90 likes | 336 Views
Antoloxía de poesía galega. Pablo Escurís Fernández 1ºBACH A. Poemas. Quantas sabedes amar amigo (Martín Códax , Medieval) A Filida ( Xosé Cornide , Séculos Escuros ) Negra sombra (Rosalía de Castro, Rexurdimento ). Quantas sabedes amar amigo:
E N D
Antoloxía de poesía galega Pablo Escurís Fernández 1ºBACH A
Poemas • Quantassabedes amar amigo(Martín Códax, Medieval) • A Filida (XoséCornide, SéculosEscuros) • Negra sombra (Rosalía de Castro, Rexurdimento)
Quantassabedes amar amigo: Quantas sabedes amar amigotreidescomig'alo mar de Vigo e banhar-nos-emos nas ondas.Quantas sabedes amar amadotreidescomig'alo mar levado e banhar-nos-emos nas ondas.Treidescomig'alo mar de Vigoe veeremo-lo meu amigo e banhar-nos-emos nas ondas.Treidescomig'alo mar levadoe veeremo-lo meu amado e banhar-nos-emos nas ondas.
Quantassabedes amar amigo A moza quere que as súas amigas vaian con ela a Vigo para ver o seunamorado. Martin Códax é probablemente o xogrargalego-portugués máiscoñecido. Naceu a mediados do século XIII, probablemente en Vigo, xa que nassúas cantigas fai mención a esta cidade, e faleceu a principios do séculos XIV. Este poema ten os recursos propios das cantigas de amigo: paralelismo, leixaprén e refrán. Ademais, utiliza outros recursos como a derivación, no segundo verso, xa que repite a mesma raíz. Escollín este poema polasúa forma, que é a típica das cantigas de amigo. PergamiñoVindel, que recolle as sete cantigas de amigo de Martín Códax
A Filida ¿Viche, Filida amada, o pajariñoque arando desos aires nas campiñas,descoidado se achanta polasliñasque cauto cazador pon no camiño?¿Viche que forzafai para soltarsee levar a bicadaósseuspajaros(parte do corazón e fillos caros),que deixara no niño ó remontarse?Pois viche a quen che adora pola vida,que, chantado no ichó de un imposibre,cata aquí, cata alí se achasaídapara fugir, podendo verse libree acurrujarse firme no teu seo,en que chorara atento o seu deseo.
A Filida Este soneto é considerado como unha das pezas máximas da nosa literatura polasúamestría formal e sensibilidade. É probablemente o poema máiscoñecido de XoséCornide, malia que non dedicou atención á divulgación das súas obras e que viviu na época dos Séculos Escuros. Esta etapa é o Século de Ouro da literatura castelá. Por todo isto, son escasas as obras que nos permiten coñecer a linguadesta época. Escollín este poema porque é curto e máis fácil de compreder que os demais dos SéculosEscuros.
Negra Sombra Cando penso que te fuches,negra sombra que me asombras,ó pé dos meus cabezalestornas facéndome mofa.Cando maxino que es ida,no mesmo sol te me amostras,i eres a estrela que brila,i eres o vento que zoa.Si cantan, es ti que cantas,si choran, es ti que choras,i es o marmurio do ríoi es a noite i es a aurora.En todo estás e ti es todo,pra min i en min mesma moras,nin me abandonarás nunca,sombra que sempre me asombras.
Negra Sombra Pertenceao poemario Follas Novas de 1880 da autora Rosalía de Castro. A súa publicación anterior, Cantares Gallegos, marcou o inicio do Rexurdimento, en 1863. Follas Novas é unha obra máispersoal, no que se expresan todos os sentimentos e reflexións da autora. Escollín este poema porque é moicoñecido, tanto o libro como a autora, e é máis fácil recompilar información sobre eles.
Bibliografía • http://bvg.udc.es/ • http://www.galegos.info/xose-andres-cornide-e-saavedra • http://gl.wikipedia.org/ • http://www.galego.org/espannol/visita9.html