1 / 38

A CIVILIZACIÓN ROMANA

A CIVILIZACIÓN ROMANA. 1º situación. A civilización romana desenvolveuse arredor do Mar Mediterráneo (Mare Nostrum). Os romanos dominaron territorios situados nos tres continentes que baña este mar: Europa, África e Asia.

pepper
Download Presentation

A CIVILIZACIÓN ROMANA

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. A CIVILIZACIÓN ROMANA

  2. 1º situación • A civilización romana desenvolveuse arredor do Mar Mediterráneo (Mare Nostrum). • Os romanos dominaron territorios situados nos tres continentes que baña este mar: Europa, África e Asia.

  3. A cidade de Roma, situada na península itálica foi o berce desta civilización. • O Tíber, que era navegable resultou fundamental para o desenvolvemento da cidade. Comunicaba Roma tanto coa costa coma co interior da península.

  4. 2ª.-A CREACIÓN DE ROMA • Segundo a lenda, Roma foi fundada no 753 a.C por Rómulo e Remo. • Nesta época vivían en Italia numerosos pobos. Entre eles destacaban os etruscos e os latinos.

  5. Os latinos fundaron varios poboados nunha zona coñecida como os Sete Outeiros, e da súa unión xurdiu a cidade de Roma.

  6. 3ª.-ETAPAS DA HISTORIA

  7. 3.1.- A MONARQUÍA • Gobernaba un rei elixido polos representantes das familias máis importantes da cidade: os patricios. • O rei exercía o seu cargo de por vida e era o encargado de: • Dirixir os ritos relixiosos. • Mandar o exército. • Exercer xustiza.

  8. O Senado: era unha asemblea formada polos cabezas de cada unha das familias máis importantes e axudaban ao rei nas labores de goberno.

  9. 3.2.-A REPÚBLICA • No ano 509 a.C. introdúcese en Roma unha nova forma de goberno: A República. • Durante a República había tres institucións principais: • Comicios: eran asembleas nas que se reunían os cidadáns para votar as leis e elixir os maxistrados.

  10. As Maxistraturas: • Eran os distintos cargos de goberno. • Eran elixidos por un ano. • Os maxistrados supremos eran dous cónsules, que tiñan o máximo poder civil e militar • O Senado: • Era a institución máis importante. • Establecía as leis, dirixía a política exterior e dáballe as normas de actuación aos maxistrados.

  11. Durante a época republicana Roma creou un gran imperio: • Estendeu o seu poder pola península itálica. • Enfrontáronse os cartaxineses na famosas Guerras Púnicas.Venceron os romanos e a vitoria converteunos en donos do Mediterráneo occidental: • Sicilia • Córsega • Sardeña • Norte de África • Península Ibérica.

  12. Na última etapa da República conquistaron: • Macedonia • Grecia • Exipto

  13. No S.I a.C. Comezou un período de corrupción, loitas e enfrontamentos internos na República. • Os militares foron aumentando o seu poder e para deter a desorde formáronse triunviratos:

  14. PRIMEIRO TRIUNVIRATO: • Formárono Xulio César, Craso e Pompeio. • O entendemento entre eles rompeu axiña, e Xulio César foi proclamado ditador perpetuo e asumiu todos os poderes. • No ano 44a.C foi asasinado. @

  15. SEGUNDO TRIUNVIRATO: • Estivo formado por Marco Antonio, Octavio e Lépido. • Tras unha serie de guerras, Octavio fíxose co poder e no ano 27 a.C. O senado concedeulle os máximos poderes.

  16. 3.4.-O IMPERIO • No ano 27 a.C. Iniciase unha nova etapa na historia de Roma: O Imperio. • Octavio Augusto foi o primeiro emperador de Roma e acumulaba todos os poderes: • Presidía o Senado. • Era o xefe do exército. • Dirixía a política exterior. • Ditaba as leis. • Decidía os tributos. • Nos séculos I e II d.C. O mundo romano alcanzou o seu máximo esplendor.

