1 / 32

ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN

ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN. 1. ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN. ¿QUE SON?. ALIMENTACIÓN: conxunto de actividades mediante as cales proporcionamos ó corpo alimentos. ALIMENTOS: produtos naturais ou elaborados que proporcionan as substancias que as nosas células precisan para vivir.

tilly
Download Presentation

ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN

  2. 1. ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN. ¿QUE SON? • ALIMENTACIÓN:conxunto deactividades mediante as cales proporcionamos ó corpo alimentos. • ALIMENTOS:produtos naturais ou elaborados que proporcionan as substancias que as nosas células precisan para vivir.

  3. NUTRICIÓN: consiste en obter os nutrientes que hai nos alimentos mediante un conxunto de procesos físicos e químicos, e facelos chegar a todas as células para que estas poidan funcionar. NUTRIENTES: son substancias básicas que realizan funcións específicas no noso corpo. Un alimento está formado por un ou varios nutrientes.

  4. 2. OS NUTRIENTES • 2.1. Tipos de nutrientes a) Substancias inorgánicas (non son exclusivas dos seres vivos): -sales minerais:presentes nos ósos, dentes, sangue, bágoas, etc. Esenciais para a realización das actividades vitais. -auga:+ abundante nos seres vivos. Repoñémola coa auga e cos alimentos que tomamos.

  5. b) Substancias orgánicas: -Glícidos: -glicosa e maltosa, de sabor doce, son coñecidos coma azucres. A glicosa é o azucre máis sinxelo. -amidón e celulosa, non son de sabor doce. Formados pola unión de moitas moléculas de glicosa.

  6. -Lípidos (graxas): -Insolubles en auga. -Orixe -Proteínas: - Son macromoléculas formadas pola unión de aminoácidos, dos cales hai 20 distintos Graxas insaturadas (aceites):líquidas a Tª ambiente Graxas saturadas (sebos): sólidas a Tª ambiente

  7. -Vitaminas: -Substancias orgánicas que precisamos en cantidades moi pequenas, pero que son imprescindibles para o correcto funcionamento do organismo. - Poden ser: .liposolubles (A,D,E,K): o seu exceso pode producir hipervitaminose .hidrosolubles (C e grupo B): solubles en auga, elimínanse na urina

  8. 2.2. Funcións dos nutrientes • ENERXÉTICA: aportan enerxía para o funcionamento celular (glícidos e lípidos) • PLÁSTICA OU REPARADORA: proporcionan os elementos necesarios para formar a estrutura do organismo no crecemento e a renovación do organismo (proteínas y sales minerais) • REGULADORA: controlan certas reaccións químicas que se producen nas células (vitaminas, sales minerais)

  9. Os nutrientes constitúen a materia prima coa que as células fabrican os seus propios compoñentes (repoñen os que perderon, crecen e producen novas células). Parte dos nutrientes utilízanse como combustible na respiración celular (mitocondrias). A glicosa é o nutriente máis empregado con este fin. Como alternativa os lípidos poden usarse como combustibles, tamén as proteínas, pero neste caso obtéñense compostos tóxicos coma a urea, que deben ser expulsados.

  10. 2.3. A enerxía que achegan os nutrientes • ¿Cal é a enerxía útil para o ser humano? A enerxía química, que se obtén durante a respiración celular. Esta transfórmase na célula en tres formas de enerxía: . Mecánica: para a contracción muscular . Química: para fabricar novas moléculas .Térmica: para manter a Tª corporal entre 36 e 37 ºC

  11. Enerxía útil subministrada por 1 gramo de: Proteínas: 4 Kcal Glúcidos: 4 Kcal Lípidos:9 Kcal Como os alimentos teñen unha proporción característica de cada tipo de nutriente aportarán unha cantidade diferente de enerxía.

  12. 2.4. ¿Canta enerxía necesitamos? • O corpo humano en repouso absoluto e coa Tª corporal cte consume certa cantidade de enerxía é a taxa de metabolismo basal (TMB) , para o seu cálculo utilizamos: -Mulleres: 7,4 x peso en Kg + 428 x altura en m + 572 -Homes: 16,6 x peso en Kg + 77 x altura en m + 572 • As necesidades enerxéticas dependen moito da actividade cotiá. Tamén varían segundo a idade, o sexo ou a Tª exterior.

  13. 3. OS ALIMENTOS E A DIETA

  14. 3.1. Alimentación equilibrada • Alimentación equilibrada e sa é aquela que proporciona ó organismo os nutrientes necesarios nas proporcións adecuadas para cada persoa. • Dieta é o conxunto de alimentos que se consomen nun día. A pesar de que a cantidade de enerxía e nutrientes que precisa cada persoa varía, existen uns criterios para definir unha dieta equilibrada tendo en conta: a cantidade denutrientes, a variedade, a calidade, o equilibrio dos compoñentes e a adecuación a cada individuo.

  15. Malnutrición: fai referencia a unha nutrición inadecuada debida tanto a unha alimentación deficiente coma a un consumo excesivo de alimentos.

  16. 3.2. Os grupos de alimentos • Hai distintas formas de agrupar os alimentos, de xeito que a clasificación nos axude a elixir os adecuados e na cantidade axeitada. Os máis comúns son: • A roda dos alimentos:

  17. A pirámide alimenticia:

  18. 3.3. A dieta mediterránea: unha dieta equilibrada • Propia (pero non exclusiva) de España, Portugal e Italia. • A maior parte da enerxía achégana os glícidos. Prevén a obesidade. • Lípidos (graxas insaturadas) proceden do peixe e aceite de oliva. Prevén enfermidades cardiovasculares. • Froitas, verduras, legumes e cereais subministran fibra. Prevén o estrinximento.

