270 likes | 441 Views
O Entroido en Ourense. ¿Qué é o entroido?. O entroido é unha das festas máis populares de Galicia que aúna diversión e gastronomía. Aproveitamos o entroido para vestirnos dos nosos personaxes favoritos ou para facer crítica social.
E N D
O Entroido en Ourense
¿Qué é o entroido? • O entroido é unha das festas máis populares de Galicia que aúna diversión e gastronomía. • Aproveitamos o entroido para vestirnos dos nosos personaxes favoritos ou para facer crítica social. • Na aula hospitalaria convertímonos en espectadores do entroido ourensán e facemos as nosas máscaras.
O entroido en Ourense • Os primeiros pasos danse cos domingos fareleiro, oleiro e corredoiro. • O xoves de comadres en Verín e a continuación o xoves de compadres.
O entroido na capital • A máscara é aPITA, orixe que se remonta á década dos 50 e que se recuperou no 1999 polos veciños de As Eiroás. • A festacomenza o domingo fareleiro e remata o martes de entroido despois da voda da pita e coa queima do meco que presidíu a praza do concello durante todo o entroido. • A gastronomía da festa baséase en que cada quen leve o seu propio xantar para convidar ós demáis no “convite dos noivos”
O traxe da pita consiste en: • Carauta en branco e negro por diante e por detrás debuxos da natureza ou do matrimonio. • Chaqueta curta. • Calzas curtas negras. • Camisa e medias de encaixe brancas. • Polainas negras. • Dos brazos da chaqueta colgan sendas capas cheas de plumas de vivos cores das que colgan axoúxeres. • Cinto de coiro do que colgan 17 chocas. • Bolsa de coiro no que as pitas levan os ovos que tiran a quen se cruce no seu camiño. • Do ombreiro saen fitas que indican a antigüedade da pita e a cor márcase por algún feito salientable ó longo do ano. • Na chaqueta unha insignia de prata que se pode levar todo o ano.
Entroido en Viana do Bolo • O persoaxe é o Boteiroa quen acompaña o folión que é un grupo de veciños con instrumentos musicais e aperos de labranza como: bombos, fouciños, cornos… • A gastronomía do lugar baséase na Androlla que é un embutido cárnico parecido ó Botelo.
Traxe de Boteiro • Unha máscara de madeira tallada e cor negra. • Unha pantalla de alame e papeis de cores formando figuras. • Unha camisa de liño forrada de tecidos con moito colorido. • Pantalón vermello con frecos de cores. • Cinto forrado de cencerros que avisan do seu paso. • Un pau rematado nunha borla “ a monca” usado para brincar.
Boteiro de vilariño de Conso • A máscara tamén é de madeira tallada pero a diferencia do Boteiro de Viana non é negra, ten un sorriso e un amplo bigote.
Entroido en Verín • Comenza co domingo corredoiro (presentación dos cigarróns) e continúa co xoves de comadres no que só se permite saír ás mulleres e o xoves de compadres no que saen os homes. • A gastronomía nestes días consta de: cocido, lacón con grelos e a torta do cigarrón.
Personaxe: Cigarrón • A máscara é de madeira pintada de cores rechamantes • Mitra de metal cun motivo de animais ou astros león, lobo, vaca, boi. • Detrás unha pelica, de pel sintética ou de gacela, noutro tempo de gato, raposo ou lobo. • Camisola branca. • Garabata. • Chambra corta da que colgan frecos dourados atados con lazos de tres cores. • Sobre os ombreiros unha pañoleta. • Unha gran faixa vermella enrolada ó ván e suxeita ó pantalón. • Enriba da faixa vai o cinto do que colgan as chocas (cencerros). • Medias brancas e ligas. • Zapatos negros. • “Zamarra" (látigo) na man.
Entroido en Laza • O entroido máis antergo de Galiza e entre os dez do mundo. • O personaxe é o Peliqueiro. • Comenza co Folión cos fachos de palla. • A troulada e cabritada ( comilona). • A farrapada(tirarse panos mezcrados con barro). • A xitanada dos burros. • A saída da Morena(vaca de madeira que anuncia a chegada á Picota de fariña e formigas.
O martes é a saída dos peliqueiros veteranos. • O gran desfile de "carrozas enxebres" • Remata o entroido co " testamento do burro“.
Traxe de peliqueiro • Careta de madeira de Vidueiro. • Mitra de aluminio con “pondóns” nos extremos e motivos animais. • Camisa branca. • Garabata. • Chaqueta. • Calzóns brancos. • Faixa • Seis "chocos" de kilo e medio cada un suxeitos por un cinto de pel • Medias vermellas con liga. • Zapatos negros. • Zamarra na man.
