140 likes | 517 Views
O SÉCULO XIX O Rexurdimento. A SITUACIÓN LINGÜÍSTICA NO SÉCULO XIX. O galego é falado por máis do 90% da poboación (labregos, mariñeiros, artesáns...) O castelán era a lingua que representaba o poder (fidalgos, cregos, médicos, mestres...).
E N D
A SITUACIÓN LINGÜÍSTICA NO SÉCULO XIX • O galego é falado por máis do 90% da poboación (labregos, mariñeiros, artesáns...) • O castelán era a lingua que representaba o poder (fidalgos, cregos, médicos, mestres...)
Neste século aumenta o coñecemento, uso e prestixio do castelán debido a: • unha maior presenza da escola • a importancia que ía adquirindo a prensa • o crecemento dunha nova burguesía (comerciantes, conserveiros...) de orixe foránea • a emigración a países de fala hispana
O REXURDIMENTO • É o movemento de recuperación política e cultural de Galiza que se desenvolveu na metade do século XIX. • Tivo especial importancia para a literatura • Distínguense dúas etapas: • PRERREXURDIMENTO • REXURDIMENTO PLENO
PRERREXURDIMENTO • Entre principios do XIX e 1863 • Relaciónase co Provincialismo (movemento político que pedía que Galiza fose unha única provincia) • Ao principio úsase o galego en textos que animan á loita contra a invasión francesa (1808) • Anos máis tarde destacaron os poetas Xoán Manuel Pintos e Francisco Añón
XOÁN MANUEL PINTOS (1812-1876) Óu Galicia, Galicia boi de pallaCanta lástima tèn de ti o Gaiteiro!O aguillon que che menten è de aceiroE con el muita forza te asoballa. No lombo teu zorrega, bate e mallaFasta o máis monicreque ferrancheiro,E calesquer podenco forasteiroTe vafa, de vergonza sin migalla! Agarima alleeira eses ingratosOu vívoras que postas ò teu peitoCo ferrete che rompen mil buratos! Si o sangre teu refugas do teu leito,Malas novas, madrasta de insensatos,Dos fillos teus ò amor non tès dereito. Portada de A gaita gallega
FRANCISCO AÑÓN (1812-1878) Ay esperta, adorada Galicia,D'ese sono en q'estás debruzada;D'o teu rico porvir a alboradaPo-l'o Ceo enxergándose vay. Xa cantando os teus fillos te chaman,E c'os brazos en cruz se espreguizan...Malpocados! O q'eles cobizanÉ un bico d'os labios d'a Nay.
O REXURDIMENTO PLENO • Entre 1863 e 1916 • Relaciónase co Rexionalismo (movemento político e cultural que concibe a Galiza como rexión, reinvindica as súas particularidades culturais e pide unha certa autonomía). • Autores principais: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. • Dúas datas básicas: • En 1863 publícase Cantares gallegos de Rosalía de Castro. • 1880. Neste ano publicáronse Follas novas de Rosalía de Castro e Aires da miña terra de Curros Enríquez.
CARACTERÍSTICAS DO REXURDIMENTO • A reivindicación do carácter diferenciado de Galiza. Os intelectuais interésanse polas raíces do país: a súa historia, as súas tradicións, a súa lingua. • En 1856 participaron no chamado “Banquete de Conxo”, acto de confraternización entre obreiros e estudantes. • Publicouse máis poesía que prosa ou teatro. En prosa destacou Marcial Valladares e en teatro Francisco Maria de la Iglesia. • Importancia de publicacións periódicas como O Tío Marcos da Portela e de coleccións como a Biblioteca Gallega. • Aparecen as primeiras gramáticas, dicionarios e estudos sobre lingua, literatura e historia de Galiza.