  19. 3.4. Alimentación e saúde • Desnutrición: prodúcese cando a cantidade de alimentos que se toma non é suficiente para satisfacer as demandas enerxéticas do organismo. Primeiro consómense os depósitos de glícidos, despois lípidos e, por último, proteínas. • Obesidade: exceso de graxa corporal producida pola inxestión excesiva de alimentos enerxéticos asociada a un estilo de vida sedentario. Está relacionada con enfermidades coma a diabete, problemas cardiovasculares, algún tipo de cancro… En ocasións ten orixe endócrina.

  20. Enfermidades por exceso e carencia de nutrientes:

  21. Anorexia e bulimia: Anorexia nerviosa: caracterízase polo medo intenso a gañar peso e por unha imaxe distorsionada do propio corpo. É unha forma de desnutrición que conduce a unha grave deterioración física e fisiolóxica, acompañada de adelgazamento consecuencia dunha dieta estrita e, moitas veces, de exceso de exercicio. Dun 10-15% de anoréxicos morre de desnutrición. Bulimia: consiste en inxerir grandes cantidades de alimentos e despois provocar o vómito para evitar engordar.

  22. 4. Etiquetaxe e conservación dos alimentos 4.1. Conservación A alteración dun alimento (mofo causado por fungos, putrefacción por bacterias,…) débese a presenza dos microorganismos no ambiente e nos alimentos. Eliminar estes microorganismos ou deter a súa acción son as únicas formas de conservar os alimentos.

  23. 4.2. Os aditivos • Engádense ós alimentos para mellorar a súa conservación ou modificar as súas características. Son inofensivos para a saúde aqueles autorizados e sempre que non se excedan os límites recomendados. • Conservantes: preservar os alimentos + tempo • Colorantes: manter ou modificar a cor • Antioxidantes: impedir a oxidación • Edulcorantes: obter sabor doce • Estabilizantes: manter as emulsións de graxas en auga • Espesantes: espesar disolucións • Xelificantes: dar consistencia ós alimentos pouco sólidos

  24. 4.3. Etiquetaxe • 1. Instrucións de uso ou modo de preparación cando sexa necesario • 2 y 3. Lista de ingredientes. A información nutricional (lípidos, azucres,…) só é obrigatoria para produtos dietéticos, nutrificados o de réximes especiais • 4. Identificación da empresa fabricante, envasador ou vendedor • 5. Nome do produto • 6 y 7. Contido neto • 8. Condicións de conservación • 9. Data preferente de consumo o caducidade • 10. Lote de fabricación • 11. País de orixe

  25. 4.4. Tecnoloxía dos alimentos • A demanda de alimentos : desenvólvense técnicas de produción: • TÉCNICAS AGRÍCOLAS: invernadoiros, pesticidas, herbicidas • GANDERÍA INTENSIVA: engorde dos animais mediante control da alimentación e selección de razas (“vacas tolas”) • PISCIFACTORÍAS: instalacións de cría de peixe (evitar sobreexplotación recursos pesqueiros) • MANIPULACIÓN XENÉTICA (ALIMENTOS TRANSXÉNICOS): ADN: Contén a información xenética; a súa composición determina todos os caracteres que se herdan de pais a fillos.

  26. Manipulación xenética: consiste en modificar parcial/ o ADN dos seres vivos mediante a inoculación de ADN estraño para “mellorar” a especie. Pode supoñer unha maior concentración dun determinado nutriente, unha resistencia maior a unha infección ou un aspecto mellor para o consumidor. ¿ A favor ou en contra dos transxénicos?

  27. A favor: da produtividade (maior resistencia á seca, ó frío, evitar ataques de pragas) Creación de organismos que sintetizan grandes cantidades de proteínas utilizadas no tratamento de enfermidades humanas. En contra: Maior risco para a saúde (aparición de novas enfermidades ou alerxias) Maior risco para o medio (invasión a lugares habitados por outros seres vivos podendo provocar a súa extinción) Aparición de novas bacterias patóxenas As pragas de insectos desenvolverían novas resistencias ós cultivos transxénicos que produzan os seus propios pesticidas

  28. 5. Hixiene e alimentación • ¿Qué podemos facer nós para evitar a contaminación dos alimentos? • Lavar as mans antes de comer ou manipular alimentos • Manter limpos os lugares sobre os que se cociña e os utensilios que se manexan • Lavar minuciosamente froitas e verduras, especial/ as que se coman crúas • Conservar os alimentos á Tª das súas etiquetas • Consumir os alimentos cociñados antes de 2h e gardar o que sobre na neveira • Non consumir un produto despois da data de caducidade

  29. DIETA define ALIMENTACIÓN a proporcionamos pose ser ALIMENTOS desequilibrada equilibrada a partir dos cales obtemos dando lugar a se nos proporciona a cantidade e variedade adecuada de NUTRIENTES problemas de saúde como é que poden producir como son DIETA MEDITERRÁNEA enfermidades como glícidos lípidos proteínas vitaminas Sales minerais Obesidade Bulimia Anorexia Hipertensión Malnutrición Insuficiencia renal Pelagra Escorbuto Raquitismo Osteoporose ………. con función con función con función Enerxética plástica reguladora

More Related