A gastronomía de Laza • Salpicón de Bandullo, morro de cachucha, lacón, chourizo, orella, grelos e patacas. • Como postre Bica Branca. • Todo regado con bos viños e os licores do lugar: xastré e licor café.
Entroido en Xinzo de Limia • Domingo fareleiro • Domingo Oleiro • Domingo corredoiro • Luns e martes de entroido • Mércores de cinza • Domingo de piñata
Personaxe:A Pantalla • Careta de cartón, papel periódico, fieltro, fariña , auga e pintura. • Cara de demo,poriba adórnase con motivos astrales ou animais totémicos. • Flecos como barba. • Unha tela, a percalina, colga polos lados. • Camisa e calzón brancos • Faixa vermella con campanillas • Capa vermella ou negra • Pañoleta (casi siempre vermella). • Polainas negras. • Zapatos negros. • Vexigas infladas de vaca nas mans.
Como gastronomía destacan: • Cocido. • Lacón con grelos. • Cabrito e cordeiro. • Orellas de carnaval. • Filloas. • Roscón.
O entroido chega ó fin co enterro da sardiña o mércores de cinza. Tradición popular que reflexa a abstinencia e redención para a preparación da Semana Santa.
Entroido Na Nosa Aula • As pitas de Eiroás visitáronnos para mostrarnos a sua festa, o traxe… e contarnos a orixe da mesma (trouxeron agasallos para todos)
Fixemos caretas, pintámolas, decorámolas e puxémolas. Realizamos actividadesdo libro: “Aires de festa”. Grazas á colaboración das “PITAS” que nos enviaron manualidades, elaboramos carautas. Decoramos a aula con motivos de entroido.
A continuación unha serie de manualidades para que poidades descargar e imprimir -mellor en cartolina- para colorar e recortar.As 3 primeiras fichas son para colorar.As 3 seguintes son para as/os máis atrevidas/os.O produto final é unha reproducción en pequeno da máscara.As 2 últimas fichas conforman unha carautaá que lle teredes que poñer unha goma elastica
Enlaces ó entroido Galego (por si queres saber máis de ourense e outras provincias) • www.galiciaespallada.com.ar/entroido_culturagalega.htm • www.galeon.com/carnaval_ourense/provincia.htm • www.museo.depo.es/noticias/.../es.02010114.html • www.boqueixon.com/downloads/biblioteca/maquetaxenerais.pdf • sites.google.com/site/bibliocole/entr... – • www.profes.net
O carnaval en Galicia.Federico Cocho. Xerais Laza o entroido enxebre. Xesús Blanco Conde As festas anuais. O entroido. Colectivo ollo de sapo: Bibliografia Entroido
Aires de festa. Xoán Carlos Albarellos Codesido /Vicente Reboleiro González.Caderno de apoio. BAHIA Aires de festa. Entroido.edicións BAHIA Mini en carnaval: (recomendado a partir de 7 anos). A Mini gústalle moito ir á escola, pese a que a súa compañeira Cornelia non é “santo da sua devoción”. Achégase o entroido e todos están nervosos ante tan esperado acontecemento. Descubre que lle pasa a Mini. Literatura infantil e xuvenil
Juego a disfrazarme,(a partir dun ano). Teo e os sus amigos pasan un divertido entroido disfrazándose de Carapuchiña vermella, de coello, de asno, de fada… A partir das ilustracións, o neno aprende a observar e facer disfraces coas prendas que ten na casa para poder celebrar unha festa de disfraces sempre que queira. Disfraces divertidos É un novo formato da colección “Divertidos”no que, ademáis do texto en rima e os pop-ups, o neno atopará 30 combinacións diferentes de texto e ilustración.
EnDisfrázateatoparás 14 orixinais propostaspara que os teus fillos se disfracen coas cousas que tes na casa. Gracias a él demostrarás quedisfrazarse é máis doadodo que parece. Con “¡Píntate la cara!”teu fillo estará disfrazado en 5 minutos sin precisar traxe. Princesas e príncipes, animaliños, grandes animais, ¡Qué medo!, ¡Festa!, aventuras e viaxando son as 7 seccións en que está organizado o libro para que non tardedes nin dous minutos en atopar o maquillaxe que mellor se adapte a o que buscas.
Rafi and Rosi: Carnival! Por: Lulu Delacre Para edades: 6-9 Nivel de lectura: Lector independente . En inglés e en castelán. Mi primer libro de fiestas. (My First Party Book) Por: Angela Wilkes Para edades: 3-6 Nivel de lectura: Pre-lector Este libro en formato grande ten fotografías a color e instruccións sinxelas e doadas de seguir para axudarlle a facer divertidas festas infantís.