  17. 3.4.- A CAÍDA DO IMPERIO ROMANO • A principios do S.III o mundo romano entrou en crise. • Producíronse revoltas sociais: tanto de militares como de campesiños. • Os emperadores foron perdendo poder. • Polo norte, os xermanos, foron invadindo as fronteiras. • Polo leste presionaban os persas. • No ano 395 o emperador Teodosio divide o Imperio en dous para facilitar a súa defensa: • O imperio romano de occidente (Roma) • O imperio romano de oriente (Constantinopla)

  18. As dúas partes do Imperio evolucionaron de forma moi diferente: • No ano 476 os pobos invasores depuxeron ao último emperador romano de Occidente. • En Oriente o imperio mantívose mil anos máis, pero pasou a chamarse Imperio Bizantino.

  19. 4.-A SOCIEDADE. • A poboación do Imperio Romano dividíase en dous grandes grupos: • Cidadáns: • Podían participar en política. • Ser sacerdotes. • Iniciar causas penais. • Ser propietarios. • Non cidadáns: • Carecían dos dereitos antes mencionados. • Podían ser libres ou escravos. • Os escravos que recuperaban a súa liberdade convertíanse en libertos.

  20. As mulleres: • Nunca foron consideradas cidadáns. • Sempre estaban tuteladas por un home. • O papel fundamental da muller era a crianza dos fillos. • A pesar destas limitacións, as mulleres podían ter propiedades, rexentar negocios e participar en festas e espectáculos.

  21. 5.-A ECONOMÍA • Agricultura: • Era a actividade básica. • Principais cultivos: trigo, vide e oliveira. • Artesanía: • Desenvolvíase nas cidades. • Os obradoiros tiñan unha pequena tenda onde se vendían os produtos. • Comercio: • Os romanos estableceron un intenso comercio, tanto dentro como fora do imperio. • Importaban: sedas, ámbar, peles, escravos... • Este importante comercio era posible grazas a : • Existencia dunha mesma moeda en todo o imperio. • A existencia dunha extensa rede de calzadas (estradas) • A existencia de portos.

  22. 6.-AS CIDADES • As cidades eran os centros principais do imperio. • A maioría tiñan planta rectangular con rúas paralelas organizadas arredor de dous eixes principais: • Cardo: ía de norte a sur. • Decumanos: que ía de leste a oeste.

  23. No cruzamento de ambos eixes ou cerca del atopábase o foro. • Foro: praza centralen que se desenvolvía a vida política, cultural e social. • Arredor do foro situábanse os edificios máis importantes: capitolio, curia, basílica... • As cidades romanas estaban equipadas con todo tipo de servizos: termas, cloacas, fontes...@

  24. 7.-A ARQUITECTURA • 7.1.-CARACTERÍSTICAS • Os romanos eran uns excelentes construtores. • As súas obras tiñan sempre un sentido práctico: destinábanse a satisfacer as necesidades da poboación. • Tamén adoitaban ser monumentais, e dicir moi grandes. • Decoraban os muros con pinturas e cubrían os chans con mosaicos (feitos con pequenas pezas de cores) • Van utilizar dous novos materiais: • O cemento • O formigón

  25. Tamén van utilizar novos elementos de construción: • O arco • A cúpula • A bóveda • Os edificios máis importantes concentrábanse no foro .

  26. 7.2.-PRINCIPAIS EDIFICIOS • Entre os edificios máis importantes destacaban os seguintes:

  27. A) O templo: • Dedicados ás divindades. • Onde os sacerdotes realizaban os cultos relixiosos. • Seguían o modelo grego, pero levantábanse sobre elevadas plataformas.

  28. B) A basílica: • Intercambios comerciais. • Administración de xustiza.

  29. C) Os anfiteatros: • Tiñan planta elíptica. • Celebrábanse combates entre gladiadores ou entre gladiadores e feras.@ COLISEO

  30. D) Circo: • Celebrábanse as carreiras de cuádrigas de cabalos. Gradas Tribuna Spina

  31. E) Teatro: • Servían para as representacións de traxedias e comedias. • Partes: • Escena • Bancadas • Orquestra

  32. F) termas ou baños públicos: • Tomar baños con auga quente e fria. • Lugar de descanso. • Realizar exercicios deportivos.

  33. G) Acueductos: para o transporte de auga as cidades.

More Related