970 likes | 1.19k Views
Uxío Novoneyra. Poemas da natureza Paisaxes do Courel. (OS EIDOS 1 e 2). As verbas diste libro son verdade nas terras outas e solas do Courel. Nelas pra non mancar as cousas sólo as nombro ou déixoas ir dun movimento seu acostumbrado e natural. OS EIDOS 1. TERRAS outas e solas!
E N D
Uxío Novoneyra Poemas da natureza Paisaxes do Courel (OS EIDOS 1 e 2)
As verbas diste libro son verdade nas terras outas e solas do Courel. Nelas pra non mancar as cousas sólo as nombro ou déixoas ir dun movimento seu acostumbrado e natural. OS EIDOS 1
TERRAS outas e solas! Serras longas e mouras! Eu son esta coor de soidá. Ancares soñados co lonxe! Penas do Marco de Medio Mundo en ringleira do Candedo ás Moás! Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía - Páxaro tesos cumes do Courel! Pobos probes ardidos de tristura mouros de queimados! Lor ruxindo polo val pecho! Ucedo e ucedo! Fontiñas outas penedos carrozos escuros fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras que sólo vistes istes tesos i estes vales! Aturula a curuxa e canta o cuco medindo o tempo quedo que se para no cor e tornándose contra ún ven cravarse no sitio onde máis se sinte.
COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que é un home...
GRAN boi deitado serra do sol onde eu son ca uz i o carpanzo! Ucedo pecho! Sombra dos tesos ó sol do Inverno!
NEVA no bico do cume neva xa pola ladeira neva no teito e na eira. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Eu a ollar pro lume i o lume a ollarme. O lume sin queimarme fai de min fume.
OUTOS vales soutos e bouzas! Hora en que todo é unha sola cousa!
PANOS brancos esfiañados da nebra ouveando polos vales polos soutos i as devesas marelas en busca dun cavorco ou dunha valiña outa que os acolla i os faga acougar! Fiañas de nebra rubindo e baixando á gaiola do aire polas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal!
CABORCO: sitio fondo e pecho. Val estreito con moito desnivel.
FOLLA presa das rebolas! Inverno das bouzas! / SOUTO dos corvos! Pestanas d’argana! Garolos do mofo! Tearaña das canas! / UCEDO pecho! Sombra dos tesos ó sol do Inverno!
TARAS altas campas onde o sol non pasa esvece na hora alta! / MONTES do Leste ó sol que esvece! Mofo que eu ollo no souto solo cando ún quere a cousa máis lene!
VAI polo monte o camiño outeando como un louco polos caborcos do val ia as poxas do taramouco. Cruza solo a serra toda sin levar outra compaña que a gran presencia do ceo sobre o silencio da braña. Eu non sei pra onde vai méntral’o quedo mirando. Sólo sein que eilí se compre o soño que estoun soñando....
CARQUEIXAS uces e penas! Camiños da serra aberta pra lonxes terras de serras!
O ceo o ucedo os penedos co cello do Inverno.
PENAS da Garamela que eu ollo da cama nas mañáns caladas cando a raia do sol chega ó Penedo Furado e derrétese o pano dos cristales xeados!
QUE é a coor do ucedo? (Van os tesos pro Inverno). É a serra que ó ceo se enleva? É o ceo que baixa? É a nebra ou a brétema da ollada? ...
XEA Fai un frío que queima. Pouco a pouco érguese a terra en trempos. O tourón os trousos os carambelos! Cruza un lobo.... Roxe a folla nos carreiros aló no fondo dos cousos.
COUSO: foxa, depresión súpeta de terra, xanzas pra cazar lobos.
ANDA o vento ceibe polos eidos con tódalas áas soltas empreña os castiñeiros ripa as lousas dos teitos i escachafoula nas portas...
ESTÁ o aire enfexo n’algo que eu non vexo. Os paxaros os prados os eidos calados...
PRADOSde Fontenla qué erbiña vos cobre máis marela qué primavera máis pobre! Zumega que zumega zumega a fonte do monte na bouza cega...
DÍAS breves en que ún está sempre nunha cousa! As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxas as bouzas roxas pardecen cas choivas. O vento solo no souto do outo outono.
BOUZA: terreo inculto cuberto de mato
CHOVE nas veigassin que se oia. Unha tras outra cain as follas dando voltas. Ollando a serra calada ún agarda unha cousa queda e lonxana.
NACEN as tollemerendas polos campazos i os chaos na Cemba da Remesqueda no Souto de San Romao. Cai a choiva que dá sono no quedo serán dos prados i eu cravo enviso os meus ollos sin ver o que estoun ollando...
VEO o tempo morno do Outono Os días son tardes longas O aire é unha cousa... Todo ten ise xeito: os tesos os camiños que se van no serán do val os soutos alumados d’ouro eu quedo ollando ó mofo...
PRIMACHORROS brancos panqueixo e amarguexos! Argana polos barrancos! Folla podre nos reprexos! Alguén está niste aire da mañá. Cotolovíos ouriolos tordos merleaos! Paxaros e paxariños polos ríos polo souto e polos chaos e bandadas e bandadas de estorniños polas labradas.
REPREXOS: presas nos soutos encostos para reter as castañas.
CHOVE maina e calada. Veinse os fíus da auga contra as bandas das penas... En soutos e devesas as pingoadas esbaran e baixan petando de folla en folla. Por veces co vento a ruxidoira medra i esvece en ondas que ún alonga...
FRAGAS iradas da Paleira! Taras de cabras e ovellas de entre o Serro i a Devesa! Terra costa fraca i érmeda!