620 likes | 827 Views
Uxío Novoneyra. Poemas da natureza O TEMPO. REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial. Corre o vento na erba de gadañar. Canta a cousa que non canta canta a chicharra na erba canta a erba na gadaña. / ABANICA a labrandeira no beirón da presa. A auga non pasa. Corre brilla espella. /
E N D
Uxío Novoneyra Poemas da natureza O TEMPO
REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial. Corre o vento na erba de gadañar. Canta a cousa que non canta canta a chicharra na erba canta a erba na gadaña. / ABANICA a labrandeira no beirón da presa. A auga non pasa. Corre brilla espella. / CHAMA a sombra. Xa non se óin os chíos dos paxariños tan d’acotío sonan.
O centeo correndo ó vento i eu quedo n’eso que un non nembra nin esquece de tan lene e fondo que chega.
ESTÁ o aire enfexo n’algo que eu non vexo. Os paxaros os prados os eidos calados... ENFEXO: entregado por completo.
VEO o tempo morno do Outono Os días son tardes longas O aire é unha cousa... Todo ten ise xeito: os tesos os camiños que se van no serán do val os soutos alumados d’ouro eu quedo ollando ó mofo...
SOUTO sin folla! Cerdeiras roxas e bidueiras marelas! / DÍAS breves en que ún está sempre nunha cousa! As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxas as bouzas roxas pardecen cas choivas. O ventosolo no souto do outo outono.
PASA o sol lene sobor do souto quedo que afonda na morte longa como se il non fora o Pai Sol. Recenden as derradeiras froitas refeitas. Calan as aves que quedan. Na tarde todo quere ser o aire... Cain as follas dando voltas e fican todas ó pe da árbore.
CEMBAS d’arandeiras! Argana da Pena Branca baixo das matas d’abraira entr’as pestanas da pena! Ven dos castiñeiros un ventiño pequeno abalala...
INORDE a fatos pra León nebras de verlo de ovella cardiadas brancas e mestas. Ollándoas altas traspor riba das taras marelas ún soña nas lonxes terras... NEBRAS DE VERLO DE OVELLA: nubes en forma de guedellas de ovella. Cirrocúmulos.
O ruxir do carrozo o ceo do fondo do pozo. Todo sabe e deixa ver que vai chover. Eu sein o que oio no souto soio e non sein o que sein.
CHOVE non sein desd’onde nin pra onde... No quedo da tarde ollo longo nembrando choivas d’antes.
BARBAÑA barbaña... Qué noite de lobos! Oulan os cais nas airas. Anda a nebra baixa polos caborcos do souto e polas bouzas da braña.
CHOVE nas veigas sin que se oia. Unha tras outra cain as follas dando voltas. Ollando a serra calada ún agarda unha cousa queda e lonxana.
CHOVE xunto e miudo... Como siga unhos días iste tempo vai dar gusto ver cubertas de mofo as penas as paredes vellas as ourelas dos ríos i as presas as estoldas dos muíños os teitos os castiñeiros xa sin folla i as árbores todas.
NACEN as tollemerendas polos campazos i os chaos na Cemba da Remesqueda no Souto de San Romao. Cai a choiva que dá sono no quedo serán dos prados i eu cravo enviso os meus ollos sin ver o que estoun ollando...
ESTO sí é chover e ventare! Que noite pra mariñeiros e camiñantes! Metidiño na camiña tapadiño hastr’as orellas sinto zapicar as beiras entr’o vento que axubría...
“Chove • na casa do probe” • CHOVE no monte e nas viñas • Envolca a auga en regueiras • e ailí onde cain as beiras • baila muiñeiras miudiñas...
1 CAI a chuvia soñando cai o espacio engaiolado. 2 CHOVE e sólo o quedo se move. Enviso n’algo que non deixo teño su beirado da cabana o xeito calado do val na follata de freixo o rebolo i as herbas cargadas de pingoadas.
CHOVE pausiño pras sombras chove pra baixo e pra riba. O aire do sono en sono a auga pinga que pinga... Ven a noite polos eidos... Vaise a tarde que nin xeme decindo adeus con un xeito que non sein nin se me esquece.
CHOVE maina e calada. Veinse os fíus da auga contra as bandas das penas... En soutos e devesas as pingoadas esbaran e baixan petando de folla en folla. Por veces co vento a ruxidoira medra i esvece en ondas que ún alonga...
