300 likes | 464 Views
Reinado de Sabela II sexenio revolucionario movemento obreiro nacionalismos. Características xerais: 1º parte: enfrontamento entre liberais e absolutistas que dará lugar ás guerras carlistas Durante todo o reinado: división entre liberais: moderados e progresistas (cadro páx 72)
E N D
Reinado de Sabela II sexenio revolucionariomovemento obreironacionalismos
Características xerais: • 1º parte: enfrontamento entre liberais e absolutistas que dará lugar ás guerras carlistas • Durante todo o reinado: división entre liberais: moderados e progresistas (cadro páx 72) • Papel destacado dos xefes militares , converténdose moitos deles en xefes de goberno. Son os chamados espadóns. Destacan Espartero, Narváez e O Donnel.
PERÍODO DE REXENCIAS: maría cristina (1833-1840) e espartero(1840-1843) • 1ª Guerra Carlista (1833-1839) • Enfrontamento entre partidarios de D Carlos (absolutistas ou carlistas) e de Isabel (liberais) • Partidarios de D Carlos: nobreza, clero e algúns campesiños. Forza no País Vasco, Navarra e Cataluña (cuestión foral). Escasa importancia en Galicia • Partidarios de Sabela: gran parte do exército, burguesía e clases populares urbanas • Trunfo dos liberais. A guerra remata coa sinatura do Tratado de Vergara, no que se recollen algúns privilexios forais.
reformas das rexencias (1833-1843) • División de España en provincias (1833) • Desamortización eclesiástica dos bens do clero regular ou de Mendizábal(1836) e Espartero (1841) sobre os bens do clero secular. • Promulgación da Constitución progresista de 1837, que establece un réxime de monarquía constitucional. • A raíña conserva o poder de nomear o goberno, pero o sufraxio censatario é amplo. • Establécense cortes bicamerais: Senado de elección real e Cámara dos Deputados, elixida por sufraxio censatario • Contémplase a liberdade de prensa
Reinado de sabela ii (1843-1868) • 1º ETAPA – DÉCADA MODERADA (1843-1854) • Etapa do goberno dirixida por Narváez e Bravo Murillo • Aprobación dunha nova Constitución (1845) que amplía os poderes da raíña, recorta as liberdades e restrinxe o sufraxio (0,8% da poboación) • Centralización do Estado: novos códigos civil e penal e igualación dos impostos entre tódolos territorios. • Control das provincias a través das deputacións provinciais e os gobernadores civís. • Creación da Garda civil,para o mantemento da orde. • Protestas dos liberais polo constante fraude electoral a través de pronunciamentos. Escisión dos liberais nun grupo máis radical: os demócratas.
2º ETAPA – BIENIO PROGRESISTA(1854-1856) • Trunfo dos progresistas. Espartero preside novamente o goberno. • Grandes diferenzas entre os liberais, que fai que só duren dous anos no poder. • Dúas leis moi importantes: • Desamortización de Madoz- afecta sobre todo ás terras comunais dos concellos, utilizadas como pasto polos campesiños que se sentiron perxudicados • Lei de ferrocarrís- Abre a entrada ás empresas estranxeiras na construción do ferrocarril • 3º ETAPA – DÉCADA MODERADA-UNIONISTA • Alternan o poder Narváez(moderado e O Donnell(unionista:novo partido político entre moderados e progresistas) • O exército realiza intervencións en Marrocos • O descontento popular foi en aumento e progresistas, demócratas e republicanos asinan o Pacto de Ostende, para derrocar á monarquía de Sabela II
por darlle sempre o poder ós moderados e intentar aumentar o dereito de voto. • Sublevación en Cádiz e triunfo da revolución : Abaixo os Borbóns! Viva España con honra! • Formación dun goberno provisional, presidido por Primque realiza numerosas reformas, entre elas eleccións con sufraxio universal. Nova constitución: Constitución de 1869, primeiro texto democrático da historia de España • Soberanía nacional e monarquía constitucional • Sufraxio universal masculino para maiores de 25 anos • Ampla declaración de dereitos e liberdades: prensa, asociación, ensinanza, culto,… • Serrano é nomeado rexente e búscase novo
rei para España: Amadeo de Savoia, fillo do rei italiano Vítor Manuel II • Reinado breve (1870-1873) polas grandes dificultades que se lle presentaron: • Asasinato de Prim, antes da súa chegada, que era o seu principal valedor. • Oposición da igrexa (liberdade de cultos) pobo (non era coñecido e non falaba castelán), carlistas (tiñan novo pretendente), afonsinos (desexaban a Afonso, fillo de Sabela) e republicanos (desexaban a República) • Primeira insurreción en Cuba • 3º guerra carlista que rebrota en Cataluña, País Vasco e Navarra. • Abdicación do rei en 1873 e proclamación da 1º REPÚBLICA (1873-1874) • Só durou once meses e tivo catro presidentes: Figueras, Pi i Margall, Salmerón e Castelar.
