1 / 9

A INDEPENDENCIA DAS COLONIAS AMERICANAS

A INDEPENDENCIA DAS COLONIAS AMERICANAS. A rebelión das colonias que o Reino Unido posuía no norte de América constituiu a primeira revolución de carácter burgués e o precedente doutras posteriores (R. Francesa, das colonias americanas de España, etc).

rania
Download Presentation

A INDEPENDENCIA DAS COLONIAS AMERICANAS

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. A INDEPENDENCIA DAS COLONIAS AMERICANAS A rebelión das colonias que o Reino Unido posuía no norte de América constituiu a primeira revolución de carácter burgués e o precedente doutras posteriores (R. Francesa, das colonias americanas de España, etc). A súa importancia radicou en que por vez primeira púxose en práctica de forma real e concreta unha organización política de carácter liberal asentada sobre as bases ideolóxicas da Ilustración. Tema 2 Ciencias Sociais 4º ESO

  2. AS 13 COLONIAS ANTES DA REVOLUCIÓN Nestas colonias vivían colonos que chegaran no século XVII, na súa maioría ingleses, que sairan do seu país perseguidos xa sexa por ideas relixiosas ou políticas, pero a partir de 1680, tamén foron chegando inmigrantes de Holanda, Alemania, Irlanda, Escocia, Suiza e Francia; de tal modo que, entre fines do século XVII e comezos do XVIII, establecéranse Trece Colonias.

  3. Dende o punto de vista económico Tiñan alcanzado certa prosperidade. As 8 do norte baseaban a súa puxanza na industria e ocomercio e estaban lideradas por unha rica burguesía. As 5 do sur eran agrícolas (plantacións de algodón, tabaco e arroz traballadas por escravos negros) e a súa clase adiñeirada estaba composta fundamentalmente por terratenentes. Tanto unhas como outras, estaban suxeitas ao chamado "Pacto Colonial" que as obrigaba a subministrar materias primas á metrópole a cambio de recibir as súas manufacturas. Dende o punto de vista político Dependían da Coroa Británica (o seu rei era Jorge III), gozaban de escasa autonomía e os gobernadores británicos constituían a máxima autoridade. Non posuían representación no Parlamento Británico, e era precisamente alí onde decidíanse os asuntos importantes que lles concernían, tales como a fixación de impostos. A ausencia de participación política xeneraba malestar entre os colonos, desexosos de alcanzar certo grado de autonomía. A vida destas colonias desenrolábase en forma tranquila, non tendo mais vínculo ca coroa que o sentirse ingleses unidos pola tradición e as costumes, e os únicos incidentes que podían derivarse tiñan lugar polo seu esforzo conquistador desplegado cara as terras e rexións do lexendario e lexano Oeste.

  4. CAUSAS DA REVOLUCIÓN Dende metade do século XVIII existían unha serie de factores que danaron as relacións entre colonos e Metrópole. En 1763 Inglaterra atravesaba unha seria crise económica debido a Guerra dos Sete anos contra Francia. O Parlamento deu varias leis que foron en definitiva os que precipitaron o proceso emancipador porque cargaba de impostos os colonos. Estas leis foron: • A Stamp Act ou "Lei do timbre" (1765), selo que gravaba a adquisición de documentos oficiais e a prensa. A oposición das colonias ao que consideraban una taxa abusiva obrigou á Coroa a retirala (1766). • Máis tarde, en 1767, foron establecidos outros impostos (Townshend Acts) que gravaban o papel, o vidro, o chumbo e o té. Os colonos consideraron ilexítimas tales contribucións e denunciaron a imposibilidade de dispor de representación nos foros onde se decidían iniciativas de tal calibre. As protestas non se fixeron esperar e acadaron especial gravidade en 1770, ano no que tivo lugar a chamada"Matanza de Boston". Ante a violenta reacción dos colonos, a Coroa decidiu retirar todas as taxas, salvo a do Té, feito que provocou o chamado "Motín do Té" acontecido no porto de Boston (1773). • A resposta a tales feitos por parte da Coroa concretouse nas chamadas "Leis Coercitivas" de 1774, denominadas polos colonos "Leis Intolerables", que se aplicaron á colonia de Massachusetts e que supuxeron, entre outras consecuencias, a clausura do porto de Boston. • En setembro de 1774 celebrouse un Congreso en Filadelfia (Pensilvania) que impulsou a colaboración das colonias fronte ás accións británicas. Aínda que non se defendía a independencia respecto á metrópole e a reunión limitouse a unha serie de reivindicacións expresadas a través dunha Declaración de Dereitos e Agravios.