LOAIRAS de sol! ventaladas d’aire e razadas d’auga! / DENDE nino pequeno voun ver sempre o ríu que ameteu que me fai ise aceno que sein eu. LOAIRAS: lampos errantes de sol ou lúa, con vento e nubes espalladas.
TRONOU ventou e choveo. Bicouse a terra co ceo. A noite que onte caiu sólo foi pra quen a oíu. Ameteu o río ameteron as fontes i os fontegallos dos montes. Naz a auga a goforón. Regan os prados a cachón. Dinde nino pequeno vou ver sempre o río que ameteu que me fai ise aceno que sein eu.
OLLO o ceo mouro cun medo antergo. Torna a abella ó trobo a anduriña cingue o voo. Van a nebras do trono nun son agoreiro.
ANDA o vento ceibe polos eidos con tódalas áas soltas brúa nos castiñeiros ripa as lousas dos teitos i escachafoula nas portas. ESCACHAFOULA: fai un gran ruído.
TARAS altas campas onde o sol non pasa esvece na hora alta! / MONTES do Leste ó sol que esvece! Mofo que eu ollo no souto solo cando ún quere a cousa máis lene! SOL QUE ESVECE: que esvaece, desaparece.
QUE é a coor do ucedo? (Van os tesos pro Inverno). É a serra que ó ceo se enleva? É o ceo que baixa? É a nebra ou a brétema da ollada? Non sein qué agarda a terra qué agarda a alma. Eu ben sein que é certa a seguranza. Eu non sein se é certa a seguranza. Mais eilí onde o ollar vai e ven un xeito hai algo certo. Ben o soupo de nino o ollar pirmeiro. E inda ha volver teimar a teima. Por onde me veo esta certeza heina volver perder e volver éla.
NEBRAS LONGAS altas fiañas nin quedas nin pasan tirando das cousas non contadas que así me paran... NEBRA: néboa: nubes baixas (estratos) BRÉTEMA: néboa lixeira
ZOA o vento e relumbra polas uces. Sai o sol e súmese nas nebras. Polos montes baixan e ruben sombras longas esgadas e negras... / PASAN as nebras porriba da braña e polo monte o sol a manchas- Eu debruzado na presa enviso nela. Pasan as nebras por baixo da auga...
PASAN pasan as nebras... Eu sinto que me deixan e me levan.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Esta door que agarda só que a acendan! Ise algo meu que en todo se me queda!
AGROS restrellas bouzas taros das penas ucedos da serra pecha cando pasan as nebras i o inverno negrea! / EU i o meu silencio volto pros tesos mouros no día nubro ouvindo sólo os corvos i o vento do Inverno no souto núo.
PANOS brancos esfiañados da nebra ouveando polos vales polos soutos i as devesas marelas en busca dun cavorco ou dunha valiña outa que os acolla i os faga acougar! Fiañas de nebra rubindo e baixando á gaiola do aire polas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal!
FOLLA presa das rebolas! Inverno das bouzas! / SOUTO dos corvos! Pestanas d’argana! Garolos do mofo! Tearaña das canas! / UCEDO pecho! Sombra dos tesos ó sol do Inverno!
O ceo o ucedo os penedos co cellodoInverno.
MAÑÁNSdexeada! Espertar co día á ventan encollerse na cama achegar a roupa á cara i ouvir andar tropeando pola casa. Canta a vaca cas astas na escada. Canta o galo pandeando o corpo i o canto.
XEA Fai un frío que queima. Pouco a pouco érguese a terra en trempos. O tourón os trousosos carambelos! Cruza un lobo.... Roxe a folla nos carreiros aló no fondo dos cousos.
TREMPOS: bloques de terra, neve ou auga xeados. Bloques soltos de lazo.
TROUSOS: neveiros, pilas de neve. Restos de neve que quedan nos tesos.
CARAMBELOS: CARAMBOS, auga conxelada penduradas das beiras das pedras e cubertas.
TERRAS abesedas do Val d’Asnela i Os Pradairos por Fonte Preta arriba! Pasa o sol por elas escazurrado ouveando polas penas... Terras do lazdend’o outo Nadal ó Entroido! Os trousos polas ladeiras i os carambelos nos teitos. Terras xabreiras de Parada e Sant’Eufemia! Xeadas brancas e negras! Castiñeiros do Estreito! Prados da Veiga do Couso! Hortigois charouveas meldrascos cardios i acedas!