3 graves problemas: • Unha sublevación cantonal que levou a creación de repúblicas independentes en Cataluña, Málaga e Cartaxena • Continuación da terceira guerra carlista • As loitas en Cuba contra os independentistas provocaron a guerra dos Dez Anos (1868-1878). • Golpe de estado do xeneral Pavía mentres se celebraba a elección dun novo presidente. Serranoasume o poder pero a finais de ano o xeneral Martínez Campos restaura a monarquía borbónica na persoa de Afonso XII, fillo de Sabela II • Nova etapa : A RESTAURACIÓN
GALICIA NO SÉCULO XIX • Lenta transformación social, cun predominio do mundo rural fronte o urbano • Maioría de campesiños foreiros dominados pola fidalguía que se introduce en política • Redución do clero que perdeu grandes propiedades na desamortización (incluído o dezmo) • Consolidación dunha burguesía comercial instalada nas principais cidades e vilas de Galicia • Escaseza de industria que indica a debilidade do proletariado e a serodia aparición do movemento obreiro (as grandes industrias galegas son do Estado: estaleiro de Ferrol e fábrica de tabacos da Coruña). Aparición da moderna industria conserveira • Mantemento do sistema foral, que a penas varía coa desamortización.Cambio no pagamento das rendas: de ser pagadas á Igrexa son entregadas ós novos propietarios: fidalgos ou burgueses. • Estancamento económico: mundo rural moi atrasado, no sector artesanal desaparece a industria do liño • Emigración masiva a finais do século XIX, especialmente a Cuba.
INICIO DA INDUSTRIALIZACIÓN • Inicio a principios do século XIX en zonas moi puntuais: • CATALUÑA- Sector téxtil e metalurxia de transformación • ANDALUCIA E LEVANTE- Siderurxia (Sevilla e Málaga) e téxti l(Murcia e Alacante). Fracasa polos custos e a competencia. Gran riqueza mineira explotada por capital estranxeiro • ASTURIAS E O PAÍS VASCO- Minas de carbón e ferro e altos fornos.
O ferrocarril • 1848: Barcelona- Mataró • 1855: Lei xeral dos camiños do ferro • Problemas: ancho superior ó europeo e un deseño radial con centro en Madrid e remate nos portos • Quedan zonas de España incomunicadas: o centro fundamentalmente e Galicia. • Gran parte do material impórtase do estranxeiro, fundamentalmente é realizado por empresas francesas. • En Galicia primeira liña férrea non chega ata finais do século XIX: • Compostela- porto de Carril:1873, para a exportación de gando a Inglaterra • Coruña-Lugo: 1875 • Enlace de Monforte: 1883 (Galicia queda incorporada á rede ferroviaria española)
Inicios do movemento obreiro • Xorden polas duras condicións de vida do proletariado. • Aparecen tamén novas ideoloxías: SOCIALISMO E ANARQUISMO • Para conseguir melloras aparecen diferentes métodos: • Destrución de máquinas ou ludismo nos inicios da industrialización. (NedLudd).Como ex. de Galicia teríamos a fábrica de tabacos da Coruña • Folgas, como método de presión • Sociedades obreiras, para loitar unidos pola procura de melloras: • Sociedades de socorro mutuo ( paro ou enfermidade) • Sindicatos (de oficio e xerais)
O SOCIALISMO MARXISTAKarlMarx e FriedichEngels • Manifesto Comunista (1848) onde se expoñen os principios básicos do marxismo: • Condicións económicas e sociais determinan a estrutura social • Industrialización: trunfo da burguesía e aparición do proletariado • A historia da humanidade é unha loita de clases (oprimidos contra opresores/burguesía vs.proletariado) • O proletariado debe organizarse e conquistar o poder mediante unha revolución que liquidará o capitalismo • Establecemento dunha ditadura do proletariado coa expropiación da propiedade privada e os medios financeiros que pasan ó Estado (fase transitoria)
Con isto desaparecen as diferenzas entre as clases e queda establecida a sociedade comunista, na que non existirían clases sociais nin propiedade privada, desaparecendo o Estado. • Marx tamén defendeu a intervención de organización e partidos obreiros na loita política . Isto deu orixe ós partidos socialistas, en torno a 1875, que tiveron como principal obxectivo a consecución do sufraxio universal.
