentación antes de comprometerte neste traballo Suxíreche algo a palabra “globalización” ? e xogando coas palabras “mcdonalización” ? ! Uff….me da medo ata pronunciala ¡

  3. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden Vótalle unha ollada a estas páxinas Coñeces a película Super Size Me (2004), un documental dirixido e protagonizado por Morgan Spurlock no que decide alimentarse unicamente de comida dos restaurantes McDonald's durante un mes enteiro?

  4. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden Respecto as páxinas que visitaches, identifícaas ben atendendo a quen as promove, determina cal é a súa finalidade. ¿Cales teñen mellores recursos para atraer a atención? ¿Mellor deseño? Toma conciencia de todos eses recursos e elementos. Sénteste nalgún momento manipulad@? Observa as súas páxinas oficiais: as imaxes que aparecen reflicten de forma real todo o proceso de producción, por exemplo, dunha hamburguesa? Que imaxe cres que queren dar? Que papel xogan @s nen@s nas campañas publicitarias das grandes cadeas como Mc Donald’s? ...e os varóns? ...e as mulleres?

  5. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden Ves algunha relación entre a “globalización” da hamburguesa e a conservación da biodiversidade? Que modelo de agricultura impoñen as transnacionales agroalimentarias? Ten algo que ver co empobrecemento dalgúns pobos? Cómo afectan os cambios alimentarios que se derivan do pulo da comida rápida e industrial á nosa saúde? ...e a nosa forma de vida e de relacionarnos?

  6. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden O meu cerebro de vaca non comprende estas afirmacións, pero intúo que din algo importante. Aclárame as ideas. 1 Estamos tan modelados polos «biotecnopoderes» que desde a forma, o tamaño, as pautas médicas e o peso axeitado dos corpos ata a «natureza» da comida que inxerimos se converten en imposicións biotecnolóxicas. (Carme Adán)

  7. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden O meu cerebro de vaca non comprende estas afirmacións, pero intúo que din algo importante. Aclárame as ideas. 2 Para Shiva, igual que para a maioría das ecofeministas, a idea dun progreso ilimitado baseado nos desenvolvementos científico - tecnolóxicos é unha quimera que só conduce á destrucción do planeta e ao empobrecemento dos máis desfavorecidos. (Carme Adán)

  8. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden O meu cerebro de vaca non comprende estas afirmacións, pero intúo que din algo importante. Aclárame as ideas. 3 Na opinión desta autora, a biotecnoloxía é a expresión máis actualizada dunha ciencia que segue instalada no paradigma do mecanicismo e do industrialismo capitalista. Neste sentido a biotecnoloxía non sería máis que unha nova fase no desenvolvemento da ciencia occidental que se apropia dun recurso común e gratuíto, as sementes ou o plasma xerminal, para transformalo a través dos laboratorios en mercadorías comercializadas polas grandes empresas.(Carme Adán)

  9. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden O meu cerebro de vaca non comprende estas afirmacións, pero intúo que din algo importante. Aclárame as ideas. 4 A colonización das sementes reproduce os patróns da colonización dos corpos das mulleres. Os beneficios e o poder aparecen intimamente vencellados á invasión de tódolos organismos biolóxicos. (Vandana Shiva)

  10. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden O meu cerebro de vaca non comprende estas afirmacións, pero intúo que din algo importante. Aclárame as ideas. 5 Nas dúas últimas décadas, o fenómeno "McDonald's" e restaurantes similares asentouse na vida alimentaria do noso país, facendo patente o efecto que, as xa clásicas teorías antropolóxicas difusionistas nos ilustraron, é dicir, os procesos de aculturación que se dan na "aldea global". (Javier Eloy Martínez Guirao)

  11. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden O meu cerebro de vaca non comprende estas afirmacións, pero intúo que din algo importante. Aclárame as ideas. 6 No caso que nos ocupa, esa racionalidade resulta algunhas veces paradóxica: por un lado hai unha contraposición entre o discurso médico, o estético, o gastronómico ou o económico, por outro un ensalzamento da globalización como algo desexable, ao tempo que se lle atribúen elementos que van en contra das identidades culturais. (Javier Eloy Martínez Guirao )

  12. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden Atréveste ir a un establecemento McDonald ou similar, levando os ollos ven abertos.? ¡Non fai falla que consumas! Atende á decoración do local, á publicidade que contén Observa aos clientes, idade, sexo, van en grupos, familias, parellas, individualmente, van no lecer, coma descanso no traballo, cal é a permanencia no local... En canto aos empregados, fíxate nas súas idades, sexo, trato entre si, coa clientela, ... Que consumen de comer? E de beber? Que variacións ofrecen os menús?

  13. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden Reparte tarefas cos demais membros do grupo Unha posibilidade interesante é ter preparado algunhas preguntas que serviran de directriz por se te animas a entrevistar a algunha persoa cando fagas o traballo de campo. Pensa en facer algunhas fotos

  14. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden Concordan as túas observacións e os datos que obtiveches directamente coas afirmacións que se mantiñan nos estudios que liches? Teredes que facer un esquema coas conclusións ás que chegáchedes e partindo del darlle forma as ideas para a súa publicación. Reparte tarefas cos demais membros do grupo

  15. Eu como Ti comes Nos comemos Eles deciden Que tal o pasaches facendo este traballo? Cres que despois desta experiencia variou en algo a túa forma de pensar? Outra cousa... modificarase a túa forma de vivir a comida? Que tal foi a relación c@s compañeir@s de equipo? Que cambiarías da maneira en que se desenvolveu o traballo?

More Related