200 likes | 348 Views
II Revolución Industrial Imperialismo España (1868-1931. II REVOLUCIÓN INDUSTRIAL. Esténdese a América e Xapón. Primacia de Inglaterra, en forte competencia con Alemaña e EEUU. Características básicas. Novas fontes de enerxía: p etróleo e electricidade Novos sectores industriais:
E N D
II REVOLUCIÓN INDUSTRIAL • Esténdese a América e Xapón.Primacia de Inglaterra, en forte competencia con Alemaña e EEUU. • Características básicas. • Novas fontes de enerxía: petróleo e electricidade • Novos sectores industriais: • siderometalurxia (aceiro,aluminio, cobre, níquel) forno Bessemer(produce aceiro a baixo prezo) • Química: colorantes, explosivos, tintes, fibras sintéticas, plásticos, pinturas produtos farmacéuticos,... • Eléctrica: motores, turbinas, electrodomésticos,.. • Transportes: automóbil, avión, tranvía, metro,... • Nova organización do traballo: • Taylorismo (división do traballo para obter o máximo rendemento). Traballo eficaz, pero mecánico e monótono • Fordismo(fabricación en serie en cadeas de montaxe que evita os tempos mortos entre unhas tarefas e outras • Cambios:aumento do número de produtos que fabrica cada operario polo que os prezos se reduciron e se elevou o consumo.
Novas telecomunicacións: telégrafo, teléfono, radio • Novas formas de organización empresarial: • Sociedades anónimas por accións • Cartel (acordo entre empresas dun mesmo sector que se reparten o mercado) • Trust ( (fusión de varias empresas que dan lugar a unha nova empresa para controlar un sector da produción) • Holding(grupo de empresas controladas por unha sociedade que posúe a marioría das súas accións) • Formación de grandes imperios económicos dirixidos por magnates : Rockefeller (petróleo), Ritz (hostelería), Morgan (banca), Heartst(prensa), Carnegie (aceiro), Thyssen (siderometalurxia)
A REVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA • CAMBIO DE RÉXIME DEMOGRÁFICO • Aumento da produción de alimentos e desaparición das fames cíclicas • Progreso na medicina: descubrimento das vacinas, mellora das anestesias e da hixiene, … • Alta natalidade e descenso da mortalidade: forte crecemento da poboación • ÉXODO RURAL E CRECEMENTO DAS CIDADES • Trasvase masivo do campo á cidade • Transformación no urbanismo das cidades: derribo das murallas, creación de barrios obreiros, aparición dos primeiros rañaceos.
EMIGRACIÓN TRANSOCEÁNICA • Produciuse masivamente a América (nun século aprox. 55 millóns de persoas) • Desequilibrio entre poboación e recursos de traballo • Inflúe a posibilidade de mellorar o nivel de vida
mellorou o empeorou o nivel de vida coa revolución industrial? • relacións patrons-obreiros • cando maior é o número de traballadores as relacións son menores • traballo precario • 12 a 16 h. de día e noite.Períodos de contracción e expansión. Soldos miserables.Resultados negativos • a saúde dos obreiros • nenos enfermizos, homes xoves pálidos e delgados, estirpe dexenerada • a dureza do traballo • longas xornadas de traballo, alimentación deficiente, descanso dunha hora
O nivel de vida mellorou • aumento dos salarios reais entre 1800-1850. • baixada de prezos, aumento do consumo per cápita de alimentos e outros bens de consumo • o nivel de vida descendeu • o nivel de vida próximo o nivel de subsistencia. Beneficios: comer máis patacas, poder adquirir téxtil de algodón, xabón, candeas, té e azucre • unha avaliación intermedia • non hai probas concluíntes dun aumento do nivel de vida entre 1780-1840 aprox. • a partir de 1840 hai indicios de mellora do nivel de vida
A chamada de África • Dominio europeo entre 1880 e 1912 • Dende o século XVI só se coñece o norte musulmán.As súas costas perigosas e o clima e a vexetación que impiden a dominación • Exploración con motivos humanitarios: suprimir a escravitude e estender a relixión cristiá • Destacan Livingstone e Stanley • Dominio político a partir de 1880
