1 / 62

gato (Felis silvestris catus ) gato cat chat gato

gato (Felis silvestris catus ) gato cat chat gato. O gato é un animal mamífero de tamaño pequeno (25 a 35 cm de altura media) co corpo cuberto de pelo de cor e tamaño variable segundo a raza. ORELLAS: triangulares e erguidas. CABEZA: de forma esférica co fuciño pouco saínte. OLLOS

pennie
Download Presentation

gato (Felis silvestris catus ) gato cat chat gato

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. gato (Felis silvestris catus) gato cat chat gato

  2. O gato é un animal mamífero de tamaño pequeno (25 a 35 cm de altura media) co corpo cuberto de pelo de cor e tamaño variable segundo a raza.

  3. ORELLAS: triangulares e erguidas. CABEZA: de forma esférica co fuciño pouco saínte. OLLOS grandes, en posición frontal TRONCO: cilíndrico, alongado RABO: longo e fino BIGOTES: pelos sensoriais que ten no fuciño e enriba dos ollos PELO: curto, liso e suave de cor variable. PATAS DIANTEIRAS: rematadas en cinco dedos PATAS TRASEIRAS: rematadas en catro dedos.

  4. MÚSCULOS caudais dorsais glúteo trapecio mastigadores recto deltoide xemelgo biceps triceps abdominais flexores OS MÚSCULOS do gato son semellantes aos das persoas. Os máis importantes son os que usa para dar saltos.

  5. ESQUELETO cránio omóplato pelve vértebras sacro maxilar fémur húmero peroné cúbito costelas radio tarso esternón tibia carpo metatarso metacarpo falanxes falanxes O ESQUELETO está formado polos mismos osos que o noso.

  6. ÓRGANOS INTERNOS intestino delgado intestino groso esófago fígado ril ano cavidade bucal testículo pene vexiga tráquea pulmón estómago corazón

  7. APARATO REPRODUTOR vexiga ovario recto ril ril recto testículo pene vaxina útero vexiga ubre MACHO FEMIA

  8. MACHO FEMIA

  9. Os gatos desprázanse a catro patas apoiando os dedos sobre uns saíntes carnosos que fan que non se escoite e coas unllas escondidas nuns repregues da pel.

  10. Os movementos do gato son áxiles e flexibles. Poden correr a gran velocidade, aínda que durante un tempo curto, xa que cansan axiña. Despois de descansar estira toda a súa musculatura Ten unha gran potencia de salto grazas á posición das patas traseiras a xeito de panca (apoia todo o pé facendo unha Z) e á potente musculatura. Equilíbrase co rabo. Cando cae dun sitio alto da voltas no aire e consegue equilibrarse ata quedar de pé.

  11. Pode gabear coa axuda das unllas que son afíadas e ganchudas e permítenlle suxeitarse a moitas superficies.

  12. Os gatos teñen un oído excelente. Oen sons con frecuencias máis altas que as persoas e perciben a moita distancia os pequenos ruídos das súas presas (como os sons dos ratos). Pode mover as orellas e orientalas para escoitar mellor.

  13. Os ollos son moi sensibles á luz. A pupila dilátase para aproveitar a mínima cantidade de luz e péchanse con luminosidade alta.

  14. Os bigotes permítenlle orientarse no espazo e detectar pequenas vibracións e cambios de temperatura no aire.

  15. O gusto dos gatos é moi fino, proban a comida e gústalles a variedade.

  16. Os gatos son moi expresivos e utilizan moitos recursos para comunicarse.

  17. Os olores sérvenlle para atopar a comida, saber onde están as presas e emitir e recibir sinais.

  18. Marcan o seu territorio con sinais olfativas fregando o corpo contra obxectos, as pernas da xente... para indicar que nesa zona non queren intrusos. Para eso teñen unhas glándulas especiais situadas no rabo, enriba das sens e arredor do fuciño.

  19. A LINGUAXE DO GATO Para intimidar aos adversarios tenta parecer máis grande, ponse de pé, arqueando o lombo e poñéndose de perfil eriza o pelo do rabo e do lombo, as orellas cara atrás, as pupilas dilatadas e a boca aberta roñando, asubiando e resoplando. Cando vai a atacar: apóiase sobre as patas traseiras e prepárase para saltar. Aplana o pelo, ensina os dentes, enruga o nariz, resopla e da bufidos. Cando o agresor é máis forte que el sométese.

  20. BIGOTES: Extendidos cara aos lados: sinal de tranquilidade e indiferencia Cara atrás: timidez e retraemento. Abertos en abano: máxima atención, tensión, disposición para actuar.

  21. Bostezo: sinal de tranquilidade Cabeza ladeada: achegamento Patas estiradas: seguridade en sí mesmo ou tensión. Doblar as patas traseiras: seguridade. Doblar as patas traseiras e dianteiras: inseguridade, defensa.

