160 likes | 305 Views
Letras Galegas, 2010. UXÍO NOVONEYRA. Naceu no lugar de Parada, nas montañas do Courel, o 19 de xaneiro de 1930, no seo dunha familia de labregos Na imaxe, Uxío na casa familiar do Courel. Con seus pais: José e Manuela.
E N D
Letras Galegas, 2010 UXÍO NOVONEYRA
Naceu no lugar de Parada, nas montañas do Courel, o 19 de xaneiro de 1930, no seo dunha familia de labregosNa imaxe, Uxío na casa familiar do Courel
A paisaxe agreste do Courel, onde pasou a súa infancia e outras etapas da súa vida, marcou a súa obra poética
Augas Brancas da Rogueira! Bouzas pechas d’uces e xestas!! Abrairas teixos faias xardois e reboleiras! Outobosco calado! Fontiñas do corzo! Carrozospicafondo! Non hai outro templo máis vasto nin outro credo que este silencio Bouza: terreo a monte, cheo de matos, especialmente toxos, xestas… Abrairas: abeleiras Xardón: acivro Reboleira: sitio poboado de rebolos (carballo novo) Carrozo picafondo: regueiro que baixa irado do bico ó fondo dun monte ou fraga
Con 15 anos marcha a estudar bacharelato a Lugo. Alí entra en contacto con Pimentel, Fole, Fernández de la Vega ou Ramón Piñeiro. Ao rematar os estudos volve para O Courel.
Aos 19 anos marcha a estudar a Madrid. Comeza a escribir poemas en castelán. Pero enferma, con 21 anos, e volve ao Courel.
Volverá a Madrid para traballar na radio e na televisión e alí colabora co grupo Brais Pinto e publica o seu primeiro libro, Os eidos (1955), no que aparecerían os temas que marcarían toda a súa obra.
…pero logo seus pais enfermaron e Novoneyra volveu a Galicia para coidalos. Aquí coñeceu a outros escritores, pintores, poetas, xornalistas...
Marcharon a vivir a Santiago. Tiveron tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo
ANDA o vento ceibe polos eidos con tódalas áas soltas brúa nos castiñeiros ripa as lousas dos teitos i escachafoula nas portas. ESCACHAFOULA: fai un gran ruído.
En 1966 volve ó Courel, onde viviu ata 1983, ano en que traslada a residencia a Santiago.
Foi un poeta moi querido e recoñecido polos seus libros e por defender Galicia, o galego e as inxustizas. Por iso nomeárono presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega
Novoneyra morreu en Santiago en outubro do 1999 e soterrárono no cemiterio de san Froilán en Lugo. Homenaxe, en Parada, da asociación galega de escritores.
MAÑÁNS de xeada! Espertar co día á ventan encollerse na cama achegar a roupa á cara i ouvir andar tropeando pola casa. Canta a vaca casastas na escada. Canta o galo pandeando o corpo i o canto.