300 likes | 452 Views
Planificación da Oferta Turística para o Litoral Galego. Mª Carmen Pardo López Secretaria Xeral para o Turismo. Novo perfil do turista.
E N D
Planificación da Oferta Turística para o Litoral Galego Mª Carmen Pardo López Secretaria Xeral para o Turismo
Novo perfil do turista • O ‘novo turista’ busca involucrarse emocionalmente co destino, busca experiencias, placeres simples, natureza, saúde, respecto medioambiental; busca renovación, vacacións intensas e non pasivas; sensacións, vivencias, pero tamén confort e calidade. É altamente esixente... • É un turista polifacético e Galicia ten tamén esa multi-oferta para satisfacelo.
Funcións e Competencias da Secretaría Xeral para o Turismo • A planificación da política de ordenación, fomento e promoción do turismo dentro da CC.AA. • A dirección e coordinación das actuacións da Consellería en materia de Turismo. • A instauración de canles efectivas de comunicación con outros organismos locais, provinciais e da Administración central e outras administracións, así como co sector privado. • A explotación e potenciación dos recursos turísticos de Galicia directamente ou a través de Turgalicia.
A aplicación dos mecanismos necesarios para mellorar as estruturas e os fundamentos da formación profesional turística, sen prexuízo das competencias que lle poidan corresponder a outros organismos.
Grandes cifras do turismo galegoOferta de aloxamento (REAT) (2009)
Grandes cifras do turismo galegoOferta de aloxamento (REAT) (2009) • -Nº de establecementos de aloxamento: 2.613 • -Total de establecementos do REAT (aloxamento e restauración e empresas turísticas) 9.969 • Prazas de restauración ( restaurantes, cafeterías): 431.975 • -Nº Axencias de viaxes: 534 • -Prazas de Turismo activo: 432.525
Grandes cifras do turismo galegoOcupación establecementos aloxamento regrado (INE) (2009)
Grandes cifras do turismo galego • Total de viaxeiros en 2009: 3.842.657. • Total de excursionistas en 2009: 3.691.430. • Total de pernoitas en 2009: 8.877.508. • Total de pernoitas nos albergues de peregrinos da S.A. De Xestión do Plan Xacobeo: 331.965. • Total e peregrinos que recolleron a Compostela en 2009: 145.877.
Balance 2009 • O maior incremento de viaxeiros produciuse nos apartamentos turísticos, 10,5% máis que en 2008; seguidos do turismo rural cun 8,2% máis; do número de peregrinos, cun 7,6% máis; e dos acampamentos, cun 1,4% máis. • A ocupación dos hoteis baixou un 3,8% a respecto do ano anterior pero o descenso foi inferior á media nacional que acadou o 6,6% menos que o ano pasado. • No caso galego, a recuperación do segundo semestre amortiguou en gran parte a caída do primeiro.
Que evoca Galicia? • Os valores e elementos simbólicos que actualmente e en maior medida sustentan a imaxe de Galicia como destino turístico son: • A nostalxia. • O misterio. • O descubrimento do natural. • A tradición, a autenticidade. • O sosego. • O acolledor. • A conexión cun mesmo. • O único. • O esforzo/ as xentes.
Que evoca Galicia? • Cores: outono, néboa, azul, verde... • Texturas: bravo, granito, bruma, sal, rochoso, mareas, aire limpo... • Iconas e símbolos: monumentos, Santiago/ O Camiño, cantís, hórreos, redes, feiras, rías, meigas, peregrinos... • Olores: lar, cociña caseira, mar, queimada... • Sabores: caldo, marisco, percebes, vieiras... • Sons: gaivotas, sirenas de barco, romper das ondas, gaitas...
Atributos atractivo • A motivación dos turistas para escoller Galicia como destino é, por esta orde: • -Coñecer natureza e paisaxes. • -Razóns familiares ou de amizade. • -Coñecer a cultura e as costumes. • -Tranquilidade e descanso. • -Facer o Camiño de Santiago.
Plan de Acción do Turismo de Galicia (2010-2013) • Plan de actuación de Turismo Náutico: (Desenvolvemento de produtos de náutica innovadores e estratéxicos) • - Desenvolvemento de produtos de náutica innovadores e estratéxicos. • -Creación dunha comisión mixta formada pola Secretaría Xeral para o Turismo, ASNAUGA, Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e Portos de Galicia.
-Directiva de servizos. -Modificación da Lei do Turismo. -Galicia, marca turística única, paraugas común. Debilidades e oportunidades: -exceso de oferta de aloxamento (excepcións: mapa de recursos turísticos). -falta de oferta complementaria = baixa estancia media + baixo gasto diario. -paquetización. -baixa porcentaxe de captación de turismo internacional. Escenario simplificado
Necesaria colaboración entre Turismo e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro • -Non superposición de liñas de axuda. • -Non dispersión da promoción. • -Diálogo fluído e constante. • -Emisión de parecer.
Turismo mariñeiro segundo a Lei de Pesca: Actividades desenvolvidas polos colectivos de profesionais do mar, mediante contraprestación económica, orientadas á valorización e á difusión do seu traballo no medio mariño así como dos costumes, das tradicións, do patrimonio e da cultura mariñeira. En todo caso, estas actividades serán complementarias das actividades propias dos colectivos de profesionais do mar.
Actividades de Turismo Mariñeiro • Pesca Turismo: actividades desenvolvidas a bordo de embarcacións pesqueiras por parte de profesionais do mar dirixidas ao coñecemento, a valorización e difusión do seu traballo no medio mariño. • Rutas guiadas: actividades en praias, portos e vilas mariñeiras, guiadas por profesionais do mar. • Ictiturismo e casas de turismo mariñeiro: actividades dirixidas ao aloxamento en casas de titularidade de profesionais do mar. • Gastronomía: promoción e posta en valor do consumo de produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura.
Accións que poderían realizarse a través dos Grupos de Acción Costeira • Sendeiros polo litoral. • Accesibilidade e servizos en praias. • Valorización do patrimonio marítimo. • Recuperación e posta en valor dos núcleos mariñeiros. • Centros de coñecemento pesqueiro. • Recuperación da cultura tradicional. • Creación de empresas e servizos turísticos de actividades mariñas. • Valorización dos produtos do mar a través do seu consumo directo nos restaurantes das zonas costeiras e nos puntos de venda.
Accións que poderían realizarse a través dos Grupos de Acción Costeira • Realización de produtos delicatessen para a súa comercialización. • Turismo industrial vivo. • Potenciar ‘mariñas’ que sirvan como referencia do turismo náutico. • Complementar actuacións con Portos de Galicia para ofrecer servizos nos portos para todo o que supón o chárter náutico e o desenvolvemento da náutica en Galicia.
Interlocutor • Subdirección Xeral de Ordenación, Inspección e Planificación Turística. • Servizo de Planificación Turística e Programas Europeos. • Contacto: María Ángeles Antón Vilasánchez (subdirectora). (pendente María)
MOITAS GRACIAS • Mª Carmen Pardo López • Secretaria Xeral para o Turismo