180 likes | 306 Views
CIENCIAS DO MUNDO CONTEMPORÁNEO PILAR DE VEGA. IES ANXEL FOLE.
E N D
CIENCIAS DO MUNDO CONTEMPORÁNEOPILAR DE VEGA. IES ANXEL FOLE
A Bioética é a rama da Ética que se ocupa de promulgar os principios morais que deberá observar a conduta dun individuo, non so no campo médico, senón tamén no que respecta ao trato aos animais e ao medio ambiente. O termo foi empregado por primeira vez polo oncólogo norteamericano Potter no ano 1970. Debe abordar asuntos como: eutanasia, trasplantes, enfermidades infecciosas, aborto, terapia xénica, clonación humana, inseminación artificial, investigación con células madre … BIOÉTICA
Limitacións éticas á manipulación de xenes humanos: O 11 de novembro de 1997 a ONU aprobaba a Declaración Universal sobre Xenoma Humano e os Dereitos Humanos. • O xenoma humano é Patrimonio da Humanidade. • Oposición á comercialización do xenoma humano. • Dereito á protección da información xenética de cada individuo. • Prohibición da clonación de seres humanos con fines reprodutivos. • Subordinación das investigacións sobre xenoma humano aos principios éticos de respecto pola liberdade e a dignidade
Patentes de xenes O Parlamento Europeo pronunciouse en contra das patentes de xenes en 1975. A Unión Europea aprobou en 1998 unha directiva pola que se propón que un xene poida ser patentado se se produce mediante a tecnoloxía, aínda que sexa igual ao xene natural.
BIOTECNOLOXÍA. A B. moderna implica a manipulación deliberada de material xenético dos organismos vivos có fin de fabricar ou modificar un produto, mellorar animais ou plantas ou desenvolver microorganismos con capacidades determinadas para empregos específicos. TÉCNICAS DE ENXEÑERÍA XENÉTICA APLICACIÓNS • Tecnoloxía do ADN recombinante. • PCR (clonación de ADN) • Técnicas de clonación celular. • Técnicas de cultivo de células e tecidos. • Agricultura • Farmacia • Ciencia dos alimentos • Medicina • Medio ambiente (biorremediación)
TECNOLOXÍA DO ADN RECOMBINANTE/ ORGANISMOS TRANSXÉNICOS Bacterias transxénicas para producir insulina humana. O ADN recombinante é calquera molécula de ADN formada pola unión de segmen-tos de ADN de orixe diferente. Encimas de restrición
Técnicas de enxeñaría xenética. ORGANISMOS TRANSXÉNICOS (OXM). Os organismos transxénicos son organismos (bacterias, fungos , animais e plantas) que conteñen un xene procedente doutro organismo. VIDEO: https://www.youtube.com/watch?v=7L-Cn2Hg3vQ
Existen nas farmacias MEDICAMENTOS DE ORIXE TRANSXÉNICO ou recombinante como a insulina, interferóns e anticoagulantes do sangue, que se producen comercialmente con microorganismos transxénicos. Sin estes transxénicos non sería posible producir as cantidades requeridas polo mercado. Desde 1982, a utilización das proteínas recombinantes transxénicas contribuiu significati-vamente a manter e mellorar a saúde humana.
PLANTAS TRANSXÉNICAS A aplicación destas técnicas en agricultura ten como obxectivos: . Conseguir plantas resistentes a herbicidas. . Conseguir plantas resistentes a insectos. . Protexer as plantas fronte a infeccións microbianas. . Mellorar o produto que se obtén.
TERAPIA XÉNICA Ten como obxectivo tratar, curar e previr enfermidades producidas por un só xene defectuoso introducindo no paciente un xene terapéutico ou funcional.
