270 likes | 427 Views
Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa…. Aos apelidos: Vázquez, Nogueira… e alcumes: O Rachaoferro, O Bichoguizo…. Puxémoslle nomes ás nosas árbores: abeneiro, freixo, carballo, salgueiro, cerdeira… E apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela.
E N D
Puxémoslle nome ás persoas:Suso, Maruxa… Aos apelidos: Vázquez, Nogueira… e alcumes: O Rachaoferro, O Bichoguizo…
Puxémoslle nomes ás nosas árbores: abeneiro, freixo, carballo, salgueiro, cerdeira… E apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela... Botamos aturuxos, arroutadas... e damos o colo, apertas...
Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá, fatón, laranxa, amorodo... Aos arbustos: silva, xesta, salgueiro, carqueixa, toxo...
Ás comidas: grelos, cacheira, touciño, freba... aos insectos: vagalume, escornabois, vacaloura, cascuda...
Aos peixes: xouba, ollomol, pescada, robaliza... e aos mariscos: vieira, zamburiña, ameixa...
Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira, As Combouzas, As Catedrais...
Ás serras: O Larouco, A Capelada, O Eixo... Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro, ...
Ás vilas: Soutelo, A Peroxa, A Picota, Montederramo, O Carballiño...
Aos males: Mal de Ollo, O Arangaño... Aos nosos medos: A Santa Compaña, O Negro Meigallo, A Estantía...
Aos monstros: O Sacauntos, O Fendetestas... Ás vacas: A Marela, A Xeitosa, Rubia...
Aos disfraces: Peliqueiro, Boteiro, Cigarrón... Aos vestidos: saia, polaina...
Aos sentimentos: morriña, agarimo, ledicia... Aos santos: A Franqueira, O Corpiño...
Ás nosas festas: A Rapa das Bestas, O Magosto... Á musica: os alalás, a chouteira, a muiñeira...
Aos xogos: a billarda, a porca... Ás partes do corpo: as costas, os xeonllos, os nocellos...
Dispoñemos de sistemas operativos informáticos na nosa lingua…
..e o galego ábrenos as portas a máis de 220 millóns de persoas en todo o mundo, a través da lusofonía