Expansión colonial e imperialismo • Cara a 1870 aparece unha nova política de expansión política, económica e militar (imperialismo) conquistando numerosos territorios en África, Asia e Pacífico • O reparto do mundo • Iniciada por Gran Bretaña e Francia • Especial interese en África, con zonas de fricción, especialmente a do Congo. Conferencia de Berlín auspiciada por Bismarck • A posesión da costa da dereito a colonizar ó interior • Navegación libre do Nixer e Congo • Congo como territorio persoal de Leopoldo II • Carreira desenfreada por ocupar territorios • Causas da expansión colonial • Económicas- consecuencia da industrialización. Colonias como lugares seguros para investir capitais, fonte barata de materias primas, mercado para as súas producións, lugar para asentar emigrantes • Políticas – relacionadas co prestixio da nación- As colonias como forma de engrandecer ós Estados. A expansión colonial conta co apoio da opinión pública . Tamén se buscan territorios estratéxicos
Demográficas e sociais – debido á explosión demográfica facilitou o asentamento • Ideolóxicas – inquedanza científica, sentimento da superioridade da raza branca, ideal de levar a civilización ó resto dos pobos • CONSECUENCIAS DA COLONIZACIÓN • Positivas para os pobos colonizadores: continúa o seu crecemento, aprovisiónanse de materias primas, enormes beneficios na construción do ferrocarrís, estradas, portos en Asia e África e explotación de plantacións.Estenden a civilización occidental por tódolos continentes. • Negativas para os colonizados: • Ruptura da orde social coa instalación da burguesía europea que considera ós indíxenas seres inferiores • Imposición dunha economía baseada na agricultura de plantación e explotación das minas. Os indíxenas son desposuídos das súas terras. • Profunda crise das culturas autóctonas. As elites indíxenas estudan nas universidades europeas (Gandhi)
Restauración (1875-1923) REINADO DE AFONSO XII (1875-1885) • Pacificación do reino (carlistas e rebeldes cubanos) • Abolición dos foros vascos • Novas bases políticas baseadas na política de Cánovas ou sistema canovista: Constitución de 1876, que establecía unha monarquía constitucional conservadora, cunha soberanía compartida entre o monarca e as Cortes (confesionalidade do Estado, sufraxio censatario, ampliación do poder do rei (veto, disolver Cortes e elixir senadores e ministros) • Caciquismo e fraude electoral. Designación dos alcaldes polo goberno. Obxectivo: impedir que republicanos, socialistas e nacionalistas obteñan representación parlamentaria.
REINADO DE AFONSO XIII(1902-1931) Crise do sistema do Restauración • A. Constantes intervencións do monarca e exército na vida pública • B.Substitución dos líderes tradicionais (Cánovas/Maura- Sagasta /Canalejas) que non son capaces de aglutinar a unha maioría amplia. (Crise de 1917) • Maura: intento de eliminar o caciquismo que fracasa. Dimite pola Semana Tráxica • Canalejas: lei do candado(impide novas ordes relixiosas en España), suprime o sistema de quintas (servizo militar obrigatorio, abolición dos consumos (impostos que gravaban os produtos de primeira necesidade). • C.Incremento das forzas opositoras
En 1910 a conxunción republicano-socialista obtén o seu primeiro deputado (PabloIglesias, fundador do PSOE) • Nacemento en 1921 do Partido Comunista • Crecemento da LligaCatalana e o Partido Nacionalista Vasco, apoiados pola burguesía de ambas comunidades • Graves atentados anarquistas: Canalejas(1912) e Dato (1921) • 1914- Estoupido da 1º Guerra Mundial. Eduardo Dato declara a neutralidade na guerra.Política de non intervención. • España exporta gran cantidade de produtos ós países en guerra. A burguesía española móstrase eufórica porque é a gran favorecida. • Clase obreira prexudicada a longo prazo: a exportación de produtos de primeira necesidade, encarece o prezo dos produtos. Soben os prezos un 40% e os salarios permanecen igual. • Crise do sistema : SEMANA TRÁXICA E CRISE XERAL DE 1917
