310 likes | 451 Views
Visita do alumnado de Economía da Empresa ás instalacións de IROSA e SAMACA (Reportaxe fotográfico).
E N D
Visita do alumnado de Economía da Empresa ás instalacións de IROSA e SAMACA(Reportaxe fotográfico)
O pasado día 9 de novembro de 2009, o alumnado de Economía da Empresa do IES Lauro Olmo, dentro do programa de actividades organizadas polo Departamento de Economía do instituto, visitou as instalacións de dúas importantes empresas valdeorresas do sector da lousa:Industrias de Rocas Ornamentales, S.A. (IROSA), adicada á elaboración de lousa para a cubrición de edificios, e Pizarras SAMACA,S.A., que comercializa a lousa producida polas empresas do seu grupo (entre as que se atopa IROSA) e outros produtos obtidos en explotacións da propia empresa. Don Salvador González, director de produción de IROSA, don Javier Rodríguez, director comercial de SAMACA para Inglaterra e Irlanda, e don Salustiano Vázquez, director de calidade de SAMACA foron as persoas que amable e eficazmente acompañaron ao alumnado e profesorado, e os que explicaron, dunha forma amena e dinámica, todo o relativo aos procesos de produción, comercialización e requisitos de calidade esixidos para poñer no mercado a mercancía. Grazas a todos eles e á xerencia das empresas, polo seu interese e por todas as facilidades dadas para que a actividade puidérase realizar e levar a bo termo con aproveitamento para os nosos alumnos e alumnas. Departamento de Economía do IES Lauro Olmo, 11/11/2009
Recepción do alumnado por parte de don Salvador González, director de produción de IROSA. Ao fondo ás instalacións de SAMACA, S.A.
Explicando o proceso de serrado do rachón para o seu posterior paso á zona de labrado
Un operario engancha unha pedra de pizarra para que poida ser elevado pola ponte-guindastre e trasladado á serra, onde será cortado coas medidas precisas para o seu posterior labrado
Alumnas e alumnos observan o proceso de labrado dos paralepípedos de lousa procedentes das serras
A calidade é importante, explica o Sr. González, é unha avantaxe competitiva da pizarra de Valdeorras
Atendendo as explicacións do noso cicerone e observando os procesos de cortado e embalaxe
Explicando os procesos de cortado e empaquetado, así como as medidas de extracción de po
Cortando, seleccionando e embalando. O noso alumnado observa con curiosidade
As dimensións, consistencia e o perforado na lousa si importan
Á saída dunha das naves, os nosos alumnos e alumnas seguen atentos ás explicacións
Camiñando por IROSA cara ás instalacións de depuración das augas residuais
Salvador Vázquez explica o proceso de depuración das augas residuais para reducir o impacto ambiental da explotación. Explícanos tamén a forma na que reutilizan, na urbanización das instalacións industriais, parte dos refugallos que de non ser así estarían depositados nas escombreiras
Observando a balsa de decantación das augas residuais, ao tempo que observan a instalación depuradora
O alumnado é recibido en SAMACA por don Javier Rodríguez, director comercial para Inglaterra e Irlanda, e por don Salustiano Vázquez, director de calidade da empresa
Explicando as características de calidade do produto e a súa constancia no embalaxe
A calidade dos produtos é un aspecto enormemente importante, parece dicir don Salustiano Vázquez
Detalle dun rótulo que indica que o produto contido no embalaxe pasou o control de calidade
Don Javier Rodríguez, explica a importancia dos caracteres identificadores das canteiras das que procede a lousa. É imprescindible que a trazabilidade de cada peza de lousa que se comercializa estea perfectamente controlada
Atendendo á explicación sobre organización comercial, mercados e a loxística utilizada para poñer o produto ao dispor dos clientes
Un operario de SAMACA poñendo protección plástica a un palet de lousa
Mentres os señores Vázquez e Rodríguez explican a necesidade, e o “por que” da mesma, de embalar en plástico a lousa que se destina a certos mercados o alumnado escoita con atención e toma nota