O anarquismobakunin – kropotkin-proudhon • Non é un movemento homoxéneo, pero como característica común sería o rexeitamento de todo tipo de poder, incluíndo o do Estado. • Rexeitan a política, os partidos políticos e a participación nas eleccións. • Defensa da vía revolucionaria (folga ou atentados) • Eliminación da propiedade privada • Sociedade sen clases baseada na liberdade e solidariedade humana • Organización social en comunas ( recursos e traballos en común, normas comunitarias, eliminación do salario,responsabilidade individual)
Educación como impulsora da transformación social, baseada en principios científicos e laicos • Formación da familia libre • Abolición das fronteiras das nacións substituídas pola federación libre de comunas solidarias. • Introdución en España en 1868 por Fanelli, amigo de Bakunin. Gran influenza en Cataluña, Levante e Andalucía
O traballo das mulleres nas fábricas (ideas xerais) • Para complementar o salario dos homes • Man de obra servil e obediente, baixo custo laboral, persoal sen cualificar • Supeditada ,o papel de esposa e nai • Xornadas moi longas,iguais ás dos homes (10-12 h.), salario un terzo ou a metade, man de obra menos conflitiva que resta traballo ós homes. • Industrias: textil, conserveira, mistos,tabaco. • Tardan en asociarse e formar parte dos sindicatos, polo rexeitamento masculino.
NACIONALISMO E NOVOS ESTADOS • Novo concepto de nación, derivado da revolución liberal: comunidade de individuos que vive nun territorio e que ten a conciencia de pertencer a un colectivo con características diferenciadoras. • No século XIX este concepto adquire unha dimensión política e moitos empezaron a reivindicar que as fronteiras dos estados coincidisen coas fronteiras raciais, lingüísticas, históricas,… • As ideoloxías nacionalistas provocan procesos de unión de poboacións que estaban divididas (casos de Italia e Alemaña, nacionalismos de unificación) ou procesos de disgregación de imperios que englobaban a nacionalidades diferentes (caso do imperio otomano ou Austro-húngaro, nacionalismos separatistas)
Unificación italiana • Desde o Imperio Romano, dividida en varios estados • No século XIX (despois do Congreso de Viena) dividida en 7: desde os estados pontificios (centro de Italia), o reino lombardo-véneto(Austria), dous en mans de príncipes austríacos( Módena e Tóscana), outros en mans dos Borbóns(Nápoles) e Piamonte-Sardeña(os Savoia, de orixe italiana) • Lingua común que era a base das peticións de unidade, apoiadas por intelectuais, e pesando tamén razóns económicas(norte industrial/sur agrícola) • Fracaso dos liberais nas revolucións de 1820,1830,1848, que tentan eliminar o absolutismo, excepto no reino de Piamonte-Sardeña, no que se establece a monarquía constitucional de Vítor Manuel II • Proceso de unificación en torno a este reino, dirixido polo seu primeiro ministro, Camilo Benso, conde de Cavour • Este proceso foi rápido e combinou a diplomacia coa estratexia militar. En 1861 proclamouse o reino de Italia, o que logo se incorporaron Venecia e os territorios pontificios.
Unificación alemana • Despois do Congreso de Viena, créase a Confederación Xermánica dividida en 39 estados, na que destacaban os reinos de Austria e Prusia • O Estado máis poderoso foi o eixe da unificación (Prusia), que anteriormente organizou unha unión aduaneira na que non participaba Austria. • Numerosas propostas de unificación apoiadas polos intelectuais alemáns • A partir de 1862 o rei de Prusia Guillerme I e o seu chanceler Bismarckaceleraron o proceso de unificación que se realizou por vía militar, enfrontándose a Austria e Francia respectivamente. • En 1871 nacía o Imperio Alemán, o II Reich,que tivo como emperador a Guillerme I.Alemaña quedou convertida nunha gran potencia.
Nacionalismos na europa danubiana e balcánica • 2 grandes imperios: imperios austro-húngaro e o turco, nos que conviven unha serie de pobos que queren crear os seus propios estados. (mapas no libro) • Formación do imperio austrohúngaro: • Na revolución de 1848 os húngaros deciden separarse pero son sometidos • Tras unha serie de negociación o imperio quedou dividido en dúas partes claramente diferenciadas: unha controlada por Austria e outra por Hungría, cun emperador como xefe do estado, pero quedando pendente o resto das nacionalidades • Imperio Turco: • Redúcese considerablemente ó longo do século nos Balcáns, como consecuencia dos acordos entre os tres grandes imperios (turco, austro-húngaro e ruso) • Montenegro, Serbia e Romanía e posteriormente Bulgaria convértense en estados independentes • Bosnia-Herzegovina pasa a depender do imperio Austro-Húngaro (1º G.M.)
OttovonBismarck Guillerme I