230 likes | 346 Views
Cabo FISTERRA 1. Ciencias sociais, xeografía e historia Primeiro Curso. Índice. 01. 09. A Prehistoria. A Terra, un planeta do Sistema Solar. As primeiras civilizacións: Mesopotamia e Exipto. 02. A representaci ón da Terra: os mapas. 10. 03. As formas da Terra. 11. O mundo grego.
E N D
Cabo FISTERRA 1 Ciencias sociais, xeografía e historia Primeiro Curso www.vicensvives.es
Índice 01 09 A Prehistoria A Terra, un planeta do Sistema Solar As primeiras civilizacións: Mesopotamia e Exipto 02 A representación da Terra: os mapas 10 03 As formas da Terra 11 O mundo grego Ríos e mares O Imperio romano 12 04 05 13 Hispania romana Tempo e clima 06 14 A herdanza da cultura Climas e paisaxes da Terra A fragmentación do mundo antigo Climas e paisaxes de Europa e España 07 Climas e paisajes de España, Europa e a CA 15 As nosas terras na Antigüidade Sociedade e medio natural 08 16
15 A fragmentación do mundo antigo 1. Os reinos xermánicos 2. O Imperio bizantino (476-1453) 3. A Hispania visigoda 4. Carlomagno
15 Introducción • Co afundimento do Imperio romano, fragmentouse a unidade cultural do Mediterráneo. • Na zona occidental, o Imperio romano desapareceu por mor das invasións bárbaras e xurdiron numerosos reinos xermánicos. • O Imperio romano de Oriente (bizantino) mantívose durante case mil anos máis. • O cristianismo e a Igrexa foron o único elemento de continuidade e de cohesión cultural entre o mundo antigo e o novo mundo medieval.
15 1. Os reinos xermánicos 1.1. Os reinos xermánicos • Unha vivenda rural xermánica (ilustración) 1.2. A ruralización de Occidente
15 1.1. Os reinos xermánicos • Tras a caída do Imperio romano de Occidente, diversos pobos bárbaros ocuparon o espazo do Imperio e formaron reinos independentes. • Ao ocupar as terras do Imperio romano, os pobos xermánicos non lles impuxeron a súa forma de vida ás poboacións conquistadas. • O latín continuou sendo a lingua oficial e pouco a pouco foron asimilando as máis complexas leis romanas. • Tamén o cristianismo acabou por se impoñer como relixión oficial.
15 Unha vivenda rural xermánica
15 Unha vivenda rural xermánica
15 1.2. A ruralización de Occidente • A desaparición do Imperio romano impuxo un clima de inseguridade en Occidente. • A inseguridade nas comunicacións foi a causa da desaparición da actividade comercial, a poboación abandonou as cidades e buscou refuxio nas grandes explotacións agrarias. • Este empobrecemento xeral paralizou as obras públicas, a produción de cultura, e a lectura e escritura quedaron reducidas a grupos de cregos e monxes.
15 2. O Imperio bizantino (476-1453) 2.1. A época de Xustiniano • Reconstrución da cidade de Constantinopla (ilustración) 2.2. Un Imperio cristián e oriental
15 2.1. A época de Xustiniano • Cando o Imperio romano de Occidente deixou de existir (476), a herdanza romana perviviu en Oriente co Imperio bizantino. • No século VI, o emperador Xustiniano propúxose restaurar o vello Imperio romano. • Iniciou unha serie de campañas militares que chegaron ata o Sur de Hispania; fixo unha recompilación de leis romanas (Código de Xustiniano) e embeleceu Constantinopla (basílica de Santa Sofía). • O reino bizantino gozou dunha etapa de prosperidade económica, grazas a unha florecente agricultura e á vitalidade do comercio.
15 Reconstrución da cidade de Constantinopla
15 Reconstrución da cidade de Constantinopla
15 2.2. Un Imperio cristián e oriental • Entre os séculos VII e IX, Bizancio perdeu boa parte das conquistas de Xustiniano e repregouse sobre a súa zona oriental, onde o grego se mantivo como lingua oficial. • Tras séculos de tensións relixiosas, a situación desembocou na separación da Igrexa romana e a bizantina ortodoxa (Cisma de Oriente, no ano 1054). • A partir do século XI, o Imperio comezou a descompoñerse como resultado dos constantes ataques dos exércitos turcos. • A capital, Constantinopla, caeu no ano 1453 e o Imperio bizantino desapareceu.
15 3. A Hispania visigoda 3.1. O reino de Toledo 3.2. A monarquía visigoda 3.3. A sociedade visigoda
15 3.1. O reino de Toledo • A finais do século V, os visigodos atopábanse asentados no Sur da Galia e en Hispania. • Os francos, provenientes do Norte da Galia, derrotaron os visigodos e expulsáronos. • Daquela, os visigodos espalláronse por Hispania e organizaron un reino con capital en Toledo, que se mantivo máis de douscentos anos.
15 3.2. A monarquía visigoda • A monarquía visigoda conseguiu controlar o territorio peninsular: expulsou os suevos, conquistoulles territorios aos bizantinos e detivo os francos. • Os visigodos, a través do establecemento dunha monarquía forte, conseguiron a unificación relixiosa e xurídica (Liber Iudicorum ou Foro Xulgo) entre hispanorromanos e visigodos.
15 3.3. A sociedade visigoda • Aínda que os visigodos eran numericamente poucos, dominaron aos hispanos e repartíronse as dúas terceiras partes das terras peninsulares. • A economía era basicamente agrícolae de subsistencia. • Nas cidades, as actividades artesanais e o comercio diminuíron considerablemente.
15 4. Carlomagno 4.1. Carlomagno, rei dos francos 4.2. Carlomagno, emperador
15 4.1. Carlomagno, rei dos francos • O Imperio creado por Carlomagno foi o último intento de reconstruír a antiga unidade do Imperio romano de Occidente. • A comezos do século VIII un nobre franco, Carlos Martel, dirixiu o exército contra os musulmáns que avanzaban por Francia, e derrotounos en Poitiers (732). • O seu fillo, Pipino o Breve, converteuse en rei dos francos e fundou unha nova dinastía, a carolinxia. • O fillo e sucesor de Pipino o Breve, Carlomagno, pasou de ser rei dos francos a ser reconstrutor do Imperio romano de Occidente.
15 4.2. Carlomagno, emperador • Carlomagno conquistou gran parte das terras da Europa Occidental, freou o avance do Islam e estableceu unhas fronteiras máis seguras en todo este vasto territorio. • O emperador converteu todos os pobos baixo o seu dominio ao cristianismo e reforzou a unión entre o poder político (o Emperador) e o relixioso (o Papa). • No ano 800, Carlomagno foi coroado emperador dos romanos polo papa León III, recoñecendo nel ao novo emperador das terras de Occidente. • Baixo o seu goberno garantiuse a paz e a cultura renaceu, co establecemento de escolas e a volta á ensinanza do latín.