  5. A GUERRA DA INDEPENDENCIA A guerra iniciouse en abril de 1775 ca batalla de Lexington e presentó as seguintes características: • Nela interviron dúas concepcións militares distintas: Dun lado, o exército regular colonial británico reforzado por 17.000 mercenarios, ao que se uniron diversas tribus indias. Sobre o papel era moi superior ao dos colonos pero o alonxamento das súas bases loxísticas lle restaba eficaza. Do outro, a improvisada forza armada dos colonos, en principio desorganizada, pero convertida co tempo por George Washington nun efectivo instrumento militar. • Foi unha guerra de carácter internacional a partir de 1778 (tras a petición de axuda do científico Benjamín Franklin) as potencias absolutistas Francia (Lafayette) e España interviron en apoio da xoven República. A súa pretensión era debilitar a Inglaterra. Asimimismo interviu Holanda. • Desenrolouse en varias fases:Tras unha primeira etapa favorable a Gran Bretaña, o conflicto cambiou de rumbo a raíz da victoria dos colonos en Saratoga (1777). A batalla de Yorktown (1781) decidiu o resultado do conflicto que concluíu definitivamente en 1783 tras a firma da Paz de Versalles, pola que Gran Bretaña recoñeceu a independencia das súas colonias.

  6. CREACIÓN DO NOVO ESTADO O novo Estado nacido da revolución asentouse sobre un conxunto de valores e institucións inspirados no pensamento liberal e ilustrado que extendeuse posteriormente a outros países. Garantía una serie de prerrogativas: • Calquera persoa ao nacer goza dunha serie de dereitos naturais, individuais e intransferibles: á vida, á liberdade, á igualdade, á propiedade, a derrocar un goberno inxusto (soberanía nacional), á defensa legal ("hábeas corpus"), e á liberdade de expresión, asociación, prensa e relixión. Estes dereitos foron recollidos na Declaración de Independencia (Filadelfia, 4 de xullo de 1776) redactada por Jefferson e na Declaración de Dereitos do Estado de Virginia (1776). • Estes dereitos foron recollidos na Constitución de1787 que respectaba a singularidades de cada un dos estados. Supuxo a primeira plasmación práctica dos principios políticos do liberalismo. • A organización política pola que se optou foi adun Estado federal republicano que agrupaba as trece colonias nunha confederación voluntaria. O seu vínculo quedaba garantido por un poder federal forte cuxo papel consistía en conciliar os particularismos de cada un dos estados membros en aspectos tales como a política exterior, a política económica e o exército.

  7. CONSECUENCIAS DA INDEPENDENCIA Económicas, os Estados Unidos de Norteamérica liberáronse das trabas mercantilistas que lles impoñía a metrópole cando eran colonias e lanzáronse a un proceso de expansión económica e territorial (conquista do Oeste) que os levou a converterse nunha gran potencia. Sociais, a burguesía asumiu o liderazgo dunha moderna sociedade de clases mentres outros estados permanecían anclados aínda na sociedade estamental. Internacionais, xurdiu o primeiro exemplo de descolonización. En canto ó carácter internacional do conflicto hai que distinguir entre dous casos: • Para Francia a guerra implicou un considerable gasto e a agudización da crise do Antigo Réximen. Seis años despois do conflicto americano estalaría a súa propia Revolución. • España anexionou extensas áreas do sur de Norteamérica, pero por outro, asistiu impotente á propagación das ideas revolucionarias nos seus territorios ultramarinos. Décadas máis tarde perdería a maior parte das súas colonias. Poíticas-Ideolóxicas, se consumou a primeira revolución de carácter liberal que permitiu facer realidade as ideas más avanzadas da Ilustración. A Constituciónde 1787 foi a primeira escrita da historia. A República Federal que articulou o novo Estado levou á práctica la división de poderes de Montesquieu: • O poder lexislativo recaeu no Congreso (dividido en dúas cámaras: o Senado e a Cámara de Representantes). • O poder xudicial descansaba sobre o Tribunal Supremo. • O poder executivo foi encarnado polo Presidente da República.

More Related