SEMANA TRÁXICA(1909) • Motivada polo envío de tropas a Marrocos e o sistema de recrutamento (20.0000 pais de familia que novamente son mobilizados e as súas mulleres logran deter o embarque ) • Convocatoria de folga xeral polas organizacións obreiras, • Saqueos e incendios de igrexas en Barcelona, declarándose o estado de guerra e sufocando o exército , cun resultado de 113 mortos. Dimisión de Maura. • CRISE DE 1917, centrada en tres sectores: • Protesta de militares profesionais polo sistema discriminatorio dos ascensos, que favorecen ós africanistas fronte os peninsulares. A isto engádenselle un exceso de oficiais e uns baixos salarios. • Protesta dos parlamentarios rexionalistas que piden a reforma da Constitución e autonomía para Cataluña • Socialistas, republicanos e anarquistas convocan unha folga xeral que fracasa, pero mostra o malestar existente en parte da poboación. Forte represión levada a cabo pola Garda Civil e o exército, cun número aproximado de 80 mortos
A PARTIR DE 1917 • Sucesivos gobernos de concentración, que estaban integrados polos políticos das distintas tendencias, incluídos nacionalistas cataláns. • Entre 1917 e 1923 houbo 13 cambios de goberno e 30 crises parciais. • Persistencia dos conflitos sociais causados pola subida dos prezos (consecuencia da 1º Guerra Mundial) e o incremento do desemprego, que determina numerosas folgas e atentados, especialmente en Cataluña co fenómeno do pistolerismo, entre patronos e sindicalistas obreiros, especialmente anarquistas. • Asasinato do xefe do goberno Eduardo Dato • Derrotas militares en Marrocos, especialmente a derrota do Annual. (Sospeitas da ineptitude dos mandos militares e a mala actuación do xeneral Silvestre)
Ditadura de Primo de Rivera (1923-1929) • Golpe de estado de Primo de Rivera o 23 de setembro de 1923 • Obxectivo: Crear un goberno forte que reformase España desde arriba • Suspende a Constitución de 1876 e disolve as Cortes • Factores que explican o golpe de Estado: • O desastre do Annual xera malestar entre os militares • Auxe dos nacionalismos vasco e catalán visto con temor polos sectores máis conservadores • Incremento da conflitividade social (folgas, atentados anarquistas) • Ataques ó Rei, considerado responsable do desastre do Annual
O golpe conta co consentimento do Rei, que ante as continuas crises políticas cede • Base ideolóxica católica e conservadora, mesturada coa mentalidade militar do mantemento da orde e a influencia de Mussolini. • DIRECTORIO MILITAR (1923-1925) • Goberno só de militares • Impón a orde pública, erradica o terrorismo e reprime o movemento anarquista • Suprímense os partidos políticos e a liberdade de prensa • O conflito marroquí remata co desembarco de Alhucemas • Forte oposición de intelectuais, republicanos, anarquistas e comunistas
Fin da ditadura e da monarquía(1930-1931) • Forte oposición á ditadura en 1929. • O rei decide retirar ó apoio a Primo de Rivera , que dimite a p. de 1930 • Formación dun novo goberno presidido por Dámaso Berenguer, que restablece a Constitución de 1876 • Formación do Pacto de San Sebastián (republicanos, socialistas,nacionalistas cataláns)en 1930 para acabar coa monarquía. • En decembro prodúcese un golpe militar en Madrid e Xaca que fracasa • Ante a incapacidade de Berenguer para reconducir a situación,novo goberno presidido polo almirante Aznar (con representación política de tódolos partidos que apoian á monarquía).Convocatoria de eleccións municipais para o 12 de abril, cun triunfo maioritario dos partidos republicanos • Afonso XIII abandona España e o 14 de abril proclámase a República.