  22. RABO: Movemento rápido dunha banda á outra: excitación. Ríxido, cara arriba: saúdo amistoso. Levantalo de súpeto e axitalo: ameaza de ataque.

  23. Pelo alporizado en todo o corpo: sinal de medo. Pelo alporizado na liña central do lombo e no rabo: ataque.

  24. VOCES, SONS: Gorgorexo (especie de ronquido xordo que fai coa gorxa): indica que está a gusto. Resoplido: ameaza, defensa. Cuspir: ameaza, aviso Roñido, berridos, bufidos: ameaza moi ofensiva. Maiar ou miañar: de tono, intensidade e modulación variable segundo o que intente expresar: chamada, descontento, falta de algo... Arrolamento: saúdo amistoso.

  25. Lambe a pel constantemente para asearse.

  26. Orina para deixar as súas “marcas” territoriais. Afila as garras contra calquera obxecto: árbores, mobles...

  27. Xoga con todo tipo de obxectos que se poidan facer rolar, estirar...

  28. os gatos pasan moitas horas xogando

  29. Góstalle estar ao sol e en sitios tranquilos durmindo moitas horas.

  30. Se se crían xuntos poden chegar a levarse ben con outros animais como cans e paxaros.

  31. ALIMENTACIÓN: Os gatos son por naturaleza animais de presa. Son carnívoros e teñen unha dentadura especializada: cairos moi desenvolvidos e fortes e molares afiados para romper os osos.

  32. Nas casas comen todo tipo de alimentos que lles proporcionan as persoas, pero, especialmente carne e peixe, ou alimentos preparados en lata, pensos... Ocasionalmente mordisquean herba para axudarse na dixestión. Cando quere pedir comida aos amos pode ser moi insistente, frégase contra as pernas e miaña repetidamente. Polo xeral non se adapta a horarios e góstalle comer varias veces ao día.

  33. O seu organismo e xeito de vida están adaptados á vida en libertade. Cando ten ocasión caza ratos e outros pequenos mamíferos, lagartiñas, paxaros, peixes... que come con pel e todo.

  34. Cando caza unha presa segue unha secuencia de movementos: axexo e aproximación silenciosa, salto e captura. Logo xoga un tempo antes de comela axitándoa e titrándoa ao aire.

  35. REPRODUCCIÓN: Os gatos son mamíferos vivíparos: as súas crías desenvólvense no interior da nai e nacen vivas. As femias teñen o primeiro celo entre os 6 meses e 1 ano. Cando ovulan o seu corpo cambia e andan inquedas (chámase “andar ó macho” ou “ás xaneiras”). Durante uns días están preparadas para aparellarse e atraen aos machos polo cheiro especial que desprenden ou polo xeito de comportarse e miañar. É frecuente que se xunten varios gatos e organicen pelexas ata que un consegue copular cunha femia.

  36. No caso de ser fecundada queda preñada durante dous meses (63 días) e pare unha camada de número variable nun lugar protexido e quente que ela mesmo escolle pola casa ou nos arredores.

  37. Os gatiños nacen cegos e xordos, con pelo e coas patas febles. Aos 8-12 días comenzan a abrir os ollos.

  38. Entre os 21 e 25 días dan os primeirios pasos.

  39. A partir da 3ª semana comen os primeiros alimentos sólidos.

  40. Durante a etapa de lactancia a nai transporta aos gatiños na boca e ensínalles a comer, cazar e comportarse.

  41. Entre a 4ª e 5ª semana empezan a xogar, saltar e pelexar.

  42. Aos dous meses aproximadamente é o destete. A nai xa non lles deixa mamar e comen pola súa conta.

  43. COIDADOS: Os gatos non precisan coidados especiais e se están sans poden chegar a vivir ata 20 anos. Deben ter un lugar para dormir e para facer as súas necesidades (no exterior ou unha caixa con area).

  44. Os gatos que viven na casa e en contacto coas persoas, especialmente nenos, deben estar limpos e libres de parásitos e enfermidades contaxiosas.

  45. Os gatos gozan na compaña das persoas e buscan sitios quentes e limpos.

  46. O gato san é desperto, curioso e xoguetón e límpase el mesmo regularmente lambendo o pelo para eliminar a suciedade e os pelos mortos.

  47. Debemos vacinalos nos períodos establecidos contra as enfermidades máis contaxiosas como a rabia e a leucemia felina. Débense desparasitar internamente polo menos dúas veces no ano para eliminar parásitos intestinais (vermes), e externamente para protexelos das pulgas, carrachos e outros inquilinos. Tamén é interesante observalo para advertir calquera modificación na súa conduta habitual porque pode ser síntoma de problemas.

More Related