CLONACIÓN A clonación consiste na obtención de copias xenéticamente iguais. Pódense clonar: Moléculas de ADN Células (células nai) Organismos
As células nai son células indiferenciadas que, tanto poden dividirse indefinidamente, producindo novas células nai , como en condicións axeitadas, diferenciárense nun ou varios tipos celulares, por exemplo células musculares, sanguíneas ou hepáticas. Celulas nai Obtención de células nai por clonación terapéutica. http://www.rtve.es/mediateca/videos/20110114/noche-tematica-celulas-madre-una-nueva-esperanza-avance/1002814.shtml
CLONACIÓN.Ovella Dolly (Ian Wilmut, 1996) OVELLA 2 OVELLA 1 Células mamarias Extracción do núcleo do óvulo Transplante nuclear Dolly foi o primeiro animal clonado. Actualmente clonáronse máis de 20 especies, algunhas en perigo de extinción. Óvulo con núcleo da célula mamaria Implante do embrión no útero da ovella 3 ¿Cantas “nais” tivo a ovella Dolly? DOLLY OVELLA 3
Proposta de traballo. Opción 7.DEBATE: Os alimentos transxénicos: 1. Que é un alimento transxénico? Como se crea? 2. Alimentos transxénicos no mundo. 3. Os alimentos transxénicos na túa cesta da compra. 4. Argumentos a favor/ en contra. 5. Vantaxes destes organismos a nivel farmacolóxico, de produción e productividade industrial 6. Cómo afecta o seu uso contra as pragas? 7. Controles que deben pasar. Lexislación en España sobre alimentos transxénicos e o seu etiquetado. 9. Modifícase o valor nutricional? 10. Afectan á biodiversidade?
Procedemento Deben formarse tres grupos: un a favor dos transxénicos, outro en contra e un terceiro grupo que fará de moderador. Os tres grupos terán que buscar nas direccións que recomendamos a información requerida. Grupo a favor dos transxénicos: . Elaborará un informe, cunha presentación en PowerPoint, na que se recollan as respostas ás preguntas plantexadas e os argumentos a favor da súa postura. . Utilizará o informe para expoñer a súa postura no debate. . Participará no debate. Grupo de detractores da industria transxénica: . Elaborará un informe, cunha presentación en PowerPoint, na que se recollan as respostas ás preguntas plantexadas e os argumentos a favor da súa postura. . Utilizará o informe para expoñer a súa postura no debate. . Participará no debate. Grupo dos moderadores: . Dirixirá un debate entre as dúas posturas fronte a estes organismos xenéticamente modificados. . Recollerá os argumentos máis sólidos que utilicen ambas partes. . Elaborará posteriormente un informe con eses argumentos. ¡Seguro que ese informe poderá poñerse no xornal ou no blog do Instituto!
A FAVOR DOS ALIMENTOS TRANSXÉNICOS: http://www.consumer.es/busquedas/?q=TRANSGENIC0S&wt_form=1 http://www.consumer.es/seguridad-alimentaria/ciencia-y-tecnologia/2003/10/09/20138.php http://download.rincondelvago.com/alimentos-transgenicos_2 http://www.ctv.es/USERS/infomed/op/4.htm http://www.buenasalud.com/lib/ShowDoc.cfm?LibDocID=3270&ReturnCatID=5 http://elpais.com/diario/2009/04/18/sociedad/1240005601_850215.html http://www.iesgrancapitan.org/blog03/?p=20 http://es.scribd.com/search-documents?query=TRANSGENICOS http://www.consumer.es/busquedas/?q=BENEFICIOS+DE+LOS+TRANSGENICOS
EN CONTRA: http://www.consumer.es/seguridad-alimentaria/ciencia-y-tecnologia/2003/10/09/20138.php http://www.greenpeace.org/espana/es/reports/gu-a-roja-y-verde/ http://www.consumer.es/busquedas/?q=TRANSGENIC0S&wt_form=1 http://www.consumer.es/busquedas/?q=RIESGOS+DE+LOS+TRANSGENICOS http://www.ecologistasenaccion.org/spip.php?article6049&artsuite=1#sommaire_1 http://www.elmundo.es/elmundo/2009/02/18/ciencia/1234974212.html http://www.greenpeace.org/espana/es/Trabajamos-en/Transgenicos/ http://www.greenpeace.org/espana/es/reports/gu-a-roja-y-verde/ http://www.ctv.es/USERS/infomed/op/4.htm